Na fotografía o río Miño botando a auga recollida no mar...O Pai Miño.
En Galicia as augas teñen vida e dormen pola noite e síntense feridas si se bebe un vaso de auga con unha vela acendida na man. Moitos ríos foron mulleres que cansas dormiron no lugar de nacemento. O río Miño foi un home: O PAI MIÑO, a quen as xentes presumen con grandes barbas, coma todos os ríos, ten o seu leito deica chegar ó mar, e, cando chega bota pola boca a auga recollida, desemboca no mar. Un mosaico descuberto en Lugo ten a figura de un home barbudo e moita xente sempre que o ve di que é río o Miño.
Trociño dun texto de D. Antonio Fraguas Fraguas sobre "O río Miño: realidade, lenda e literatura"
Engadido o texto:
Mosaico. Casa dos Mosaicos. Lugo. Río Miño?
Volver a lendas ríos
Volver a lendas Miño.