Romanceiro do Pedregal de Irimia.
Romanceiro do Pedregal de Irimia. Lendas. Autor Xosé Otero Canto.
Publicada pola Irmandade Manuel María. Concello de Meira. 2023
Unha auténtica xoia de libro. Moi ben publicado e con moito gusto en todo, tamén nas ilustracións. Os dibuxos de Anxo Grande Penela e fotografía de portada de Óscar Grande Fernández tamén son marabillosos.
De Xosé Otero Canto dicir que é un poeta único que dedica no libro nada menos que nove romances a todas as lendas que teñen relación co Pedregal de Irimia e polo tanto co río Miño. Vese que é un namorado do río Miño, eu tamén, e teño de dicir que o seu libro "Miño, río pai e amigo" tamén figura no apartado de poesías dedicadas o Miño, nesta web especial do río, dende fai uns cantos anos. ¡Sensacional!.
Estas son as lendas que trae o libro:
A escolma ten oito romances dedicados ao Pedregal de Irimia: dende a Lenda dos nacementos dos ríos Miño e Sil; a Lenda do Pedregal de Irimia; a Lenda de Bernardo de Claraval; a Lenda dos dragóns; a Lenda da vella e os paxaros; a Lenda de Irimia e o nome do río; a Lenda de Irimia axota aos frades; e finalmente a Lenda dos Pecadores ou de Gorgona, a medusa. Trae tamén a Lenda da Princesiña Encantada pero esta lenda que é tamén marabillosa fala dunha princesiña troita que non ten que ver, ou sí, co Pedregal de Irimia. Esta lenda da princesiña podedes vela íntegra na ficha que lle dedico a troita na miña páxina web "Os ríos galegos", trátase doutra xoia de romance.
Tódalas lendas anteriores están contadas como romances.
Porei a continuación unha soa lenda e animo a facerse con este libro sensacional, xa que as outras oito son tamén marabillosas.
Para que teñades unha idea de como é o libro vou a continuación a copiar. o pé da letra unha delas.
COPIAREI A :
"LENDA DE IRIMIA E O NOME DO RÍO"
Todas as lendas levan o seu nome e esta gran pedra, que curiosamente é a pedra que está no medio na fotografía da portada. Marabilla de presentación, marabilla de ilustracións e un texto fora de serie.
¡¡¡Unha xoia!!!
..
As ilustracións son de Anxo Grande Penela.
..
..
..
..
O libro leva, a maiores, unha dedicatoria especial, nada menos que de Xosé Otero o seu pai, Celso Otero Vigo, que merece a pena ler:
..
Tamén leva unha limieira especial de Felipe-Senén López Gómez.
O escrito da limieira deste libro, por si so, debera levar un link especial e poñelo aparte nesta web do río Miño, pero non teño autorización do autor. É unha marabilla. O Escrito de oito páxinas pasa revista a temas do río Miño, e por suposto todo referido os romances de Xosé Otero Canto, como non podería ser de outra forma; repito xa me gustaría poñer na miña ficha en internet sobre o noso Pai Miño: Tradicións que non traizoan, romances de augas que agroman para contar e cantar; un autor que afonda nas raiceiras e agroman as flores e delas os froitos e sementes; o Pedregal, Meira e o primeiro Miño; e xianas, xacias, mouras e valuros...a memoria dos devanceiros como unha Santa Compaña.
Unha marabilla de limieira.
Para rematar:
Outro libro imprescindible para entender ao noso río Miño. Inda por riba o autor Xosé Otero Canto faime chegar o libro cunha dedicatoria especial.
Un honor facer esta referencia, repito, desta xoia.
Volver lendas do Miño.
Volver lendas ríos
Volver ao río Miño
Volver al río Miño