O Pai Miño. O río máis importante de Galicia. O pai do viño. O pai dos ríos galegos. |
|
|
|
|
Cousas do "Pai Miño"
"Ríos galegos"
Autor. Email.
"Ourense.Natural"
----------------------------------------------------
![]()
Fotografía do río Miño a tres kms. do nacemento en Meira (Lugo). A dereita mapa que indica que o río Miño é un río galego que pasa polas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Datos do río Miño en xeral
Etimoloxía da palabra Miño
Sobre a palabra Miño leo no libro "Nomes do Ribeiro" do meu amigo Frutos Fernández Glez. que hai varias interpretacións, dende a palabra Minius, Minio que fai referencia á coloración do río, sobre todo a que lle daba o río Sil coas actividades mineiras das Médulas, vermella ou alodada. Esta interpretación non lle cadra, xa que suporía que o río Miño perdeu o seu nome antigo, simplemente por unha explotación posterior, unha cousa ocasional...Outros autores cren que Miño é un topónimo prerrománico, con opinións moi diferenciadas, e outros opinan que ten raíz indoeuropea de "mei" "camiñar, ir" que con "mein-" "moin-" "min-" tería o significado de "o curso, a corrente". Incluso hai quen ve na palabra orixen etrusco, por paralelo cos antropónimos Minia, Minias, Minius e co hidrónimo latino Minio.
Mosaico. Casa dos Mosaicos. Lugo. Río Miño?
A referencia máis antiga sobre o río Miño é de Estrabón, que lle chama Baínis ou Baenis, e dice que é o máis caudaloso de Lusitania, ademais de navegable nos últimos 800 estadios (uns 150 kms.). Tamén Plinio que fala de que no estuario do Miño ten unha anchura de 4 millas. Outra referencia romana fala de que o antiguo convento xurídico lucense tiña un límite fluvial, que comenzaba na desembocadura do Miño e terminaba no punto de unión cos outros conventos asturicense e bracarense onde se xuntan o Sil e o Lor. (Datos que aparecen no libro "Pescadores del río Miño" de Eliseo Alonso).
Antonio Fraguas Fraguas dice nun traballo titulado "O río Miño: realidade, lenda e literatura" que "En Galicia as augas teñen vida e dormen pola noite e síntense feridas si se bebe un vaso de auga con unha vela acendida na man. Moitos ríos foron mulleres que cansas dormiron no lugar do nacimento. o Miño foi un home: O PAI MIÑO, a quen as xentes presumen con grandes barbas,como todos os ríos, ten o seu leito deica chegar ó mar, e, cando chega, bota pola boca a auga recollida, desemboca no mar. Un mosaico descuberto en Lugo ten a figura dun home barbudo e moita xente sempre que o ve di que é o Miño. É lástima, realmente, que Asorey non representara o noso río como Apolodoro de Damasco representou o Danubio na columna marmorea de Traxano en Roma"
Datos físicos sobre o río Miño:
Esta é a rede hidrográfica galega. O río Miño é o río máis importante de Galicia. Observar que o seu canle atravesa Galicia dende o nordeste ata o suroeste. A única provincia que non toca é a Coruña.
![]()
Conca do río Miño en Galicia. 17.026 km2. Máis da mitade do territorio galego (29.574 km2)
Mapa da conca do Miño-Sil da C. Hidrográfica
O río Miño non nace en Fonmiñá (A Pastoriza -Lugo), a 458 altitude, nace no Pedregal de Irimia (na Serra de Meira, a carón de Fonmiñá, a seis kms. e a 700 m. de altitude); antes de chegar a Fonmiñá recibe varios regos entre os que están o Rego Porto da Pena e o Xirómeno. Cando chega a Fonmiñá xa vai crecediño...
O río Miño atravesa Galicia dende a provincia de Lugo, pasando pola provincia de Ourense, ata a provincia de Pontevedra onde desemboca tendo a dereita a Guarda e a esquerda Caminha (pobo Portugués). Son 307,5 Kms. de lonxitude cun caudal medio de 340 m3/s. Unha pendente media de 0,22%
A conca do Miño é de 17.026 km2, máis da metade do territorio galego. (Hai bastantes discrepancias nestos datos, pola miña parte asumo os datos do "D.X. Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia". 2009. Editado por Xeogal Publicacións, S.L. e que entre outros moitos autores ten a Fco. Javier Río Barja. Toda unha garantía).
O rexime pluvial é de augas altas en inverno e estiaxe pouco acusado no verán. Sobre caudais, histórico de enchentas e outros datos máis concretos, podedes consultar dentro desta ficha o tema de "Enchentas do río Miño".
Dende o regato de Troncoso, a carón da Presa de Frieira, á desembocadura hai 75,5 Kms, fronteira entre España e Portugal.
Nos últimos kms. o río Miño fai fronteira con Portugal, son os 75,5 kms. que separa a Presa de Frieira e a desembocadura; un tramo polo tanto internacional. A raia mollada que se chama. En realidade é dende o regato de Troncoso (Barxa) ata a desembocadura, soio 200 m. dende a Presa de Frieira.
En Portugal chámase río Minho, en Español o nome é río Miño e tamén en galego é río Miño.
No seu andar pasa, entre outros pobos importantes, por Meira, Rábade, Lugo, Portomarín, Peares, Ourense, Barbantes-Estación, Castrelo de Miño, Francelos, Melgaço, Arbo, Monçao, Salvaterra, Tui, Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Caminha.
O río Miño pasa pola ciudade de Lugo e empeza a estar embalsado (eu diría embalsamado) dende preto de Portomarín ata Arbo. Os encoros que ten son cinco: Belesar, 654 Hm3, Peares, 182 Hm3, e Velle, 17 Hm3. ata Ourense. A partir de Ourense o encoro de Castrelo de Miño 60 Hm3 e finalmente o encoro de Frieira, 44 Hm3. Realmente o río Miño, o noso pai miño, está embalsamado por non decir outra palabra.
Por certo sabe Vd. que porcentaxe do río Miño está destruida polas presas?; pois...: o 90% do río.
Todos os encoros son de Fenosa (hoxe Gas Natural Fenosa) e todos os encoros incumplen a lei de pesca, non deixan pasar as especies migratorias; é máis, estos encoros remataron có sabalo, que xa non sube, están a punto de rematar coa lamprea e a anguía. O salmón tamén está tocado...Un auténtico roubo os galegos, o río Miño é noso...Por suposto Fenosa dice que non, que eles cumplen a lei; a Xunta, dependendo quen goberne está a favor ou a medias; cousa que non entendo, ou si... A realidade, ¿quen ten razón?. Evidentemente o río Miño é o que fala e dice que "non hai dereito, que o salmón, a anguía, a lamprea non pasan de Frieira, onde está o primeiro encoro. O sábalo non sube de Tui"...Evidentemente o río Miño ten razón. Así, non cumplen as leis xa que esas especies tiñan que subir e reproducirse...O demais é política, compadreo, regalos e choriceo que hoxe está de moda.
Ver o pacto actual Xunta-Fenosa (1992).
Ver tamén, si queredes, os datos en tempo real dos encoros e outros datos curiosos.
Típico coial do río Miño. Estos cantos rodados son o producto de moitos anos de rochas que se van desfacendo pouco a pouco...de xistos, cuarzitas, granito...
Datos xeolóxicos destacados:
As rochas que aparecen no río Miño son moi variadas, o principio vense xistos, lousas e cuarcitas...e logo moito granitos.
Como datos xeolóxicos lembrar o principio a Lagoa de Fonmiñá, logo a partires de Lugo os canóns de Belesar e os Peares; tamén o canón das Neves; as surxencias termais de Lugo e Ourense, e finalmente o esteiro do Miño. O longo do curso hai tamén moitas illas (Fillaboa, Boega,Dos amores, Canosa, Grilo, Bimbias, Verandas, Torreiro, Vimbres, do Burro e outras moitas).
Pedregal de Irimia. Nacemento Miño. Google Earth.
Na fotografía de E. Schrech vese o canón do Miño nos Peares antes de facer o encoro. 1947.
O río Miño ten surxencias termais en moitos lugares: Lugo, Ourense entre outros. Na fotografía de Mani Moretón vense as termas de Outariz en Ourense.
.....
Na fotografía vese a illa Boega e a súa esquerda a Dos amores. (Sacada dende Portugal. Descoñezo o autor da fot.).
Na fotografía vese a illa Canosa, Grilo e Barandas. (Fotografía dende o Monte Tegra. Descoñezo o autor da fotografía.)
Esteiro do río Miño. Desembocadura. Google Earth.
---------------------------------
Afluentes máis importantes do río Miño:
O río Sil é o afluente máis importante do río Miño. De feito é famosa a frase "O río Miño (102 m3/s) leva a fama e o río Sil (184 m3/s) dalle a auga".
Na fotografía, de Álvaro García, vese o río Sil a esquerda da fotografía desembocando no río Miño, nos Peares. Por certo os Peares pertence a tres concellos distintos e dúas provincias Lugo e Ourense.
O Sil é un afluente do Miño pola marxe esquerda. Podería haber dúbidas, xa que o río Sil leva moita máis auga, pero non hai ningunha; ver este link, desta misma ficha, onde se demostra que "o río Sil é afluente do río Miño".
Afluentes do río Miño pola marxe dereita:
Na provincia de Lugo:
Madalena (Miñotelo), Rigueira (Úbeda) , Pequeno (e afluentes Póntiga e Fontadrao), Anllo, Támoga (e afluentes Santavalla, Arnela, Ribeira), Ladra (e afluentes Madanela, Labrada, Ladroil, Parga), Narla (e afluentes Lodoso e Mourelle), Mera, Ferreira (e afluente Lavadoira), Zamoelle, Enviande e Asma (e afluente Comezo).
Búbal.
Barra, Porto, Barbantiño (e afluente Formigueiro), Fareixa, Avia (e afluentes Cardelle, Arenteiro (Pedriña, Mirela e Marañao), Viñao (Lobeiros e Lovagueira); Valdeiras e Couso), Outeiro (Brull), Cerves.
Ribadil, Deva, Termes, Xuliana, Tea (e afluentes Uma, Chabriña; e Borbén, Aboal, Alén e Caraño), Caselas, Louro, Furnia, Cereixo da Briña, Pego, Tamuxe.
Afluentes do río Miño pola marxe esquerda:
Na provincia de Lugo:
Azúmara, Lea, Robra, Chamoso, Neira (e afluentes Sarria e Tórdea), Loio, Sardiñeira (e afluente Portiño)
Na provincia de Ourense:
Sil (e afluentes en Ourense: Navea, Bibei (Camba (Ríbeira Pequena, Ribeira Grande), Conso (Cenza), Xares (e afluentes Corzos e Canda; Mao e Requeixo), Balado, Candís e Casoio; Leira e Entoma; e aflluentes en Lugo: Lor (e afluente Louzara), Quiroga, Soldón) , Loña, Barbaña (e afluente Barbañica), Puga, Arnoia (e afluentes Maceda, Tioira, As Ellas; Ambia, Ourille e Tuño), Deva (e afluente Crespos).
En Portugal:
Troncoso (Barxa) , Mouro, Gadanha, Coura.
------------------------------------------
Cousas do río Miño na provincia de Lugo.
Do nacemento ata Lugo
Este regatiño que se ve é o nacemento do gran río Miño, no pedregal de Irimia, preto de Meira. Un pedregal de 700 m. que é toda unha fonte. Fotografía Secundino Lorenzo. setembro 2013.
Fonmiñá (A Pastoriza-Lugo) onde se decía, falsamente, que nacía o río Miño. Fot. Secundino L. Pedregal de Irimia (na Serra de Meira), onde nace realmente o río Miño. A 6 kms. de Fonmiña. Fot S.L.
Aquí nace o río Miño, nese pedregal a casi 700 m. de altitude, na Serra de Meira, a 3 kms. de Meira. Logo vai recibindo regatiños ata chegar a Fonmiña, situado a 458 m. de altitude, 242 m de altitude menos, onde recibe as augas da Lagoa de Fonmiñá; a 6 kms. do Pedregal de Irimia e onde xa vai o río Miño feito un mozo...Foto Secundino Lorenzo.
Ver fotografías da miña visita ó Pedregal de Irimia e á Fonmiñá (Set. 2013).
Río Miño por baixo de Fonmiñá e dentro da Reserva da Biosfera. Fotografía de setembro de 2013. Foto Secundino Lorenzo.
![]()
Río Miño dende o Pedregal de Irimia ata a cidade de Lugo. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
Aquí vese perfectamente como é o seu perfil nestos 70 km. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
Decir que a Conca alta do río Miño, que son 26 concellos, foi declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera o 7 de novembro de 2002.
A Reserva da Biosfera Terras do Miño foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002, e incluida na Rede Mundial de Reservas da Biosfera. Dende entón, este territorio, de 363.669 hectáreas e integrado por 26 concellos situados na conca alta do río Miño, pasou a ostentar a máxima catalogación medioambiental. Este galardón supón o recoñecemento pleno á convivencia sostible, a unha forma de vida que, durante séculos, soupo compatibilizar o desenrolo de actividades productivas coa protección do ecosistema.
Esta especial interacción entre o hombre e a natureza permite que "Terras do Miño" se convirtise na primeira Reserva da Biosfera de Galicia e unha das máis extensas de España. O seu ámbito xeográfico, que abarca o 39% da provincia de Lugo, inclue os concellos de Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara.
Por certo a UNesco renova esta declaración de Reserva da Biosfera a Terras do Miño, esta renovación é de xullo de 2014. Lugo é a única provincia de España na que o 55% do seu territorio está declarado Reserva da Biosfera pola Unesco repartido en tres espacios: Terras do Miño, Os Ancares e río Eo-Oscos-Terras de Burón.
Na conca alta o río Miño recolle as augas da Terra Cha e das serras que a circundan, son 73 km. de río con moitos meandros, formando illas e lagoas. O caudal é moderado, alto no inverno e estiaxe no verán.
Dende estas liñas reivindico un río san, un río a marxen, si fora posible da "agricultura salvaxe" (uso indiscriminado de puríns sin tratar) que se está a aplicar en Galicia hoxe no ano 2013. Moitos puríns, que se notan no río xa no nacemento en Meira. Ollo con esto.
O río, pese o comentario anterior, é unha auténtica marabilla o seu paso por Outeiro de Rei, por Lugo, ata chegar a cola do encoro de Belesar; por onde desemboca o río Neira, cando o encoro está na cota máis alta. A partires deste lugar o río está polo tanto embalsado, ou sexa embalsamado, e nunca mellor dito.
Río Miño dende Lugo ata os Peares. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
Aquí vese perfectamente como é o seu perfil nestos 80 km. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás. Aqui hai un dos misterios que ten o río Miño. Ver máis adiante.
Por eso forma canóns que van dende os 200 m. en Portomarín a 400 m. nos Peares. Ou sexa en tempos o río neste tramo estaba rexuvenecido. Non é o caso hoxe que está "embalsamado".
Nesta fotografía do autor da web vese, nunha baixada espectacular que tuvo o encoro de Belesar por mor dunhas ampliacións no 2002, o lugar onde antiguamente estuvo Portomarín. Un río marabilloso convertido no que todos sabemos hoxe. O primeiro proxecto non facía desaparecer Portomarín, lugar Histórico-Artístico uns anos antes, de pouco lle valeu...Logo cambiouse e elevouse a presa e desapareceu...Foto Secundino Lorenzo.
Portomarín nos anos cincuenta antes de facer o encoro de Belesar que o deixou asolagado... A fotografía está tomada río abaixo, o revés da fotografía anterior. Sirve para facerse unha idea de como era o pobo e o que supuxo para os seus habitantes ter que abandonalo. Sobre Portomarín e o encoro ver esta web, tamén da miña propiedade.A fotografía é de Juan José Vega e pertence ó A.H.P. de Lugo.
Encoro de Belesar un encoro grandisímo que en 1963 encheuse con nocturnidade e alevosía... Máis abaixo o río Miño atopará o encoro dos Peares e xa se adentra na Provincia de Ourense. A fotografía é do ano 2000 que houbo unha gran enchenta... Foto Secundino Lorenzo.
Encoro dos Peares, xunto con o encoro das Conchas dos primeiros que se fixeron. Fotografía do ano 2000 cunha enchenta boa. Este encoro entrou en funcionamento nos anos cincuenta. Foto Secundino Lorenzo.
No encoro dos Peares destacar únicamente a marabilla de rincóns como "O cabo do mundo", chama moita a atención o cultivo de viño nas ribeiras, en socalcos, como se fixo sempre, así como as igrexas románicas que hai na zona como San Estebo de Ribas do Miño, unha auténtica xoia, ou San Pelaio de Diamondi entre outras.
O "Cabo do mundo" é un meandro especial que ten o río Miño por riba do encoro dos Peares. Observar os socalcos de cepas que hai na zona onde recollen o viño bodegas moi importantes da Ribeira Sacra. Fotografía Secundino Lorenzo.
---------------------------------------
|
|
--------------------------------------------------------
O río Miño na provincia de Ourense.
Dos Peares a Frieira.
Río Miño dende os Peares ata Frieira. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
Aquí vese perfectamente como é o seu perfil nestos 65 km.Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
Neste tramo volvía a ser río mozo, pero en tempos hoxe tamén está "embalsamado" por encoros.
Río Miño dende Os peares, onde recibe o río Sil ata o encoro de Frieira. O río Miño realmente en Ourense está embalsado, como dice un amigo meu "está embalsamado". Para mín unha auténtica vergoña. O río Miño sóbranlle varios encoros, como o de Velle, o de Castrelo e Frieira de moi baixa producción eléctrica e de moito dano o río.... Agora no 2012 están a ampliar estos encoros con minicentrais no mismo azud, que producen moitísimo máis. Non deberan estar autorizadas ... Estos encoros, aparte de ser ilegais, xa que non cumplen nin cumpliron as normas legais nunca, fan e fixeron moito dano na nosa fauna... Máis de cincuenta anos incumplindo as leis e ríndose de nós...
Fotografía 1960. Río Miño en Ourense. Por baixo da Ponte Maior. hoxe está moi cambiado...Descoñezo o autor da fotografía.
Esta paisaxe é de Antonio Cendón, vese a Ponte Maior de Ourense en 1850. Observar moitas curiosidades, entre elas a inclinación da ponte que é correcta, logo foi cambiada xa que había accidentes pola inclinación e por unha peligrosa curva que tiña pola parte dos Salesianos; a parte de atrás a esquerda onde desemboca o río Barbaña, a linea descendente de Santa Ladaiña, o socalco de Reza, o coiñal e as rochas, etc. Hoxe cambiou moito esta paisaxe...
Ponte Maior entre a neboa. Fotografía feita por Ruth Matilde Andersen en 1925.
Ponte Vella, fotografía de Mani Moretón sacada do libro "Ourense de oro" II. Sobre esta imaxen di, no libro citado, o meu amigo José Platero "A Ponte Vella bajo la ensoñación de las nieblas matinales, que se desprenden como gasas de plata". 2011
Hoxe non se parece nada. A dereita un muro impresentable e feito sin cabeza, a esquerda unha estrada nacional e un hipermercado, que xa está feito, que é unha auténtica aberración, pero con éxito de xente...
Fotografía 2005. Xa co Centro Comercial feito, a dereita da fotografía, así como unha pasarela que desdice totalmente...Unha horterada, a carón de grandes e marabillosos pontes...
Na fotografía o río Miño, como eu o coñecín polos anos 1950-1963, coa Peña de Francia á dereita e cunhas orelas sensacionais á esquerda. Hoxe, febreiro do 2006, cambiou moito, moitísimo, pero na miña opinión, esta zona para mal. Na marxen esquerda, por riba do coial, unha estrada nacional e toda a zona de baños xa non existe, como tal, (queda a chamada Praia da Antena que son 10 metros de río no antiguo lugar do Bao, hoxe cun centro comercial. Realmente para chorar). Na dereita non se fixo case nada, coméuxelle o río un gran treito, taláronse moitas árbores e non se saneou. Unha magoa. Revisando este texto a finais de 2013 o río Miño non está saneado en Ourense, cada día está peor. Está moito feito pero falta a base, non hai depuradora en Ourense-cidade; precisamente hoxe 19/11/2013 comenzaron as obras...Levan vinte anos de retraso...
Hoxe o río Miño non está saneado. Sanear un río non é facer paseos e poñer barandillas e céspede (o cal está moi ben e queda bonito...), é non botar os ríos augas fecais, nin contaminadas, é conservar e coidar o bosque de galería do río, perservar a fauna do río, os invertebrados que viven debaixo dos coios, é un longo etc. que hoxe, febreiro do 2006 non se fixo nin está previsto facer. Manteño o dito no ano 2013.
HAI QUE DECIR QUE OS PASEOS DAS ORELAS DO RÍO MIÑO EN OURENSE ESTÁN MARABILLOSOS. AGORA COMPRE SANEAR O RÍO.
Río Barbaña na súa desembocadura no río Miño, en Ourense cidade. A modernidade da nova ponte unido ó "terceiro-mundismo" dunha contaminación asquerosa e impresentable.
Nota: parece que coa inauguración da Ponte do Milenio o río Barbaña está recobrando as augas limpas., si é así enhoraboa.
En xaneiro do ano 2006 xa vexo que foi unha ilusión óptica...
Observo que no 2012 sigue igual. Tamén no 2013, no que día sí e día tamén aparece contaminado cunha espuma blanca impresentable...
Sinto vergoña.
|
|
|
|
Río Miño en Ourense. Fotografía sensacional de Javier Morais Gallego. Pulsar na fotografía para ve-la máis grande.
Fotografía sensacional do río Miño en Ourense. Descoñezo o autor. Pulsar para ver en grande.
A pesar do anterior, e a nivel termal, Ourense é un auténtico "paraiso termal". Ver si non este dibuxo-oferta onde se mostra perfectamente ó dito. Unha cousa non quita a outra. Dende logo esta zona estaría moito mellor si o río Miño estuvese saneado, pero as augas termais e o entorno é incrible e sorprendente. ¡Ven a velo!...
"Ourense, ciudad termal" Ver en grande
Pozas de Outariz (Ourense). O Ourense-Termal é unha auténtica marabilla, hai que vir a Ourense é vivilo... O río Miño ten moito que ver con estas pozas. A fotografía de Mani Moretón, que aparece no libro " Ourense de ouro", é unha pasada...
Estado de conservación do río Miño en Ourense:
Tramo Peares-Velle:
Fotografía incrible dos Peares nunha enchenta no ano 1950. ¡Temible!. A fotografía é de Schreck (o gran fotógrafo, que logo se quedou enOurense como profesional retratista).
O tramo dos Peares, coa desembocadura do río Sil, que realmente cumpre o refrán "O Sil leva a auga (184/m3/s) e o Miño (102m3/s) a fama", e o río Bubal no río Miño e logo a zona de Barra de Miño ata Ourense era un dos tramos máis bonitos do río Miño na provincia de Ourense. Hoxe co encoro de Velle as cousas cambiaron moito.
Perigroso nas beiras debido o encoro de Velle e o trazado da estrada que une Ourense e Ponferrada. Ten pouca vida no que a troitas e anguias se refere. Unhas poucas no tramo dos Peares, apenas dous kms.
Seica van a potenciar o turismo desa zona. A verdade é que o río Miño dende os Peares ata Velle quedou defenestrado por Fenosa co encoro de Velle. Lamentable. ¿ Que se pode facer hoxe, en agosto do 2.000 ? . Moi pouco. Esperemos acontecementos...
Non se fixo nada. Estamos no 2013...
O río Miño nos Peares, a misma fotografía que a de arriba pero río abaixo e sin enchenta. A fotografía aparece no libro "Os ríos galegos" de Otero Pedrayo.
O final non se fixo nada, o río neste tramo está abandonado.
Tramo Encoro de Velle-Encoro de Castrelos:
Lastimoso. A presa de Castrelos é unha auténtica cloaca. Pode comprobarse. A UE ( Voz de Galicia do 24-05-98) dice que non se deben bañar as persoas. Incrible.
As gaivotas abundan, buscando a porquería da cidade. Xa foron máis, dende que pecharon o vertedeiro de Eiroas, algo moi positivo, notouse moito.,
As troitas están desaparecendo a mans das carpas e Black-Blas. Tramo moi castigado por todo tipo de vertidos da capital e dos matadeiros que hai as beiras. Hoxe xa non se ven plumas de polo, pero seguro que acolchan o leito do encoro.
Recentemente ( xaneiro do 2000) a Voz de Galicia fixo un estudio en tres puntos do río Miño no tramo de Ourense: na praia da Antena, en Reza e en Eirasvedras, nos tres lugares a situación pode catalogarse de desastrosa, incluso no tramo de Eirasvedras a parte de Coliformes, Enterococus , Estaphylococus, atopouse a Salmonella, a verdade é vergonzoso. Este estudio, repito, publicado recientemente polo diario La Voz de Galicia levantou moita polvareda, de tal xeito que o PSOE pide explicacións a Carlos del Álamo por esta contaminación, e tamén piden explicacións o Concello de Ourense, tanto o PSOE como o BNG. O feito é que o Concello de Ourense nunca, nunca, mirou o río e xa vai xendo hora de que se faga algo, que non sexan barbaridades...
Neste tramo, o parecer, hai vinte municipios que se unen nun proxecto común para potenciar o turismo das beiras do río Miño ( 9-08-2000).
Quedou en augas de fregar, como casi todo...
Personalmente, non creo nos encoros como potencia turística.., na miña modestísima opinión o río Miño en Ourense pasa:
Sanear ó río, non permitir vertidos de ningún tipo: hoxe vai feito unha cloaca. Demostrable, en Abril do 2001. No 2013 cando lle voto un vistazo a este texto, observo que Ourense-cidade inda non ten depuradora. A partir de 500 metros augas arriba da ponte de Outariz, as augas de Ourense saen feitas unha cloaca auténtica.
Esto leva consigo sanear os ríos Loña, Barbaña e os regatos de Vistahermosa e Eirasvedras.
En xaneiro de 2014 todo sigue igual...
O río Barbaña sigue vertendo augas fecais...
Río Miño 18 de abril do 2002. Desembocadura do río Barbaña. Asqueroso e cheira mal. Penoso.
Esta situación sigue últimamente, houbo varios vertidos nos anos 2012 e 2013 e o problema sigue sin resolverse.
O río Miño de seguir nesta situación non tardará moito en convertirse nunha cloaca auténtica.
Imaxen de satélite do encoro de Castrelo de Miño. É increible. O Miño sufre unha eutrofización galopante nesta zona. Esperemos que coas enchentas do 2001 non vexamos o río deste xeito.
Río Miño preto da zona de Castrelos, concretamente en Xubín. Un río a cuidar. Descoñezo o autor da fotografía.
Como están as cousas en novembro de 2013?: pois moitas cousas melloradas, pero non o básico. Toda a porquería de Ourense vai tal cual o río Miño, a depuradora de Reza non traballa, non está feita a nova, e as augas fecais tanto do barrio da Ponte como de todo Ourense están a espera desta depuradora. Mentras tanto todo vai o río Miño e por suposto ó encoro de Castrelo de Miño.
Encoro de Castrelos-Encoro de Frieira:
A presa de Castrelo de Castrelo de Miño foi unha auténtica aberración histórica. Unha presa que hoxe, no ano 2002, seguramente non se faría, un robo auténtico a un río sensacional. Comenzou a funcionar, 122 MW, en 1969 e foi moi contestada. Eu penso que hoxe non se hubera feito. Moita desfeita para un encoro de pouca producción.
Nesta montaxe do meu amigo Enrique Rguez. Padrón vese arriba como era o valle de Castrelo, dos máis ricos do Ribeiro e como é hoxe. A primeira fotografía é de Chao e a segunda de Enrique.
O río Miño na provincia de Pontevedra.
De Frieira ó mar.
A presa de Frieira foi outra aberración lamentable. (Admito, ata certo punto á de Belesar, que debera ser o primeiro proxecto e non o que se fixo, e os Peares, pero a presa de Velle, Castrelo e Frieira hipotecaron o rei dos ríos galegos para sempre).
Sin escalas no encoro de Frieira, fai tempo que o Salmón atlántico vai a menos , o sábalo ( non existe, xa non sube) , as anguías morren o non poder subir a presa e as lampreas, cada día hai menos.
É inconcebible que hoxe, no ano 2014 se permitan estos atentados ó río Miño, totalmente ilegais...
Presa de Frieira, a 75,5 kms. da desembocadura do río Miño. Unha barreira infranqueble para as especies migratorias que vivian no río Miño como as lampreas, anguías, salmóns, sábalos, etc. O ascensor que se ve na fotografía, foi un auténtico engano. Fotografía de Secundino Lorenzo.
O problema das anguías ( o anguieiro) sigue en pe no ano 2000 pese ás promesas. As anguías morren a centos no muro do encoro de Frieira , Fenosa non fai nada e Medio Ambiente fai pachangadas para a galería, pero nada efectivo. Una auténtica vergoña.
Fenosa, abril do 2004 remata de facer un teleférico para subida de salmóns, anguías, sable, saboga, lamprea e o que se tercie.
Ver este link, con fotografías do ascensor. Realmente nono vexo solución. Parece unha obra para cubrir as apariencias e non ser multados...
A partir da presa de Frieira o río Miño volve a ser río, polo menos a parecer o gran río que era... Veremos por canto tempo.
É couto salmoneiro en Frieira. Para chorar. É broma.
PESCA DO SALMÓN NESTE COUTO.
1975 | 1980 | 1985 | 1990 | 1995 | 1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 |
301 | 142 | 57 | 57 | 12 | 19 | 8 | 0 | 0 | 0 |
Os datos de 2009 é de: 0 salmóns, 2010: cero salmóns, 2011: cero salmóns, 2012: 5 salmóns e 2013: 4 salmóns.
Saquen as súas conclusións. Hai que partir da base que o río MIño foi en tempos o mellor río salmoneiro de Europa. Que non o cren?. Ver algúns datos de pesca máis abaixo.
O río Miño foi en tempos un dos ríos máis ricos en pesca de Europa. E non fai moito.
A importancia da pesca pódese dar simplemente con un dato:
Na fotografía da esquerda unha das 341 pesqueiras que hai no río Miño,esta é a de Arbo (Pontevedra). Básicamente a pesqueira é como o dibuxo do centro, grandes muros e entre eles póñense as redes (viturón) que pescan lampreas, e o que caiga.
Concretamente no ano 2007 estaban autorizadas 178 pesqueiras das 341 que había no río. Esta pesca era un auténtico viveiro de riqueza no río Miño e que hoxe está a desaparecer. O encoro de Frieira é totalmente incompatible coa pesca en xeral e moitas destas pesqueiras están xa abandonadas.
O río Miño dende a presa Frieira a desembocadura:
Río Miño dende Frieira ata a desembocadura. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
O río Miño chámase Minho en Portugal. Estes son os seus afluentes máis importantes do Minho en Portugal.
Precisamente dende esta presa, Frieira, o río Miño, 400 metros máis abaixo dende o río Troncoso (ou) Barxa marca a fronteira entre España, á marxe dereita, é Portugal a marxen esquerda.
Dende a desembocadura do río Barxas ou Troncoso ata a desembocadura do río Miño, este fai de fronteira. Son 75,5 kms. de río. Nesta fotografía eu penso que non estaba feito o encoro.
Aquí vese perfectamente como é o seu perfil nestos 75,5 km. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
![]()
Fernando Ferreira. Presidente da Cooperativa de Pescadores do río Miño.
"El futuro del Miño es muy negro"
Voz de Galicia 9-12-99
"La contaminación, los desniveles de las aguas por las presas, un ciclo de mala pesca, están acabando con el río; su futuro es muy negro como no se tomen medidas en serio"
"Las presas están constantemente provocando cambios en el caudal del río al cerrar las compuertas durante cierto tiempo y, llegado el momento, al abrirlas para evacuar agua cuando están demasiado llenas. En la presa de Frieira, cuando dejan las compuertas cerradas y se utiliza agua para generar electricidad a través de las turbinas, en la parte alta del cauce hay zonas muy grandes que quedan completamente secas. Y ahí mueren ejemplares adultos, pero lo más grave es que muere la recría. Por el contrario, cuando sueltan el agua de la presa se produce una avalancha tremenda del caudal, con zonas en las que el nivel sube hasta metro y medio. De este modo, nunca se sabe qué va a pasar y se ha hecho una costumbre que esto sea un desastre para la fauna del río Miño"
Creo que ó anterior resume de forma profesional o que pasa actualmente có río Miño na súa parte baixa.
![]()
Nas fotografías o río Miño augas abaixo do encoro de Frieira. A da esquerda en Arbo, onde desemboca o río Deva e a da dereita por Selas. O río Miño volve ser mozo, pero un mozo dominado polo encoro de Frieira que fai de todo, menos cumplir coa lei de especies migratorias...
Non quero rematar esta reseña do río Miño sin rendir unha homenaxe os membros da Asociación Coto do Frade de Ribadavia (Ourense) que moitos anos se xogaron a vida en Frieira, baixando as comportas e recollendo, nese fío que se ve, as anguías que querían remontar. Un xesto que os donos de Frieira nunca entenderon e tampoco as Consellerías de Medio Ambente da Xunta de Galicia que non foron capaces, ningunha delas ata hoxe xaneiro de 2014, de loitar por un cumplimento da lei...
Collendo as anguías que suben por ese fío de auga. Fotografía Secundino Lorenzo. ano 2000
Sobre o anguiero tendes este link , onde podedes ver en que consiste a súa labor e e como se xogan a vida estos amigos os que admiro e os que lle dou as gracias.
Nota curiosa de xuño de 1999: O programa Life ó parecer fará que se recupere o salmón no Miño ? . Ó parecer este programa promovido por Fenosa, a Xunta e algúns Concellos "senta cátedra e non ten precedente no mundo", trátase de habilitar un ascensor en Frieira para posibilitar a súbida dos salmóns, evidentemente a frase non é miña. O anterior soa un pouca a coña. Fenosa leva 40 anos sin facer nada polo salmón e de repente, cando xa o salmón non sube polo río Miño, senta cátedra... os galegos debemos ser tontos.
Fotografía da entrada no ascensor de Frieira. Un timo máis...e van...Foto SecundinoLorenzo.
O ascensor fíxose, por certo cós nosos cartos a maioría...Pero...Foi todo unha farsa. O ascensor foi un roubo os galegos, como outros moitos. Non funciono nunca, era inviable e soio sirviu á empresa para deixar pasar o tempo, e usar outras estratexias... Ver estas fotografías dan gran obra?...
Sinto vergoña...
Síntome enganado por unha empresa explotadora dos nosos recursos e sin dar nada a cambio, ou moi pouco...Cada ano pagamos máis polos servicios eléctricos, cada ano é máis cara a luz eléctrica...
Esto soio se pode levar a cabo co beneplácito da xente que goberna na nosa terra... por eso sinto máis vergoña cada día...
-----------------------------------------
Hai xente que dúbida da riqueza inmensa que aportaba o río Miño
Moita xente que non sabe de onde ven a palabra "O pai Miño", para esa xente vou dar unha pequena estadística, que demostra a riqueza que aportaba o río Miño:
Estadística sacada do libro de Praxíteles González "Riberas del "Baixo Miño". Sus gentes, usos y costumbres" , San Miguel de Tabagón 1997.
A estadística é dos anos indicados, 1944-48, e no "Baixo Miño" e soiamente de salmón e sábalo:
No río Miño tamén se pescaban aparte de sábalos e salmóns: anguías, lampreas, meixóns (angulas), troitas, reos, sollas, múxeles e un longo etc.
A riqueza do "Pai Miño"
ver tamén "A pesca no río Miño"
Esta estadística é únicamente do "Baixo Miño" e observar por exemplo no ano 1944 foron pescados na parte portuguesa 5.000 kg. de salmón e na española 1.027 vamos casi nada. Esta é bastante certa xa que o salmón era guiado, pero haberá que ter en conta que seguro que se colleron máis. Pensando nunha media de 8 kg por salmón saen aproximadamente 750 salmóns, repito soio no baixo Miño. Por certo dice Praxíteles que o feito de que os portugueses pescaran máis non é moi significativo xa que moitos salmóns pescados por españois eran vendidos no mercado luso, xa que pagaban máis.
Sobre o sábalo a estadística quédase corta xa que nela soio entraban as pezas de 50 a 60 cms de 4 a 5 kg. non inferiores. O sábalo era a principal riqueza do río Miño. Sábalo que hoxe no ano 2013 xa non sube. Falar de 36.893 a unha media de 4,5 kg da un total de 8.150 exemplares. Incrible riqueza.
A todo esto habería que sumar: as anguías que se collían centos de kg, os meixóns, as lampreas, as sollas, os reos, troitas, muxel e máis.
O río Miño era "O pai Miño" en riqueza.
Lembro a ver salmóns no río Maquians (en Ribadavia-Ourense), afluente do Avia no ano 1968. Tamén lembro que nos anos corenta e cincuenta se pescaban sábalos en Oira en Ourense, dito por xente como o meu pai e amigos...Por suposto as anguías subian ata as cabeceiras dos ríos...Menuda riqueza.
Culpables: está claro, a contaminación, pero sobre todo os encoros (sin escadas, incumplindo as leis, cambiando os cursos dos ríos, cambiando os caudais, subindo agora e baixando a continuación de caudal, enfriando as augas e un longo etc.).
Para ampliar ver este artigo, nesta misma ficha, sobre "A pesca no río Miño"
----------------------------------------------------------------
Finalmente o río Miño, pai de tódolos ríos galegos vai morrer no Atlántico pola A Guarda (Galicia) e Caminha(norte de Portugal). Nos últimos 30 kms. é navegable, concretamente dende Tui.
Precisamente dende Tui ata a desembocadura recibe o nome de Baixo Miño (Tui, Tomiño, Oia, O Rosal e a Guarda).
En total ten unha conca que abarca o 40% do territorio galego e un recorrido de 307,5 Km. É o segundo río da península despois do Ebro.
No sensacional libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rodríguez Lestegás publicado pola colección de patrimonio ecolóxico no ano 1995, rematan cun pequeno resumen deste río que é o seguinte:
Resumen final do libro citado sobre o río Miño, destacar nos datos que o caudal absoluto é a cantidade de auga expresada en m3/seg, evacuada por un río, normalmente nun mes. O coeficiente de desague é a porcentaxe de auga que unha cunca fluvial evacúa durante un período de tempo, normalmentew un ano. Observar que neste dato é o nº un de España, así como o terceiro en caudal absoluto en Hm3. Por suposto o nº un en precipitacións.
Tamén se xustifica o nome de "o Pai Miño" pola súa vida e riqueza. Esto era en tempos...
De feito Praxiteles Glez. Martinez no libro "Riberas del "Baixo Miño" sus gentes, usos y costumbres" no capítulo XII fala de cambiarlle o sexo o río Miño, xa que no estuario a incivilizada man do home, a química e a técnica están a cambialo, pasando entón o xénero feminino co nome que se atreve a decir Ría morta.
Importante: en Vila Nova da Cerveira hai un museo únicamente dedicado ó río Miño, unha auténtica marabilla que hai que ver. Unha homenaxe o Pai Miño. ¡Enhoraboa amigos de Portugal! ¡Qué envexa!.
Para vós vai este pequeno detalle que se pode ver en Monçao e que son uns versos de João Verde que teñen moito que ver co Minho:
Vendo-os asim tão pertinho,
A Galiza e mail o Minho
São como dois namorados
Que o río traz separados
Quasi desde o nascimento.
Deixa-los, pois, namorar,
Já que os pais para casar
Lhes não dão consentimento.
--------------
Esto é o que pon o mosaico da esquerda
Dende o mirador de Vila Nova de Cerveira vese a desembocadura do río Miño o fondo, tamén esa ínsua que é a Boega. Fotografía de María Molero.
Desembocadura do río Miño con Portugal a esquerda e España a dereita. Nesta fotografía vense a dereita as ínsuas (Torreiro, Vimbres, do Burro) que eran unha auténtica riqueza, ademais do entorno. Cando o río baixaba había uns pasos para ir a estas illas.
Desembocadura do río Miño. A Guarda a dereita e Caminha a esquerda.
Estou vendo os romanos chegando a Galicia (nunha das expedicións concretamente a primeira, a do xeral Décimo Junio Bruto ano 136 a. C.) e tratando de pasar este gran río, o río Miño, que para eles estaba embruxado, creían que tras el, o día estaba con moita neboa, estaba o final da terra (finis terrae) un enorme acantilado que os mandaría o vacio...
De feito a expedición de Décimo Junio de 136 a.C., expedición de castigo os Lusitanos de Viriato, pasou o río Lethes e logo foi, seguindo o río Miño, ata o estuario sin atravesalo en ningún momento, non fora o demo..., volvendo logo para Extremadura.
Fotografía aérea da desembocadura do río Miño. A dereita Caminha, Seixas e Lanhelas. A esquerda O Rosal e Camposancos. (Descoñezo o autor da fotografía).
O esteiro do río Miño ten sobre 8 km. de longo e entre 0,5 e 1,8 km. de ancho. É pouco profundo. As mareas chegan a Tui 30 km. arriba. Sobre este esteiro hai unha ppt de Adela Leiro marabillosa. Este é o link.
Outra fotografía de conxunto. Descoñezo o autor. Está sacada dende o Tegra.
Decía Otero Pedrayo sobre esta paisaxe "...un dos máis solenes e saudosos paisaxes da Europa Atlántica".
Desembocadura do río Miño sacada do Google Earth. 2013. A liña amarela divide a España de Portugal. Resulta curioso como cambian os bancos de area neste estuario do río Miño.
Nesta fotografía aérea e de detalle vese o conxunto da desembocadura do río Miño, o estuario ou esteiro do río Miño, a esquerda a Guarda, o monte Santa Tegra co Castro Celta e a dereita o rio Miño con Portugal e Caminha. A zona é espectacular. A beira do mar hai todo un sendeiro que permite recorrer dende Camposancos, un lugar marabilloso con boa praia ata A Guarda, catro kms. para disfrutar. Dicen, este é outro misterio do río Miño, que fai moitos anos un ramal do río Miño desembocaba entre o monte Torroso e Santa Tegra, deixando esta como illa...
Fotografía sacada do libro "Aeroguía del Litoral Galicia". Geoplaneta 3ª edicción. 1999.
-------------------------------
Para rematar:
No nome de moitos galegos, pídolle perdón a este gran río...
------------------------------------
Para rematar poño a "Loubanza do río Miño" feita por Celso Emilio Ferreiro", parte final:
Fotografía Secundino Lorenzo.
Tres cuestións sobre o río Miño:
Río Barja expuso na súa conferencia que " O río Miño é unha de esas grandes venas de auga repleto de incógnitas. Dende o nacemento ata a súa morte inda non se contestaron moitas preguntas..." Na súa "Biografía do río Miño" presentou estas tres cuestións:
1.- Según algúns escritores e estudiosos, a verdadeira fonte do Río Miño é un lugar coñecido como Pedregal de Irimia. Básanse en que o caudal da Fonte Miña únese, realmente, a 10 km de recorrido do río Miño, polo tanto augas abaixo. As augas de Fonte Miña únense á esquerda, mais abaixo e con menos caudal, que o que leva o río xa. Non lles falta razón.
O río Miño nace de forma apacible e tranquila e así se manifesta nos primeiros 40 kms. Así aquela historia que nos contaron de Fontemiña, como o nacemento do río Miño, non é certa. Este é o misterio, que hoxe non é tal. De feito dice Barja que a misma conciencia popular, tan intuitiva, dos ribeireños, sempre creeron e localizaron o manantial orixen do río Miño, no Pedregal de Irimia onde unha lenda popular de resonancias bíblicas conta que se convertiron en pedras os homes dunha raza maldita e pecadora, esperando un renacemento coa purificación das augas xuvenis. Nota miña: no apartado de lendas do río Miño tendes esta do Pedregal de Irimia.
2.- O río de ritmo cansino no seu nacemento síguelle un río máis xuvenil que escaba profundas gargantas. De feito pasa dos 69 metros de Lugo ós 100 metros de Villamarin e os 200 metros dos Peares baixo a penillanura. O misterio está según D. Francisco Río Barja que o río Miño non aproveita os Vales de Sarria e Monforte, que constituen un nivel de base máis baixo e que é a lei fundamental que rixe a dinámica fluvial. Curioso.
O río Miño parece despreciar o feito anterior, e ponse a traballar un angustioso canle nas duras venas cuarcíticas que atravesan os enquistos de Chantada. Este feito non ten inda unha explicación unánimente aceptada. Mentras uns falan que o río por onde vai actualmente foi antes que a llanura, outros dicen que foi o revés ou sexa pola llanura de Sarria e Monforte iba o río en tempos e os plegues e cambios fixeron o que se ve hoxe. Todo un misterio.
Nos Peares úneselle o Sil que aporta 184 m3/seg frente os 102 m3/seg que aporta o Miño, de eiquí o dito "o Sil leva a auga e o Miño a fama". Logo entra na Provincia de Ourense.
O tercer misterio é o seguinte:
3.- Unha ollada ó mapa das rías baixas incita sempre a sospeita dunha posible ría que podría haberse formado na desembocadura do Miño. Un tema a discutir. Desembocadura do río Miño, vista dende o Monte Tecla. Enfrente Portugal. Este é outro misterio, por qué o río Miño non forma ría ?. Pero aquí hai tamén moitas opinións, uns dicen que si houbo en tempos ría, hoxe estará no atlántico, no bloque fundido da gran fractura que dende Baiona segue o longo da costa. Outros dicen que o río Miño sempre levou moitos sedimentos e foi reenchendo a posible ría e convertindoa nun estuario colmado de aluvións e illas. O río Miño morre no mar despois de 307,5 km. A súa conca drena a mitade da rexíon galega, creando máis de 20 comarcas naturais e o seu cauce pode alcanzar ata 400 m3 por segundo. Por algo lle chaman "O Pai Miño", non sin razón... --------------------------------------- Comentario do autor da web: Ata eiquí un resumen dun traballo realizado por D. Francisco Río Barja e presentado no Libro "Conferencias sobre el río Miño" editado por Caixa Ourense en 1989.
O río Miño, é actualmente, un río abandonado á mans das compañías hidroeléctricas como Fenosa, abandonado tamén a unha forte contaminación que non se entende. Non temos perdón. A UN PAI HAI QUE TRATALO MELLOR. SOMOS UNS MALOS FILLOS.
|