*
A miña iniciación a pesca da
troita:
Valparaiso-Francelos, río Miño, abril de 1968
"Unha afección marabillosa..."
Abril do 1968 - Secundino Lorenzo

Decía o meu amigo Xosé Benito Reza, nun artigo falando do inicio da
tempada de pesca, "Se
vostede non é pescador, perda coidado, que como un día o leven a un
río e colla unha troita pasará a incorporarse á nosa abondosa e
feliz familia polo que lle resta de vida. Un meu tío, que en paz
descanse, díxome un día con ollos brillantes:
Só sinto
ter comenzado tan tarde nesta arte da pesca, cáseque con cincuenta
anos; só pido que, xa teña que ir pro ceo ou pros infernos, haxa alí,
cando menos, un río ".
A min leváronme un día
de pesca, collín a primeira troita e xa fun pescador para toda a
vida. Foi en Valparaiso, en Francelos, no río Miño cando era río en
Francelos , en abril do ano 1968, xa choveu... Aquí tendes
onde foi e como foi.
|
VER O RÍO E A HISTORIA.

Na fotografía (sacada do
sensacional blog, de Julio Freijido,
Maquiáns) vese o Val de
Francelos, a carón de Ribadavia, que tamén leva como segundo nome
Valparaiso. O río é o pai Miño, cando nese lugar era un río, non hoxe
que é un encoro, o encoro de Frieira, un autentico atentado a
natureza do lugar e o nome, Valparaiso. A fotografía é do ano 1955.
En primeiro plano a dereita
vese
Francelos, na insua que se vé desemboca o río Outeiro ou Brull.
Seguindo máis abaixo vexe Prexigueiro, enfrente ó coiñal. Pois ben,
nese lugar collín eu a miña primeira troita no ano 1968, cando as
augas do encoro inda non chegaban a ese punto (o encoro fíxose en
1970). Despois de ese coiñal
desemboca o río Arnoia, a esquerda, e mismo enfrente o río Cerves. O
lugar era un auténtico paraiso natural, por eso non me estrana o
nome de Valparaiso.

Neste mapa actual
(11/03/2007), de Google
Earth, vese perfectamente a zona hoxe, xa co encoro. O lugar onde
pesquei está marcado por unha flecha (xa sei que non ten
importancia para vosoutros pero para mín é básico...). A fotografía do ano 1955
está sacada dende onde aparece a cámara réflex en vermello.

Este é un mapa do
Instituto Xeográfico e Catastral. 1ª Edicción do ano 1943. Neste
mapa vese a desembocadura do río Outeiro, no mapa chámalle
río Brull, e vese o río Cerves, no mapa río Cierves. Xusto
frente o regato de Porqueira collín eu a miña primeira troita.
Lembro varios detalles dese día de
pesca, en primeiro lugar decir que iba cós meus mestres Manuel
Portela e Gerardo Álvarez, que tristemente xa nos deixou, os dous especialistas da pesca da troita.
Ese día estrenei como non podía ser menos unha cana que lembro era
extensible para poder pescar a culleriña e tamén a pluma, un bon
consello de Manuel Portela. O carrete,
o meu primeiro carrete era un Sagarra, moi lento pero bastante
efectivo, era tamén duro como unha pedra. O fío era do 18, en
realidade 0,18 mm., o adecuado para o río Miño xa que aguantaba ata catro kg. si
fixera falta...
Era o mes de abril do ano 1968, un
día soleado e marabilloso. O lugar en Francelos por baixo da
desembocadura do río Outeiro e antes de chegar a altura de
Prexigueiro. Lembro que puxen unha culleriña do nº tres, a cor da
pala era
ouro, e levaba un plomo que permitía lanzar bastante lonxe. Eu penso
que era unha Besay.
O caso é que os lances saían moi
cortos, non tiña moita práctica a verdade, como moito dez metros ou
así, inda que as veces caía os dous ou tres. No lugar non
había moita corrente pero si a necesaria para ser unha boa postura
de troitas.
Non pasaran nin cinco minutos
cando entrou unha troita cuarterona, sobre uns trescentos gramos,
loitadora, que turraba moito e daba uns saltos na auga incribles,
pero que enseguida a vin os meus pes. Soio lembro o que me decían os
meus mestres "a cana arriba, traballa a troita, non a deixes
afondar, solta un pouco o freno do carrete, non te poñas nervioso
que non é pra tanto...".
O que veu despois foi unha alegría
inmensa e a consolidación dunha afección que me dura ata hoxe e que
sin dúbida morrerei con ela.
Penso que despois de contar esto é
doado entender as palabras de Xosé Benito Reza "como un día o
leven a un río e colla unha troita pasará a incorporarse á nosa abondosa e
feliz familia polo que lle resta de vida".
E así foi...
Nota: sobre a pesca no
Valparaiso ou Francelos remata de publicar un traballo moi
interesante Frutos Fernández "
Anotacións históricas sobre a pesca en
Francelos"

Hoxe Valparaiso inda sigue a ter o seu encanto. Novembro
do 2010. Estaba de choiva...Foto Secundino Lorenzo.
Tamén pasaba o tren e saquei este
pequeno video, a verdade que lle teño cariño o lugar...

Volver
ó RÍO MIÑO.
|