Un muíño hidráulico, hai outros tipos, é unha máquina para
moe-lo gran (sexa trigo, centeo ou millo) para obtención de fariña. Pero amigos, o muíño en Galicia é
moito máis: é arquitectura, é tecnoloxía, é historia, é
literatura...é unha
marabilla.
Para saber máis podes mirar, nesta
misma web, o esquema
do funcionamento dun muíño e algunhas outras cousas interesantes.
Tamén podes
visitar, no Carballiño (Ourense) todo un Parque Etnográfico no río
Arenteiro, o Muíño do Anxo, una gran idea do
Concello do Carballiño, eiquí, no link anterior, tes moitas fotografías deste muíño.
En Lalín, concretamente no río Lucía, tes un dos
mellores muíños de Galicia que moe actualmente, é o
Muíño de Cuiñas, eiquí tes fotografías miñas,
e
un video
moendo (25400 kb. . Actualmente moe centos de kg. diarios.
Vexamos unha pequena mostra de muíños (en Galicia hai miles):
- Debecido, borrachón,
que das voltas nun pe solo
como un tolo.
¡Toleirón!.
Trociño
da poesía de X. Crecente Vega (1933)
dedicada O Muíño.

Muíños de Mandrás no río Barbantiño. Ourense
Sin dúbida os muíños mellor conservados da
provincia no 2002, hai máis de dez muíños, por certo cunha ruta de
senderismo que merece a pena facer. Hoxe non sei como estará...Fatal...
A zona é espectacular e o entorno
paradisíaco, como casí tódolos ríos de Galicia.
Ver fotografías destos muíños.
Volvín posteriormente e xa estaban
abandonados...

Muíño de Allariz en Ourense. Río
Arnoia.
Sin dúbida un muíño perfectamente conservado.
merece a pena desplazarse a Allariz e velo.
Os allaricenses están orgullosos do muíño e do
entorno no río Arnoia e non me estraña, é fora de serie.
O pobo de Allariz é de visita obligada a
tódolos que pasen por Ourense ou queurab facer unha excursión de
visita da provincia de Ourense.
Merece a pena.

Muíño de Moldes, río Arenteiro.
Ourense.
Simplemente sobre os muíños de Ourense decir
que estamos nun paraiso, en calquera río hai muiños fora de serie,
o da fotografía é un deles.
Atoparedes muiños en tódolos ríos.
Este muíño ten nada menos que cinco bocas
de saída, polo tanto cinco rodicios nun mismo edificio...Unha
pasada.
Único en Galicia.

Muíño típico de Ourense.
Si queredes visitar un muíño típico
reconstruido ir ó "Muiño das Lousas", no Carballiño,
está doado chegar. O rematar o Parque, no río Arenteiro xa vedes a
indicación. Maravilloso.
Este muíño, que se ve na fotografía, non é o das
Lousas, pero sí é o
típico muíño galego.
O entorno dos muíños é algo que hai que
vivilo.

Muiño do Anxo. Arenteiro.
Muíño do Anxo no Parque etnográfico
do Arenteiro no Carballiño.
O parque ten moito máis cun muíño, o muiño
do Anxo con dúas das tres moas en funcionamento, o entorno
ten a casa do muiñeiro e moitas máis cousas.
Este muíño e o seu entorno é completamente
publico e pódese visitar no horario que está establecido. Merece
a pena.
Ver fotografías
miñas de todo o entorno, o muíño, etc.

Muíño do Cuiñas. Río Sta. Lucía.
Lalín.
Muíño do Xosé Cuiñas e irmáns, o que foi
entre outras cousas Conselleiro da Xunta e que morreu no 2007.
Este muíño foi do avó de Cuiñas e logo do seu pai. Por eso o de
"o fillo do muiñeiro" que lle decían a Cuíñas. que acostumaba a
dicir "Galicia nai e señora".
Un muíño que está
situado a carón do río Lucía, un afluente do río Deza, non moi
lonxe de Lalín. É un muíño privado que tuven a sorte de
ver e fotografiar.
Unha pasada de muíño con sete moas, seis
para moer trigo e unha para moer centeo ou maíz. Totalmente
mecanizadas en canto a carga e cun sistema marabilloso de moída
que pode facer nunha hora entre 2.000 e 3.000 kg.
Maís fotografías
miñas neste link.

Muíños de Folón e de Picón.
Muíños de Folón e de Picón, están
situados a oito quilómetros de O Rosal moi preto de A Guardia na
provincia de Pontevedra.
Unha ruta de 3 km. circular que hai que
facer xa que é marabillosa.
A ruta permite recorrer os dous conxuntos
de muíños, os de Picón que son 25 muíños que aproveitan o mismo
canle de auga e os de Folón que son 36 , muíños encadeados de
xeito que a auga que sae de un é aproveitada polo seguinte.
Xa no século XVII eran coñecidos.
Na fotografía, parte dos muíños de
Folón.
Maís fotografías
miñas cos muíños de Folón.
----------------------------------------------------------------------------------------------