MUÍÑO DAS LOUSAS.
CARBALLIÑO.
O muíño das Lousas está situado no
Carballiño a 28 Km. de Ourense. É doado chegar, pódese chegar incluso a
pé dende o Parque Municipal do Carballiño. Tamén se pode ir no coche ata
o mismo muíño, está perfectamente indicado, basta seguir a antigua
estrada de Pontevedra e o sair do Carballiño ir atentos, está indicado.
Merece a pena.
(Os datos que siguen están tomados dun
traballo de Beatriz Barroso Rguez. publicado na revista Argentarium, nº 1.
Gracias Beatriz).

Foto de Moncho Fuentes.
O muíño está situado no río Arenteiro.
Practicamente saindo do Carballiño.
Chámase das Lousas debido a que no tellado había lousas.
O muíño ten 5 moas, é polo tanto un dos maiores da
provincia.
Está situado nun lugar do río Arenteiro maravilloso.
Dende logo merece a pena velo.
A reconstrucción está feita con bastante gusto.
Os datos do traballo citado están tomados do muiñeiro que
comprou o muíño no ano 1941,
data na que o muíño estaba en funcionamento.
Actualmente é do Concello do Carballiño.
O muíño non funcionaba coas crecidas xa que viñan moitas
pedras que enchían o cubo e había que limpialo.

Nos mellores tempos do muíño chegaron a
traballar ata catro persoas.
Moer 20 libras podía levar entre 15 a 20 minutos.
Conta Beatriz no seu traballo que a maquia ( o que cobraba
o muiñeiro) do muiño era de dez una.
Conta tamén que traballou moito ata que a xente
deixou de traballar o campo e emigra en busca de diñeiro a Alemania
e Francia.
O Muíño das Lousas na miña visita no
2004:

Esta xa é unha fotografía da miña visita, ano 2004, a este muiño. Está a poucos kms. do
Carballiño, seguindo a estrada antigua de Pontevedra e pasado o parque de
Carballiño. Río Arenteiro.

Parte de atrás por onde entra a auga.

Outra vista do muíño. Impresionante.
Actualmente octubre de 2021 este muíño é un restaurante.

Descoñezo o autor da fotografía.

Descoñezo o autor da fotografía.