O Muíño do Anxo
 
Dende a miña páxina un 10 (sobresainte)
para esta iniciativa de restauración e exposición dos muíños da zona.
Decir que merece a pena visitar este entorno e que a idea é sensacional e
respetuosa co río. Penso que na miña páxina, en defensa da vida nos
ríos, merece un apartado especial esta iniciativa.

Un
saúdo a Juan Manuel Rodriguez Rguez., que nos atendeu amablemente na visita do día 04-01-2004.
O
prometido é deuda, e paso a expoñer o folleto completo:

O Parque Etnográfico do Arenteiro nace do desexo de
recuperación dun espacio ubicado ó pe do río Arenteiro
no que toman
especial protagonismo os Muíños do Anxo,
situados a continuación do tamén recuperado Muíño das
Lousas. O continuado interés que as autoridades
municipais venen amosando dende o ano 1995 por crear
neste singular tramo do río Arenteiro, coñecido coma O
Salto, un foco de atracción turístico e de dinamización
cultural salva un novo
chanzo coa intervención
patrimonial e musealización deste complexo etnográfico,
ó que se engadirá axiña un Camping e máis a longo prazo
o Museo da Fábrica de
Papel, como resposta a un Plan
Integral de posta en valor dunha zona do Carballiño de
especial interés paisaxístico e cultural.
Neste contexto, o Parque Etnográfico do
Arenteiro xurde da necesidade de ofertar á sociedade o
disfrute dun espacio natural humanizado de valor
incalculable a traverso da valorización dunha actividade
e dunhas
edificacións que se atopaban dende hai tempo no
esquecemento máis absoluto. Neste firme propósito, o río
Arenteiro actúa como fío conductor dun discurso
museístico centrado nuns enxeños hidráulicos que
colonizaron as augas nun claro esforzo de supervivencia,
pericia e inxenio técnico.
Catro grandes espacios vertebran e organizan o discurso
museístico, introducíndonos nunha realidade económica,
social e cultural na que atopan acomodo os diferentes
ámbitos temáticos abordados.
|
|

Estes
diferentes espacios patrimonializados testemuñan
o especial protagonismo acadado por unha industria
rural no seo da agricultura galega, á vez que permiten,
mediante a sabia combinación dunha reconstrucción
respectuosa coa complementariedade informativa,
comprender mellor o sentir dunha época a través
dos diversos vestixios materiais recopilados, nun claro
intento de recrear o latexo dunha actividade e dunha forma
de vivir que afonda as súas orixes na lonxana Idade Media.
O
percorrido suxerido comezaría no resío do Muíño Pequeño,
onde se exponen de forma tridimensionada as diferentes
paisaxes que atravesa o río Arenteiro dende o seu
nacemento na Serra da Martina ata a súa desembocadura
no Avia, augas abaixo do pobo de Pazos de
Arenteiro. A continuación entraríamos de cheo no primeiro
espacio patrimonializado sobre a base dun antigo muíño
de dúas rodas. O nome deste espacio, "o río e os muíños",
enfatiza o protagonismo do río como fenómeno xeográfico
así como soporte indispensable dunha industria rural
abundante que se multiplicou ó amparo dos recursos hídricos
proporcionados polo río. A Cunca do Arenteiro adquire
nesta sala un protagonismo inusitado en relación directa
co progresivo asentamento e instalación de enxeños
hidráulicos nas marxes do río en función dos diferentes
condicionamentos impostas por un medio físico a
veces inaccesible. Como complemento plástico e visual da
panelización existente colocouse unha maqueta en releve
a escala 1:2000 do tramo urbán do Arenteiro dende a ponte
medieval de Ponte Veiga ata a Ponte de Godas ubicada
na antiga estrada de Pontevedra a Ourense. O discurso
desta sala complétase cunha colección de rochas procedentes
da cunca do río.
|
|

Un
segundo espacio musealizado localízase no Muíño Grande
e resposta ó ámbito temático do "Muíño como industria
rural". Os fins perseguidos neste espacio parten dun
triple presuposto: a recuperación integral do muíño coa
posta en funcionamento de dúas das tres rodas existentes,
a presencia dunha abundante cultura material ligada
á actividade muiñeira e, coma complemento, unha panelización
explicativa dun gran número de aspectos vencellados
co mundo dos muíños: o muíño como artiluxio e
como edificio; construcción, equipamentos (escobas, pas
e materiais de picado das pedras); medidas agrícolas e productivas
empregadas na comarca; a agricultura comarcal
e o ciclo dos cereais: millo, centeo e trigo; esquematización
cartográfica e fotográfica da tipoloxía dos muíños
do Arenteiro e o seu estado de conservación actual.
Unha
vez visitado este espacio debemos encaminarnos
ó aterrazamento superior onde se atopa "o Pendello"
co carro, que simboliza o transporte do gran así como
as diferentes áreas de influencia dos muíños, e que á
súa vez actúa de enlace entre
grandes espacios patrimonializados,
chegando deste xeito á Casa do Muiñeiro
que define o ámbito do "Espacio Doméstico", cunha
división en dúas plantas. Na planta superior atopámonos
con dous espacios diferenciados: un espacio tradicional
onde se reconstruiu de forma fidedigna a vivenda
do muiñeiro típica dos anos 40, coa cocina, comedor,
dormitorio, retrete e faiado, enriquecido todo ¡so cunha
abondosa cultura material da época; un espacio de concepción
moderna que acubilla unha pequeña sala de audiovisuais
onse se proxectarán as diferentes unidades temáticas
vencelladas co universo muiñeiro.
|
 |

No
tocante á planta inferior da casa, esta foi reconstruida
para o seu uso orixinal, é dicir, como cuadras onde se
criaban diversas especies animáis relacionadas coa dieta
alimenticia e co funcionamento
do propio muíño (transporte). No acceso
a esta sala ubicouse unha bicicleta panelizada coa foto de
Magín González polas rúas do Carballiño. Xa no interior
deste espacio, atopámonos
coas cortes nas que se sitúan os diferentes animáis
tridimensionados así como abundante cultura material típica
do traballo no campo, símbolo dunha economía de autoconsumo
e policultivo: arados, apeiros de labranza, cordaxes,
zamarra, etc. Como telón de fondo e contraste lumínico
desta lograda recreación da época colocouse, a xeito de
pantalla corrida, a secuencia evolutiva dos muíños de auga
dende a Idade Media ata a súa
decadencia nos anos 60 do século
XX, complementada con interesantes vestixios materiais que
contribuen a enriquecer aínda máis o discurso museístico:
muíños de man de época
castrexa e romana, muíño eléctrico popularizado
nos anos sesenta, etc.
Xa
na parte exterior da casa e tras pasar baixo un
emparrado
típico, aproximámonos ó derradeiro espacio
patrimonializado,
ó que lle serve de antesala unha esplendorosa
vista
do río e do sistema de captación dos muíños que se
complementa
con catro novos paneis externos. Este novo
espacio
sintetiza de forma amena o "Ecosistema do muíño"
nunha
especie de escaparate onde se combinan cun gran acerto
o
discurso panelizado con aqueles vestixios materiais acopiados
e
cos esquemas sinxelos expostos. Unha garza disecada
protagoniza
un atractivo engadido poñendo fin a un percorrido
aleccionador
e respectuoso coa memoria histórica esquecida
|
|

Ata aquí o folleto que explica un pouco, parte do que
se pode atopar neste Parque Etnográfico do Arenteiro, no Carballiño,
Ourense.
O resto Que é moito! implica unha visita obligada.
¡Merece a pena!.
O proxecto ten uns autores que é preciso destacar:
Frco. José Fumega, Xosé Luis Sobrado e Juan Manuel Rodriguez.
Ver
ampliación destes datos.
O meu correo electrónico
é: slorenf@gmail.com para
calquera correción.
Ver fotografías do lugar. Fotos propiedade do autor da www.
Saír.
|