Saír a plantas ríos g. As
sete herbas base.

Os ditos non deixan
lugar as dúbidas: "En san Xoán, as bruxas fuxirán. ".
"No san Xoán, fouciña na man. " . Así que vamos coa fouciña
a coller estas herbas que logo espantarán, entre outros, as
bruxas.
Nota: estas son as
principais herbas de San Xoan, todas cumplen as tres cualidades
básicas: teñen un cheiro especial; como mediciña todas teñen moitas
aplicacións e por último son as millores como repudio dos seres
maléficos.
Ademais son sete e deben
poñerse con auga de sete fontes.
Subir.

HERBAS
E CACHOS.

AS HERBAS E OS CACHOS.
As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño Dumiense, obispo de Braga no s. VI, máis non puido impedir que herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para face-lo
cacho.
0 cacho consiste en recoller herbas e plantas de eficacia mediciñal e aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo, alonxa as bruxas e cura a envexa.
Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia,folla de viña blanca e outras.
Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha tina, caldeiro ou palangana cheas de auga. Déixanse fora pola noite, segundo crencias cristianas, para que San Xoán os bendiga, pero iso non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel. Tamén hai quen lle votaba chavos.
Na parroquia de Domaio tamén se puñan nas fiestras, portas, tellados e chimeneas para impedi-la entrada das bruxas. Tradicións parecidas falan de colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeita-la Santa Compaña.
Ó erguerse pola mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a cara, pés ou todo corpo, purificando a pel, e a veces protexe das enfermidades pulmonares.
A herba sécase durante varios dias ó sol para ser utilizada logo en múltiples remedios caseiros. Deses remedios seleccionamos a seguinte mostra ilustrativa: A ruda, herba luisa e manzanilla, contra os dores de barriga. A hortelán e mildrastes contra os picores das estrugas. As follas de nogueira con tres noces, cura as chagas do corpo. 0 romeo cocido con viño curaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores do gando, e sin o viño era boa para o reuma, nervos e resfriados. Loureiro e allo tríllanse para limpa-las aireadas e contra o reuma.
Contra as aireadas tamén se usaba o fume das hebas do cacho. A herba de San Xoán
limpa a cara de grans. O tromentelo era bo antídoto para evitar a caída do pelo.
Respecto a esta última, recolleuse na parroquia de Domaio a seguinte estrofa:
"Dime rapaza bonita
¿Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo!.
|
Subir.

A
NOITE DE SAN XOÁN.

Celébrase a noite do 23 ao 24 de xuño e durante o día de 24 coincidindo co solsticio de verán.
A noite de San Xoan é en Galicia a noite dos milagres e dos encantos.
As fogueiras representan outro dos ritos característicos. Chamanse lumes , lumeiradas , cachelas , cacharelas... Acéndense nas primeiras horas
da noite, despois da cea. A xente xúntase arredor delas e pasan a noite cantando e bailando . É tradición saltar a fogueira ; ten que ser varias
veces , sempre un número impar e saltando dunha vez para un lado e outra vez para outro. Ao acto de saltar chamanlle en moitos lugares salvar. As virtudes do lume do San Xoan son purificatorias , é bo contra o mal de ollo , meigallo , distintas enfermidades e ten propiedades
casamenteiras.
Nesa noite avívase e colle maiores virtudes a auga das fontes santas e milagreiras. Os doentes van tomar os baños a elas, sempre con coidado
das bruxas e aparecidos. É un costume habitual en toda Galicia recoller na tarde diferentes herbas e flores , botalas en auga e deixalas ao sereno
para que collan o orballo co obxectivo de lavarense todos naquela auga pola maña . Estas herbas denomínanse herbas de San Xoan (San Xoans ,
fiuncho , codeso, os fieitos machos, polas de nogueira, malvas, artemisa ...) que teñen propiedades menciñeiras.
A noite de San Xoan é propia tamén, para adiviñar o porvir, xeralmente en cuestións amorosas. De entre todas as practicas a mais usada é a do
ovo: as doce en punto da noite cascase un ovo e déitase nun vaso de auga que se deixa ao sereno ata o mencer. Pola maña vaise ver o ovo e a
forma que tomou, as veces un barco, outras unha capela... e polo que alí se ve adivíñase a sorte que se ha ter no ano .
É habitual nesta noite, acompañando as fogueiras, e nas zonas costeiras preparar sardiñadas, sardiñas feitas nunha grella que se comen con viño e
pan de bola.
Nos últimos
anos, esto estouno escribindo 25 anos despois, as noites de San
Xoan están moi popularizadas en Galicia e xa se conviriron en
algo fora do normal. Dende esta web aplaudo a popularización e
estou a favor de facelas, como non, pero reclamo que non poden
quedar os lugares cheos de merda...Seria moi sinxelo lograr que
se recolleran os restos de comida e botellas nun saco en cada
cacharela...
Poño unha fotografía dunha destas
noites: na Coruña na praia de Riazor e o Orzán. Descoñezo ao
autor/a na fotografía. Ano 2024.

Subir.

|
HERBA
XAN XOAN.

Herba de San Xoán
(abelouro, malfurada, abeluria...), é
outra das sete herbas básicas.
"A herba de San Xoán limpa a cara
de grans".
Está considerada como unha
planta especial contra o demo...
En mediciña é cicatrizante e
antiséptica.
Para ampliar ver este link.
|
Subir..

FIUNCHO

Trátase dunha herba básica entre
as sete fundamentais para a noite de San Xoán.
Esta é a que corre os malos
espíritus. Especial contra o mal de ollo.
Como mediciña é especial contra as inflamacións de
ollos, pero tamén para a asma e as malas dixestións...
Para
máis datos pulsar este link.
|
Subir..
HERBA
LUISA

A herba luisa sempre se
utilizou para todo.
Moi boa para os dores de estómago e barriga.
Tamén contra os gases e os dores de cabeza.
Cheira moi ben...
E tamén unha herba especial
para os amoríos...En castelán recibe o nome de verbena xa que tamén
se asocia coas troulas de noite...
Máis datos
ver este link.
|
Subir.

CODESO

O codeso, en realidade é unha
xesta, ou sexa da familia dos Cytisus, utilizase para barrer a
casa dos malos espíritus. Normalmente cóllese unha xesta ou retama e
faixe un escobón.
O normal é usar unha planta
como a Cytisus que son as xestas típicas, concretamente a Cytisus
purgans, que algúns lugares chaman piorno ou codeso.
Para máis datos
pulsar este link.
|
Subir.

FENTO
MACHO

O fento macho é outra
das sete herbas básicas da noite de San Xoán.
O fento macho é velenoso. Era moi
apreciado contra as tenias.
En xeral é un antiparásito moi
bon. Síguese usando polas súas propiedades pero
a súa administración é complicada, xa que, repito, é velenoso.
Dicen que a noite de San Xoan
bota flor; xustamente a medianoite.
Para
máis datos ver este link.
|
Subir.

MALVA.

A malva é outra das
sete herbas fundamentais. Sirve para todo: resfriados, bronquitis,
afeccións dixestivas, nervios, etc.
Dice o dito galego: "cun
horto e un malvar hai menciñas para un fogar". Efectivamente a malva
cura todo.
Máis datos
pulsar este link.
|
Subir.

ROMEO

É moi bon para a reuma, artritis,
trastornos do sistema circulatorio, depresión, etc.
O romeu realmente é a herba que
protexe e purifica os fogares galegos por excelencia.
En Galicia tamén se utiliza para
os dores da gorxa.
Para más datos
pulsar este link.
|
Subir.

Romance da fror da auga fría..
-
Segundo o romance, a que logra coller a 'frol da auga
fría' na mañanciña de San Xoán non volta soia á súa casa.
Para elo hai
que desplazarse a unha fonte e coller na palma da man a flor
que hai normalmente onde cae a auga da fonte. Esa flor que
se chama "flol da auga fría" traeará moita cousas bonitas...
En outras composicións populares teñen igual poder esta
noite, a pinga de orballo que se agocha no cáliz dunha flor,
que a moza atopa. Presentando unha variable desta crenza un
romance no que Xesús, na cruz, é socorrido pola anduriña e a
labandeira. En pago, o Señor, concédelles certos favores,
entre os que destaca o da labandeira, esto é, que cando o
día de San Xoán colla unha pinga de auga no pico e a deixe
caer sobre unha moza que se bañe antes de saír o sol, esta
sería feliz.
Corre, meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che tén que dar
Se arraiar,
se arraiará
tódalas meigas levará,
se arraióu,
xa arraióu,
tódalas meigas levou
Subir.

|