Trátase dunha planta apiácea, coñecida e abondosa que cheira moito. Cheira a anís.
As follas son coma fíos. Bota as flores polo verán de cor amarela. Cando as flores dan froito, chámanse anises. As follas empréganse nos maios.
É unha das sete plantas básicas para facer a mestura para elimina-los malos espíritus a noite de San Xoan.
A fotografía está sacada en Ourense, a carón do río Miño, polo paseo de Quintela.
É bastante abondosa. Perenne.
Fiúncho no paseo do río Barbaña. Ourense ciudade.
Trátase dunha planta coñecida e abondosa que cheira moito.
As follas son coma fíos. Bota as flores polo verán de cor amarela. Os tallos son brilantes.
Cando as flores dan froito chámanse anises, e o parecer bótanse as castañas para cocer. As follas están dispostas en grandes umbelas.
As follas empréganse nos maios.
Pra facer o Maio/ fumos a roubar/ frores e fiúncho,/ quixéronnos matar
É unha das sete plantas básica para facer a mestura para elemina-los malos espíritus a noite de San Xoan. Os froitos tamén se utilizan para facer anís.
Dase moi ben en terrenos secos, baldíos, terrapléns e a carón dos ríos.
En castelán chámase hinojo común, en galego fiúncho e fiollo, e en portugués funcho.
De ata 2 metros, con tallo estrilado brilante, glauca e olorosa.
Folla de contorno triangular, con lóbulos filiformes de extremo cartilaginoso.
Umbela con 4-30 radios xeralmente sin brácteas; flores amarelas.
Dase ben nos bordes de camiños, estradas, etc.
O fiúncho é especial para as flatulencias, malas dixestións, inflamación intestinal, inflamacións dos ollos, tos, asma...para casi todo.
O froito ten un aceite esencial con anetol que é moi bon para todo o anterior.
Ollo: ten contraindicacións. Para ver estas infusións é interesante o libro "Plantas y remedios naturales de los Caminos de Santiago" de Txumari Alfaro.
Fotografía do autor da www.
O fiúncho presenta na parte de abaixo un talo robusto, como se pode ver na fotografía de Debra Teachout-Teashou.
O fiúncho presenta un talo corpulento. Fotografía do autor da www.
Outra fotografía.
Para rematar unha fotografía que me gusta especialmente, nela vese perfectamente porque a esta planta se lle chama fiuncho: