"UN DÍA NO
INVERNADEIRO".
PARQUE NATURAL DE OURENSE.
"Outono de 2012" -
"outono de 2013"
Como chegamos. Comentario...

Dende Campobecerros
(onde se chega dende Verín por unha boa estrada, son 21 kms.)
ata as Primeiras Casas da Ribeira Pequena hai 5,7 km. asfaltados e
3,7 km. sin asfaltar pero boa carretera. Está perfectamente indicado
e non ten perda seguindo os carteis.
Logo dende as Casas
da Ribeira Pequena á Aula da Natureza, xa na Ribeira Grande,
hai 11,5 km. de boa carretera pero sin asfaltar. Esta estrada vai
seguindo o río Ribeira Pequena ata chegar a confluencia dos dous
ríos, e logo sigue o río arriba pola Ribeira Grande ata chegar
a unha Ponte e subir as Casas, onde está a aula da Natureza e as
casas con servicios para quedarse no Parque (Ver mapas).
Hai que pedir permiso
a Medio Ambiente, uns días antes da excursión, para visitar o
Parque; basta chamar por teléfono o 988386376, dar os datos do
responsable da excursión e o número de visitantes. Por Email poden
mandar o permiso directamente. O garda do Parque veo ata as Casas da
Ribeira Pequena a pedirnos o permiso e darnos algunhas normas e
responder algunhas das nosas preguntas.
As
flechas verdes
foi a excursión que fixemos pola mañán
"A ruta das troitas"
e que describo máis abaixo e as
flechas azuis
a excursión que fixemos pola
tarde, "A ruta da auga"
a e que tamén describo
máis abaixo.
Pola nosa banda fomos dous: Julio
Taboada e máis eu Secundino Lorenzo. Día de visita 26/10/2012. A
entrada tiña que ser entre as 9:00 e as 11:30 e a saída as
17:30 como máximo. Estas horas varían según a época do ano...
A experiencia foi
sensacional. Merece moito a pena, o lugar é único e dunha
riqueza, tanto en flora como en fauna fora do normal é único.
Imprescindible a visita para os amantes da natureza. Non apto
para o resto...
No que sigue porei
uns mapas e unhas fotografías que nos sirvan a nos para repetir a
visita e profundizar no Parque, quedou moito sin ver..., e os
que visiten esta web "sobre a vida dos ríos galegos" lles sirva para
orientarse e programar as súas visitas.

Detalle sacado de
Google Earth xa simulando 3D. O invernadeiro son 5.722 Ha (Ou 5.722
campos de fútbol) traducindo un pouco máis e transformando o
Invernadeiro nun cuadrado tería 7,56 km. de lado.
As camaras
fotográficas levan emparellado sendas fotografías precisamente dende
o lugar onde están situadas, por eso si se pulsa
nelas, nas cámaras, veredes esas fotografías.

Detalle da estrada
para chegar o Invernadeiro dende Campobecerros. Ten 5,7 km asfaltado
o resto 15 de terra pero está perfecta.

--------------------------------------------------------------------------------------------------

Fotografía das Casas da Ribeira Pequena
sacada dende un mirador que hai na estrada dende Campobecerros ata o
Invernadeiro. Outono de 2012

Parque Natural
Invernadeiro. Casas do Parque. Ribeira Grande. Aula de Natureza e
servicios para os visitantes.

O río Ribeira Grande eu penso que é o
río máis conservado da nosa comunidade. A fotografía está sacada na
presa do centro de ictioloxía que ten o Parque natural. Outono de
2012.
MÁIS DATOS DO
INVERNADEIRO. PARQUE NATURAL. OURENSE.