O mapa presenta a particularidade de que no
habían feito o Encoro das Portas polo tanto pode verse ata Veigas de
Camba que quedou debaixo do encoro. Tamén o sistema de ríos que dan
lugar o encoro entre eles o principal que é o Camba que observar ven
de Campobecerros e únese en Entre Ríos cos ríos Ribeira Pequena e
Ribeira Grande que forman hoxe o Invernadeiro. Por suposto están
tamén a cantidade de regatos incrible.
Neste mapa vese o valor do Invernadeiro
como reserva do mellor que temos en Galicia, xunto có Courel e os
Ancares.
Actualmente o Encoro das Portas, a súa cola
chega un pouco máis arriba de onde desemboca o río Cernadiño dentro
do río da Ribeira Grande e polo outro lado no río da Ribeira Pequena,
chega a onde remata a palabra Pequena (seguir o río arriba...).
Polo outro lado o encoro chega
prácticamente a Campobecerros.
Ver o mapa actual e comparar:

Mapa da
Diputación de Ourense 1995. As flechas están
postas polo autor da web e señalan a ruta que seguimos
para chegar o Invernadoiro dende Campobecerros e logo as
dúas rutas que fixemos: a Ruta das Troitas (flechas
verdes) e a Ruta da Auga (flechas azuis).