As
flechas verdes
foi a excursión que fixemos pola mañán
"A ruta das troitas"
e que describo noutro apartado e as
flechas azuis
a excursión que fixemos pola
tarde, "A ruta da auga"
a e que tamén describo
noutro lugar.

Casas da Ribeira
Grande. Os comedores, servicios e dormitorios. A dereita a Aula da
Natureza. Fotografía S.L.F.
En xeral o Parque
Natural O Invernadeiro é unha auténtica marabilla de principio a fin
e poucas moi poucas cousas podo criticar. Por outra banda quedan por
facer varias rutas como a Ruta da Ortiga, a Ruta dos Cercados, a
Ruta de Aceveda, a Ruta do Depósito e tamén unha
ruta que hai dende Campobecerros que permite unha vista xeral de
todo o Invernadeiro.

Casas da Ribeira
Pequena. O Invernadeiro.Fotografía S.L.F.
O positivo é a flora e
a fauna que atopamos, a limpeza, é dificil atopar unha cabicha, inda
que algún desalmado deixou unha botella pequena de auga en algún
lugar das rutas que fixemos. Hai moito cabestro solto e non
precisamente da fauna do Parque. O Parque soio pode ser visitado por
30 persoas máximo o día, o cal é moi positivo, así como o feito de
soio poder entrar por un lugar e o resto ter que patealo. O Parque
vese coidado e vixiado ó cal tamén é positivo. As instalacións
francamente boas e sin alardes. A enerxía está montada en base a
placas solares, situadas por riba da Aula da Natureza, e non se ve un cable no Parque o cal é de agradecer.
As rutas están explicadas fantásticamente en paneis que non estorban
a vista e rotuladas na súa totalidade de forma discreta. Ata aquí un
10.

Corzos. Fotografía
sacada polo autor da web. Non é dificil ver fauna no
Invernadeiro.Fotografía S.L.F.
O negativo para
algúns é que hai moito pino, a mín tamén me parece que hai moito,
e boto de menos un pouco máis de bosque autóctono, pero hai
carballeiras dabondo onde os robles e os cerquiños están a par; por certo un pino
Pinus Silvestris distinto, non hai que esquecer que o
Invernadeiro foi de Papelera Española S.A. ata 1984 e que tuvo un
incendio moi grande. O bosque de ribeira é auténtico e moi ríco en
especies.

Nesta fotografía do
río Ribeira Grande vese o que estou a dicir, o bosque de Ribeira é
incrible, aquí vense un acivro e dous bidueiros, enfrente un
amieiro.

Capudre (Serbal en
castelán)
moi abondoso na zona. No outono ponse desta maneira marabillosa. Por
certo polo camiño atopamos moitos excrementos que tiñan estas
boliñas do froito do capudre. Hai moitos animais que se alimentan
deles, sobre todo paxaros.
Tamén se pode
criticar o feito de que os animais como corzos, gamos, rebecos,
cervos, etc. estén en cercados, pero eu penso que eso non ten
moita solución e asegura a sobrevivencia do Parque, ademais estes
cercados son realmente amplios. No contorno do bosque pódese cazar,
cousa que me resulta un pouco rara e estraña, claro que o diñeiro
anda polo medio e xa se sabe...É unha opinión.

Visión de conxunto da
Ribeira Pequena dende o mirador que está baixando as casas.
Fotografía S.L.F. Por esa estrada de terra, en moi boas condicións,
baixe dende as casas da Ribeira Pequena ata a Ribeira Grande.
--------------------------------

Neste dibuxo tendes as
tres zonas nas que se divide o Inverdeiro, dúas delas, por riba do
trazado azúl, e entre o anaranxado e o azul non se pode pasar. O
dibuxo está sacado do folleto que entregan os Gardas do Invernadeiro
actualmente.
Datos
Técnicos:
O Invernadeiro ten
5.722 Ha (Ou 5.722
campos de fútbol) traducindo un pouco máis e transformando o
Invernadeiro nun cuadrado tería 7,56 km. de lado.
Está dividido en tres
zonas. A zona alta que é unha
reserva integral, a zona de Media Montaña que é unha zona de proteción especial,
e por último a zona de uso público que é onde
están as rutas que o público pode visitar, repito pedindo permiso a
medio ambiente no teléfono 988386376, con varios días de antelación. O
acceso polo tanto é restrinxido
(máximo 30 persoas, entrada entre as 9 e
as 11:30; saída as 17;30, estas horas dependen por suposto da época
do ano).
-------------------------

Sensacional fotografía
do Invernadeiro, o fondo o encoro das Portas. Descoñezo o autor da
fotografía.

Datos
Históricos: O Invernadeiro
arranca históricamente na época romana onde se someteron como outros
montes da Provincia, como as Médulas, a explotación aurífera. No
medievo a zona era apreciada polos nobles simplemente para cazar.
O non ter propiedade os
monxes non houbo problemas na desamortización de Mandizábal polo
tanto chegou integra, sin dividirse, o século XX onde
pasou a mans de Tabacalera S.,A. e despois dun incendio en 1984
comprouno a Xunta de Galicia.
----------------------------------------------------

Pequena relación do
que se pode ver no Invernadeiro. Esta tabla ten a curiosidade
engadida de que si tocades en cada fotografía tendes a ficha
completa da miña páxina web. Logo podedes regresar pulsando flecha a
esquerda.
Datos de
Fauna e Vexetación: O Invernadeiro
é un auténtico xardín botánico, no que podemos ver nada menos que 90
aves, 40 mamíferos, 15 réptiles, 10 anfibios e 5 peixes. Vamos...a
fauna completa de Galicia. Un auténtico Parque Natural único. A
razón de tanta riqueza é que o Invernadoiro é unha zona de
transición e polo tanto presenta vexetais máis claramente
mediterraneos.
Chama a atención os
bidueirais, nos que aparece o capudre e o acivro, marabilloso. Tamén
hai carballeiras nas que se mezcla o carballo e o cerquillo.
Tamén aveledas e
amieiros.
Abunda tamén o Laurel e
os pradairos.
No monte destacan as
uces e as xesteiras.

Unha vexetación de
alucine...O Capudre.
-----------------------------------------------------------------------------------------
IMPORTANTE