Sable
O
Sable ou sábel
, en castelán
Sábalo foi o peixe máis importante
dalgúns ríos galegos, en particular o RÍo Miño. Foi o chamado "cocho do
Miño" e sin lugar a dubidas cando subía polo río Miño ata Lugo
era a riqueza deste río, entre outros peixes. O sábalo da
lugar o nome de Pai Miño que se lle da a este río sobre todo
nos últimos kms.
O nome científico do Sable é Alosa
alosa.


Pode botar ata 83 cms os 10 anos e
4,5 kg. de peso. O
normal son 35-40 cms con un peso de 1 kg. inda que pode botar ata 4,5 kg.

Na pesca no baixo Miño, en tempos, soio se
collían exemplares superiores a 3,5 kg. de peso.

Nesta fotografía sacada do libro
Ribeiras del "Baixo Miño" 1997 de
Praxiteles González vese a un pescador, Plácido
Martínez mostrando tres "promesas" que lle corresponderon na pesca
do día. As "promesas" son tres sábalos de máis de 3,5 kg. Cando nun
lance a rede traía máis de 20 peces eran dúas "promesas" si ademais
traía un salmón era unha máis.
Os menores
de 3 kg. llamabanse "samorjas"
Dicen, os que tuveron a sorte de telo no plato
para comer, que o sable do río Miño, era exquisito de sabor;
da categoría do salmón.
“Boa é a troita, millor o
salmón, bo é o sábalo cando é de sazón”.

A
sábalo ten varios
nomes: sable, sabel todos
eles nomes que se lle da o sábalo en Galicia. En
Portugal chámase sável.
Viven no mar e soben a desobar os ríos,
son o que se chaman anádromos. En Galicia soio se ven algúns na zona
baixa do río Miño, no Umia e no Navia.
Bueno, rectifico, no río Umia, co
encoro de Caldas e cós últimos desastres de contaminación xa lle poden
decir adeus o sabel.
No río Miño únicamente ata Frieira. Pero moi
poucos xa que o encoro de Frieira no lle gusta a esta especie. E non lle
gusta xa que os encoros baixan moito a temperatura da auga,
fundamental para esta especie. Por suposto tamén a contaminación non
anima os sables a desovar no río Miño.

En tempos colleuse sabel no río
Miño en Ourense. Casi nada...
Hai constancia de atopar sábalos no
río Miño en Lugo.
Hoxe, ano 2013, a xente do Baixo
Miño sabe que o sábalo desapareceu casi totalmente. As razóns hai varias
pero en primeiro lugar as grandes presas como Frieira, Castrelo que fan
que a temperatura da auga non sexa a adecuada. O sábalo non sube por
esas augas. Ademais a contaminación fai o resto.
O sábalo era abundantísimo no río
Miño, nos anos de abundancia e soio co método de rede do "alxarife" as
capturas podían superar as 30.000 exemplares. esto botaba un peso
incrible xa que neste sistema de pesca soio se quedaban na rede os que
superaban os 3,5 kg. O lector que multiplique...
Ese número quédase corto xa que o
sábalo tamén se pescaba ó trasmallo polas noites e tamén entraban algúns
nas lampreeiras.
Era unha riqueza incrible para
todos. Por eso se fala de "Pai Miño".
Os que queirades
profundizar no tema do sable tendes este link meu
con todos os detalles deste peixe mítico...

Típico Sable do río Miño. Foto Eliseo Alonso..
Cousas que hai que ter claras sobre
o Sábalo en Galicia:
Foi o
peixe máis abondoso do río Miño en tempos.
É un animal que hoxe (outubro 2020) está en peligro:
Hoxe ten moitos inimigos:
aparte dos encoros, que non deixan reproducir a esta especie, os purins de todo tipo, a contaminación, a inexistencia de depuradoras na maioría dos pobos e nas
súas industrias, os incendios, os aproveitamentos
indebidos de ríos,
os que envelenan os ríos, a pesca intensiva, entre outros.
Había
sable nos río Umia e no Navia sobre todo na parte baixa, hoxe xa
practicamente non existen nesas zonas. Igual que no río Miño, suben
algúns pero desapareceron casi totalmente.
Actualmente (2020) está a
tratarse este tema para conseguir que o sable volva a subir. de
feito botáronse 20 exemplares de sábalo, proxecto migramiño,
ver este link.
Non confundir o sable e a
zamborca:
Diferencias sable-sabela.
 |
A Alosa alosa, o
sable, é normalmente máis grande, as escamas
máis visibles, a cola é distinta, a liña lateral
inexistente e dende o medio para atrás parece unha
quilla. Presenta normalmente unha soia mancha negra
postopercular, que nesta fotografía se ve perfectamente.
Ten tamén branquispinas moi numerosas entre 85 a 130 e
máis longas que os filamentos branquiais.
|
 |
A Alosa fallax, a
sabela ou zamborca, é máis pequena pero máis
robusta. O aspecto é distinto. Ten unha mancha negra na
parte lateral superior do corpo, pero logo
presenta de 5 a 10 machas que disminuen de tamaño o
longo do corpo. Ten tamén branquispinas pero son curtas
e o seu número varia de 30 60, ou sexa que ten a mitade.
|
A freza ten lugar de febreiro a xuño e en
xeral está precedida dun remonte colectivo de reproductores , os
adultos revelan a súa presencia gracias a axitacións moi visibles na
auga.
O sábalo alcanza a madurez sexual
os catro cinco anos.
Suben ata augas máis templadas e
dende logo limpias, desovan e a maioría morren.
O sable pón 50.000 ovos por kilo de
peso.
A temperatura da auga ideal está
entre 17 a 18º cousa sumamente dificil cós encoros, que enfrian
moitísimo a auga do río Miño e outros.
Os ovos, deposítanse sobre o fondo e logo a deriva. Eclosionan o
cabo de 4-5 días. Os novos unha vez que alcanzan unha lonxitude de
8-12 cms, abandonan as augas doces entre os meses de agosto e octubro e
permanecen no mar ata alcanzar 30-40 cms. A continuación suben e volve
a comenzar o ciclo.
Saír
