Algunhas palabras relacionadas coa
pesca da troita en Galicia
Pesca da troita, de
forma legal.
(Palabras relacionadas con esta pesca)
As troitas hai que pescalas con
cana e cumplindo as normas legais, publicadas tódolos anos no DOGA; o
pescar doutro xeito é un roubo que se lle fai os
ríos galegos e os pescadores que amamos a pesca...

Troitas pescadas polo autor da
web no río Xares en Ourense. As técnicas usadas foron a
culleriña, con ela collín unha troita, e o resto con trallo de tres
moscas e buldó ou boia pequena. Faltou unha troita para o cupo. A
medida 19 cm. ou máis cms. Maio 2011.
No que sigue tendes uns cantos
trebellos, que son os aparellos ou utilidades que se usan neste caso
na pesca.
As formas
legais,
polo tanto autorizadas no DOGA (diario oficial de Galicia) no
caso de Galicia, son todas
pesca con cana,
dependendo da época do ano son entre outras: a culleriña, a mosca (con
cola de rata ou con buldó (chámase
trallo
o buldó
e o fío coas moscas colocadas) ou a tralla), a cebo natural ( vivo (mioca, bechocos,
gusarapas, saltóns, grilos, moscas, ras, lesmas, etc), morto (calquera dos
anteriores), natural
ou non), con devón e peixes artificiais, poppers e vinilos.

Cana normal, feita de "cana de ribeira,
seca e dereita".

Cana de bambú, moito mellor que a
anterior, máis flexibilidade na punteira e máis resistencia. Por
certo ten como carrete un "Sagarra", fotografía da
dereita, que foi co que empezamos
a maioría dos pescadores dos anos cincuenta, sesenta e setenta.

Cana actual, esta é lixeira e de lance
de culleriña ou mosca. por suposto que as hai de varios tamaños.
Esta ten anelas para conducir o fío preto da liña da cana. Este carrete xa é moderno;
algúns dan máis de cinco voltas en cada golpe de manivela, unha
pasada.
A pesca
con cana ou canaveira
ten varios términos que convén poñer neste dicionario fluvial
como: a cana antigua que levaba dous trozos o máis forte o
couce
e o máis flexible a punteira.
Na punteira é onde se ata a tanza, sedal
ou sedela. Pode ir
emplomado por dous ou máis plomos
ou levar tamén unha boia
ou corcho ou flotador. Na punta do sedal leva mediante un no o
anzó.
O anzó vai encabado
(anudado).

Anzós. Neste dibuxo vese como se fai
o encabado do anzó, nada fácil por certo...
O anzó leva na punta o
garfelo ou arpón que se utiliza na
pesca con morte e que hai que quitar na "pesca sen morte", pode
machacarse cuns alicates por exemplo. O garfelo fai que o anzo sexa
dificil de desclavarse da carne.

Plomos que se colocan, normalmente
por riba do anzó no sedal.
Para a troita normalmente non se pon
boia, e na punta leva varios plomos, según o tiro do río,
e por suposto o anzó que para mioca soe ser do nº 4, para
saltón e becho suizo (o bicho do mel que é máis grande que o
becho blanco) do nº 8.
Por suposto que a cana podía ser de un, dous, tres ou máis
tramos. Hai canas que os tramos van saindo para fora según a
necesidade e o ancho do río. Tamén pode levar un carrete para lanzar o fio e o cebo. Era
tamén normal que levara anelas
para conducir o sedal.

Na fotografía, sacada no
río Lor, vese a un pescador, Julio T. Pájaro, cun
"traxe de augas" con capucha. e botas de pescar, e
ten na man unha cana de lanzar de carrete. Estaba
pescando troitas a culleriña. Ver esta modalidade
máis abaixo...
O
material antiguamente era de cana de ribeira pero tamén de
bambú, esta era a mellor. Actualmente xa son de fibra de vidro ou
carbono, menos pesadas e con mellor lance, pero non por eso máis
efectivas.

A "pesca á tralla", que por certo foi o primeiro
método para pescar troita que aprendín, consiste en simular na tona da
auga a caída natural dunha mosca ou calquera insecto voador. Faixe cunha
cana moi flexible, un fío xeralmente fixo na punteira da cana,
e una simple imitación do insecto. É unha pesca moi efectiva e
espectacular. (É totalmente legal. Ollo ver máis abaixo as condicións.
Ano 2016). Fai pouco vín a un pescador que
utilizaba este sistema nada menos que no río Lor, cunha cana que
desplegada, según a conveniencia, pasaba dos cinco
metros. Soio usaba unha mosca na punta. Unha pasada. Este tipo de
pesca chámase en moitos lugares "pesca ó
varal". Por certo que nas leis de pesca de
2016 en Galicia esta pesca queda condenada a que a sedela vertical sexa máis da
metade da cana ou vara; esta condición elimina a pesca en
pequenos regatos ó Varal xa que con esta condición é moi dificil
practicala por non decir imposible.
Neste sistema está incluido a "pesca
ó mosco" que tanto se utiliza en Lugo, e que por certo é moi efectiva, o
mosco son imitacións de insectos e péscase a tralla. O nome é galego auténtico...
Ollo este sistema tamén está afectado polas limitacións da pesca ó
Varal, xa que según as leis de pesca da tempada 2016 a sedela ten
que ser superior a metade da cana.

A "pesca sen morte" está a impoñerse hoxe en Galicia
entre moitos pescadores, básicamente consiste en pescar a troita, con
cebos non naturais e anzós especiais como culleriñas sin arpón e
moscas sin arpón, pero
inmediatamente soltala para que siga vivindo. Por suposto require uns
coñecementos básicos, ver máis abaixo...

Na fotografía o pescador
está aproveitando o sereno seguramente pescando con mosca artificial.
Por suposto pode ser con
cola de rata, con trallo ou simplemente a tralla, como se chama en
Galicia.
Persoalmente, a pesca
con mosca, é a pesca
que máis me gusta e que máis satisfacións me ten dado o longo de
máis de cincuenta anos no río. O meu sistema é a pesca con
trallo inda que os meus primeiros pasos foron a pesca a
tralla. Tamén fixen as miñas probas con cola de rata e
as veces con cebo natural.
No verán a pesca que máis me
gusta é con saltón e grilo, hoxe prohibido en Galicia,
na maioría dos ríos, a partires do un de xullo. Hai río
nos que se pode pescar, polo menos no 2016 en Galicia,
como o río Miño, o Arnoia e outros; ver as leis de pesca
no DOG de 17 de febreiro de 2016.

Neste caso o
pescador faino con cola de rata, unha modalidade inglesa que está a ter
moita forza hoxe en Galicia. Esta modalidade non é nova, en 1945
xa había pescadores que a usaban e de forma moi efectiva.
Básicamente é
unha cana, un sedal especial tipo látigo que se chama
cola de rata, unha baixa liña e as moscas (plumas) en todas as súas modalidades: seca, afogada, etc.
En Galicia dende fai
moito tempo a troita pescábase a
"tralla", algúns dicen o tralleo. Tamén se chama
"Varal".
Lembro dun pescador fora
de serie, que inda vive e que se chama Manuel Portela; é un
pescador extraordinario á tralla; simplemente cunha cana moi
flexible, de tres metros aproximadamente, e metro e
medio de punteira e unha soia pluma na punta, sin lastre.
Foi o meu mestre
de pesca en Ribadavia.
¡Que
forma de entrar as troitas e qué marabilla de pesca!.

Neste outro caso, que é
o meu, o pescador vai pescar troitas a mosca pero
utilizando como lanzadeira do cebo, que son moscas artificiais
feitas a man e imitando a insectos que teóricamente hai no río,
unha esferiña de plástico, chamada buldó, neste caso que se enche de auga e que
vai permitir lanzar a certa distancia as tres, neste caso,
moscas artificiais. O conxunto do buldó, as moscas e o fio
chámase trallo.
A lanzadeira do
trallo non é fácil, normalmente en ríos pequenos o
sistema que se utiliza é o chamado
"lance a ballesta" ou
"lance a bésta"
que consiste en coller o buldó e facer, tenxando o fio e
a punteira da cana, unha bésta, arma composta dun arco
flexible, suxeita a un mango e que permite lanzar
frechas, pedras, etc. , para soltando o buldó
lanzar todo o aparello. Este sistema permite unha gran
precisión a pouco que se ensaie.

Pallareta. Típica
mosca afogada que nesta caso imita unha avispa.
Imprescindible.
Logo vai recollendo e as
moscas veñen por riba da auga ou un pouco afogadas algunhas
imitando os insectos voadores e de forma que incite a troita a
coller o engano. Chámanse moscas afogadas.

Típica
mosca seca, trátase do "cu de pato", con
algunhas variantes nas ás que lle puña de galo
de León pardo. Esta mosca é a que máis troitas
me ten dado con moitísima diferencia... Sempre
no primeiro lugar do trallo, ou sexa como mosca
saltona. Corpo bermello con
brincas negras.
Outras
veñen pola tona da auga, simplemente, é o que se chama
mosca seca
e tamén se chaman
saltonas.
Eu preferentemente en río pequenos
utilizo este trallo:


As miñas moscas preferidas de
toda a vida para abril e maio. A primeira da dereita é a
mosca máis pescadora de todas con moita diferencia. As
outras dúas son tamén básicas. Tamén utilizo a oliva, a
pallareta e a falanxista, así como algún tricóptero que
son moi pescadores.


Nos dibuxos da
esquerda tendes en primeiro lugar un
trallo con tres
plumas (imitacións artificiais de moscas do río).
Persoalmente, casi sempre pesco en ríos de montaña ou
pequenos, non utilizo coleira, sin ela lanzo
mellor, inda que recoñezo é moi pescantina, e
utilizo soio tres plumas. As dúas primeiras despois da
boia ou buldó van afogadas ou sexa debaixo da tona da
auga e a primeria procuro que sexa seca e que vaia
bailando por riba da tona.
Para ríos
grandes como o río Miño, Arnoia, Avia, Lor, etc. mellor
o trallo de cinco plumas e buldó grande.
No seguinte
tendes unha mosca de pesca
ou pluma
e o soporte onde se monta. É toda unha cultura incrible
a que hai co
montaxe das plumas.
Hai auténticos mestres no montaxe delas. Por suposto as
plumas dependen do río, mes, caudal río e do momento de
comida da troita, entre outros factores...
Son famosas en
todo o mundo as
plumas de León
feitas en base as plumas duns galos
especiais.
Por debaixo está
a fotografía dun galo pardo típico dos que se crían en
León. Das súas plumas saen as moscas ou plumas,
normalmente que se poñen na cabeceira e na cola. Repito
todo un arte...
Persoalmente
sempre me gustou máis a "pluma
parda", fotografía da
dereita, que a lisa que se chama "pluma
india",
fotografía da esquerda.
Outra modalidade de pesca da
troita e a "pesca á ninfa",
trátase de pescar con mosca afogada que semella unha ninfa que sube
do fondo do río e posteriormente voa para aparearse, ou sexa a ninfa
lastrase cun plomo, ver as figuras de abaixo, e logo trabállase para
que poida entrar a troita a este cebo, facendo mover dende o fondo a
ninfa. É unha pesca moi efectiva e pescadora. Na normativa da pesca
da troita de 2016 queda prohibida esta pesca con varias ninfas.

Estos
trallos de pesca a ninfa están prohibidos en
Galicia, normativa de 2016. As moscas van no
aparello lastradas cun plomo ou unha bolla ou buldó.
Por suposto está autorizada a pesca
cunha ninfa.
No seguinte
dibuxo tendes cinco culleriñas. Eu utilizo soio
culleriñas do 0 ou do 1. Teño visto culleriñas do 5 que
se utilizan para pescar salmón. Tamén unha culleriña
típica para ver como son realmente. As pas, que é o que
xira, en realidade o xirar semellan un aleteo ou baile,
que algúns, como Xela Arias, o traducir a estancia XV do libro "O bosque
animado", que escribe sobre este tipo de pesca da troita no "Un
insecto riba da auga", escribe borneos, hainas de moitos cores e pintas. "Cada maestrillo
co que seu librillo" ...
No río Miño unha
culleriña do nº 4 vai dabondo.

Neste outro caso a
pesca intenta ser
a culleriña,
para elo lánzase a auga o artefacto que
se ve na fotografía, collida entre os dedos, que os hai de
varios dimensións, o da fotografía é do nº 1, bastante pequena.
A culleriña o entrar en contacto coa auga e debido a que se
recolle con certa rapidez semella un peixe escapando ou
simplemente un animaliño que incordia a troita e esta fai
un ataque que moitas veces é a súa morte xa que a cullerilla
leva tres anzós que actuan trabando a troita.
Hai miles de culleriñas
que se diferencias polos seus cores e polo tamaño (dende 0 ata o
5). No lance influe moito o peso da culleriña, a cana e por
suposto o espesor do fío (no é o mismo lanzar cun fio do
14 ou 16 que cun fio do 18 o 20 ou o 25, estos fíos
veñen en décimas de mm. de forma que levan asociada unha
maior ou menor resistencia a romperse. Persoalmente
pesco cunha cana de 1,8 m e un fio de 1,6 mm ou sexa do
nº 16. A resistencia deste fio hoxe supera os 3 kg. As
culleriñas que utilizo son do nº 0 e do nº 1.

A pesca con cana
é
a única autorizada para a pesca da troita en Galicia.
Aparte da pesca con
culleriña, a pesca con mosca nas súas modalidades de cola de
rata, tralleo ou pesca con buldó, a pesca con señuelos de todo
típo, como peixes artificiais de imitación, devóns, vinilos,
poppers, streamers ; hai a pesca con cebo natural que é moi
utilizada.
A pesca con cebo natural
vai
dende a pesca con mioca ou miñoca, pasando por pescar con
bechocos, gusarapas, saltóns, grilos e un longo etc.
Esta pesca é tamén moi
efectiva inda que en algunhas das provincias, como en Ourense,
están hoxe (2010) prohibidas a partires do mes de xullo,
por certo medida que non remato de entender por que nas outras
provincias si e nesta non. Ou sexa en Lugo por exemplo pódese
pescar con saltón dende o un de xullo o quince de agosto e en
Ourense non. A verdade é que non se explica moito esta
discriminacións...
Para estas
pescas con cebo natural, únicamente se utiliza
unha cana, normalmente longa, máis de 4,5 m., un sedal
por exemplo do nº 18 e un anzó, para mioca do nº 4 e
para saltón e grilo do nº 7 ou 8. Por suposto que hai
variacións según os pescadores...
É moi importante
neste tipo de pesca o chamado
cachete que é o tirón seco que se
executa co pulso para cravar o peixe. Tamén se coñece
como acción de cravar. É moi importante sobre todo cando
a pesca é con cebo natural.
Nota: no 2012 a
pesca da troita péchase o 31 de xullo.

Actualmente está a porse
de moda a pesca sen morte
que básicamente leva emparellado dúas
cousas: primeiro usar aparellos que dañen o mínimo posible á troita, por exemplo anzós sin arpón, moscas tamén sin
o arpón, etc...
O segundo é soltar a troita, pero evidentemente cuns poucos coñecementos básicos,
que deben aplicarse, como
poden ser facerlle o menos dano posible, quitando o anzó con
moitas precaucións para non dañala, tendo as mans húmedas para
non dañar a súa pel, tratar rápidamente de quitarlle un poco do
aire que lles entrou na vexiga natatoria e collela como aparece na
fotografía...
Cada día que pasa esta
modalidade ten máis adeptos.
Para rematar decir que a pesca
pode practicarse de distintas formas según sexa dende a orela,
vadeando o río
ou ben en barca ou barco. No
meu caso sempre fun pescador de orela, ou sexa pescando dende a beira e
meténdome un pouco no río pero sin estropear as posturas. Hoxe lévase
moito o vadeo, ou sexa meterse totalmente no río ata altura do peito,
evidentemente fai falta o que se chama un
vadeador.

Vadeadores para pescar metidos no río

Pescar metido no río: normalmente pesca con cola
de rata.

Nesta caricatura, o autor da web
estaba pescando a cullariña e trae amarrado un cogumelo...É
unha broma. Quen fixo a caricatura sabía moi ben da miña
afición a pesca da troita e por suposto os cogumelos...
Moita xente se
pregunta ¿que ten a pesca da troita? para que haxa
tantos namorados dela, como o que escribe. Fai anos
tuven que contestar un email que me facía esa pregunta,
e esta foi a
miña
contestación, que por suposto hoxe en xullo do 2010
manteño.
Para rematar decir que é
posible ir de pesca e non pescar nada, ou sexa non
capturar nin a primeira peza, pasa nas mellores
familias. Ese pescador vai para casa bolo.
Volver

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PESCA DA TROITA DE FORMA ILEGAL.
(Palabras relacionadas con esta pesca)
Hai moitas formas de pescar troitas en Galicia, algunhas son
ilegais pero non por iso teñen que
desaparecer as palabras coas que eran designadas polos paisanos.
As
formas ilegais de pesca son entre outras: pesca a seca, o toco, con rede,
con francadas (zarpón), con veleno (trobisco, ruda, herba cana ou casamelo, lexía, carburo, coca, etc.), con dinamita, a ninfa,
o facho, con dormintes (corda, ameixón, ben armando ou poñendo as cordas...), últimamente con cebos vivos como o
peixe, etc.

Trasmallo ou tresmallo.
O trasmallo
é unha pesca ilegal da troita actualmente. Tamén se
chama tresmallo. Trátase dunha
rede, que se utiliza preferentemente no mar, para pescar
besugos, fanecas e salmonetes. As veces tamén nos ríos
como una pesca o fondo. Ten tres panos, dous exteriores.
O central ten a malla entre 1,5 cms e 3 cm. As
exteriores son máis grandes. A rede mide entre 20 a 50
metros as que se utilizan no mar, pódense unir varias. O
alto vai entre dous a tres metros. As dos ríos son máis
pequenas. Vai con chumbos no fondo ou saquetes de
area,que se chaman pandulleiros.
A parte de arriba leva cortizos e chámase
cortizada. O peixe queda
preso nunhas bolsiñas que fai o mismo peixe o mover a
rede do medio. Estas bolsiñas chámanse rufos.
A "pesca a seca" é desviando o canle do río, por
exemplo por un rego, e logo posteriormente deixalo seco. Así, en
tempos, pescábanse anguías e tamén troitas. (Por suposto é totalmente
ilegal). O nome é galego auténtico... Pola zona de Verín en Ourense,
unha práctica habitual era facer o barredoiro básicamente era ir empuxando con ramas de árbores cara
un rincón do río e logo facer a pesca nese lugar.

Fotografía sacada do libro referenciado abaixo. Pesca o
toco.
A "pesca o toco" é, simplemente, a man, consiste en
buscar o beirón ou lugar onde se esconde a troita e logo, a man, collela.
(É totalmente ilegal). O nome tamén é galego auténtico...Tamén se dice
pesca á mau pola zona de Verín.
Tamén pesca a man.
Por Lóuzara dicen
"pesca as palas"
Dice Xoaquín Lorenzo Fernández
"Xocas", sobre a "pesca a man" ou "Pillalas a man" e
falando de pescar troitas:
"Cecais o máis corrente
no noso campo, para as troitas e outros peixes semellantes, seña o
de "pillalas á man". Os rapaces e mozos, cando se están a
bañar no río, métense de sulago e, coas mans para diante, van
rexistrando por baixo dos penedos onde coidan que pode haber troitas;
cando atopan unha, apértana coa man, meténdolle os dedos polas
gargas e san da auga para botalas fora á terra. Atópanse algúns
distes pescantíns de tal habelencia que non é raro velos xurdir da
iauga cunha troita entre os dentes e outra en cada man."
Pola miña banda vín pescar así
as troitas moitas veces no pueblo de Randín en Ourense, tanto no río
Salas como no río Vilariño, todo un espectáculo. Había auténticos
mestres pescando destas formas. Estou a falar entre os anos 1952 e
1962. Eu era un rapaciño. Daquela estos ríos estaban cheas de
troitas.
A "pesca o facho" é, simplemente, pescar
de noite con luz artificial, esta pesca sempre é con rede. Este tipo de
pesca practicábase, quero pensar así, pola zona de Verín en
Ourense.
(É totalmente ilegal). O nome tamén é galego auténtico...

Francadas, fisga ou
frisga (Zarpón), distintos tipos. Fotografía sacada do
libro referenciado abaixo.

Este é o sistema con francada (zarpón)
ou rancha (lanza de ferrería con mango). Fotografía do libro que
aparece máis abaixo.
A "pesca a francada/o (zarpón), arpóns ou
fisga" é, simplemente, pescar de día no verán con pouca auga, esta pesca faixe
cunha francada ou zarpón que vai o final dun pau de 1,5 m. aproximadamente. Primeiro
localízase a troita, sempre río arriba, logo baixe introducindo a
francada
no río pouco a pouco ata que logo, moi rápido, inténtase clavar a troita.
Si o río leva pouca auga directamente dene a tona da auga inténtase
clavar a troita. Si se fai rápido e con práctica esta técnica é moi
efectiva.
Por Lóuzara din tamén "pesca
con frisga"
Sobre estos tipos de pesca, o facho, a
dinamita, a seca e outras pescas ilegais hai textos en internet moi
interesantes. Ver por exemplo este link de
Antonio Fernández Suárez, da Pesca da troita en León, polos anos
vinte do século pasado.

Pesca coa rede
chumbeira (tiradera). Dibuxo sacado do libro
referenciado abaixo.
A pesca con rede (calquera rede,
había varias dende o trasmallo ata a tiradeira...)
e con trobisco son totalmente ilegais. Tamén é ilegal o deixar anzós
dormintes cun cebo polas noites (e polo día)...

Paréceme moi interesante esta selección, sacada do libro
"Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon
Daporta. A nosa Terra. 2007. Todas elas prohibidas hoxe
salvo o boitirón para lampreas en pescos que estén
autorizados e por suposto as canas, tendo licencia de
pesca...
Pescar con cordas
tamén se chama na zona do río Mandeo pescar con
ameixón, que consiste neste caso en
poñer un anzó cebado, unido a un trozo de sedal e atado a un
pau (espeto) clavado nunha beira do río.
O sistema tamén admite varios anzós, durmintes, que se atan
a un pau nunha orela e a unha pedra polo outro extremo.
Tamén se fala de sedelas
no río, que son tamén durmintes; e tamén se
di armar, esto pola
zona do Mandeo. Finalmente escoito en Lalín a palabra
armadillas,
para designar o mismo.
As cordas tamén se chaman
Espiñel,
palangre e gancho
(corda simple no Ulla.).
A ventela ou miudeira tamén se chaman sacadeira e
trueiro, palabra que atopo na
tradución de Xela Arías na estancia 15 do libro "O bosque animado" o falar
da pesca da troita con cucharilla inda que non cita estenome.
Na palabra aparellos de pesca
tendes máis tipos de rede, que repito
son artes prohibidas hoxe..
As troitas hai que pescalas con
cana e cumplindo as normas legais ó demais é un roubo que se lle fai os
ríos galegos e os pescadores que amamos a pesca...
Nota:
moitos datos están sacados do libro "O mar e os ríos"
de Xaquín Lorenzo.
Volver

|