Como dí Xaquín Lorenzo os productos dun
río son moitos: anguías, salmóns, troitas, lampreas, bogas, barbos,
sábalos, e un longo etc.
Os aparellos de pesca, son aqueles aptos para a pesca destes peixes. Hai un
link en internet que trata este tema,
este é o link
.
O lector pense nos seguintes
aparellos de pesca:
lampreeiras, fisgas, boitirón, pescos, cabeceiras, nasas,
cordas, miudeiras, trincadas, tascas, rañeña, salmoeira,
alxerife, estacada, cercote, tallada, solleira, enrufa,
rello, angarello, sabaleira, barredeira, trallo, chumbeira,
cana, etc. Casi nada. Todos eles poden verse no libro
"O mar e os ríos" de
Xaquín Lorenzo en Editorial Galaxia.
Vexamos simplemente algúns exemplo:

Esto é unha nasa. O sistema é simple ten
unha entrada sinxela no cesto, no fondo ponse o cebo ou carnada. A
anguía ou lamprea entraba nela có cheiro da carnada, logo, polo
sistema que tiña o cesto, xa non podía saír.
As nasas tamén se chaman Nasón,
amoleiro grande
(si é de maior tamaño), gardeiro ou cacifro
(mantén o peixe na auga).
|
|

Cando era neno
en Barra de Miño, na desembocadura do río Barra, as nasas deixábanse en gran cantidade no río. Dentro
púñase calquera cousa de comer. O día seguinte
estaban cheas de anguías. Hoxe en Barra de Miño xa non
suben as anguías e estos trebellos xa sirven de pouco.
|
|

Esta é unha corda típica, por
suposto o sistema ten moitas variantes, como pode verse leva dúas
pedras en cada una das puntas, logo no sedal póñense os anzós con
carnada que normalmente é unha miñoca.
Estas cordas quedan
pola noite no río e o día seguinte caen as troitas e anguías con
bastante facilidade, sempre que as haxa.
|
|

Hai moitos sistemas de facer as
cordas típicas dependendo onde se utilicen. No dibuxo vese
unha corda de varios anzós. Normalmente púñase no río atada a unha
árbore.
Por suposto hoxe as cordas están prohibidas.
|
Por suposto que esta é unha pequena mostra de
aparellos de pesca.
Paréceme moi interesante esta selección,
sacada do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e
Mon Daporta. A nosa Terra. 2007.

Aparellos de pesca que se usaban. Hoxe a maioría son
ilegais.
---------------------------------------------------------------
O boitirón que se
usa para coller lampreas, pero poden caer salmón, troitas e de
todo tamén se chama Armadilla,
Galero (no Cabe), Naso
(No páramo), rede Sapeira (no Ulla)
e Piagueira (en Toén).
A ventela tamén se chama
sacadeira, rodaño, garabato (Portomarín)
e rede das arroiadas (Cabe). En
Ourense chámase tasca e tamén
trincada.
O trallo tamén se chama
Pardello (no Ulla e no Miño), Marsil (Ulla)
e picadeira (en Caminha).
Lendo un artigo de Eduardo Prieto C. "Contos
da Ribeira Sacra", "A Terra onde me criei" atopo a palabra
curiosa "galarito" , onde fala de enxeños para a pesca das
fuxídidas troitas...O artigo fala do río Mao afluente do Sil na
Ribeira Sacra de Ourense.
Investigando atopo na páxina do Museo
de Arxeriz tres palabras moi interesantes referidas precisamente
a enseños de pesca:

No dibuxo está un
galarito, tamén chamado nasa
e masoiro. O galarito
usábano para pescar anguías e troitas.
Parécese moito o boitirón.
|

Esta nasa especial tamén se usaba en pequenos
ríos para pescar troitas.
Nasa pra troitas,
para distinguila da nasa para anguías.
|

Un forcado
tamén se utilizaba para recoller peixes no río. Tiña a forma que
se ve arriba.

Río Barbantiño por Punxín, un río que
nos anos 1950-1968 era dos mellores da provincia en troitas e
anguías. Logo os encoros de Castrelo primeiro e Frieira despois
os dous de Fenosa, hoxe Naturgy, e a mincentral que fixo Engasa
por riba da Fervenza do Barbantiño fixeron o R.I.P. a este gran
río. Claro que é moi doado decir esto e botar a culpa a estas
empresas! a culpa tenna tamén Medio Ambiente en deixar instalar
estas presas e que non cumplan as leis. Fenosa ou Naturgy non as
cumple hoxe no 2020, as especies migratorias no río Miño,
troitas, salmóns, lamprea, anguías, sábalos, sabelas non pasan
Frieira e Engasa, no río Barbantiño, fixo de todo cando
instalou a minicentral, por exemplo o 11/11/98 deixou seco o río
e neses días non tiña escadas para subida das troitas, logo
posteriormente meteu escadas...

Central de Frieira a 75.5 km. de la
desembocadura do río Miño. 1967. Nunca deixou subir as
especies migratorias, sempre con remendos "ex-cátedra" pero
nada de nada. No futuro o máis normal sería tirala en parte
e así cumplirán a lei.

Minicentral do Barbantiño sn
construcción. Un desastre. Logo puxeron escadas...

O día que pecharon a presa da
minicentral saquei eu esta fotografía, o río iba seco, foi o
11/11/1998. ¡ Pobre río Barbantiño iba sin auga como pode verse!
--o--
Por suposto non podía faltar nestes aparellos
a cana de pesca tal cual.
Lembró varias anécdotas que vivin eu en algún río preto de
Ourense como o Barbantiño, un dos mellores ríos troiteiros e de
anguías de Galicia polos anos sesenta. A anécdota é a seguinte
algunhos días levaba a miña cana e unhas miocas ao río e un
libro. Armaba a cana coa mioca en calquera pociño e puña na
punta da cana un cascabel que inda conservo. Botaba a mioca ao
río simplemente con un plomo, a uns 30 cm. do anzó, de
varios gramos para que fora o fondo, puña a cana en un pau en y
griega e sentábame a leer o libro. A anécdota é que moitos días
non pude leer nin a primeira folla. Era botar e sacar, e
todo anguías... ¡como subían do río Miño aquelo era unha feira!....
¡Hoxe no río Barbantiño non hai anguías xa
que os encoros de Frieira e o de Castrelo non deixa subir a
anguías nin ningunha especie anádroma.
¡Unha mágoa! e eu diría un roubo que se lle
fai a todos os galegos, en particular a este gran río...que xa
foi...
|
Información sacada deste link
http://www.sotodefion.org/espa/cultura_mat2.htm
sobre o Museo de Arxeriz, no Saviñao (Lugo).
Saír.
|