Troiteiro é o que por aficción soio pesca troitas.

Había en tempos tres tipos: o profesional e maestro, que pescaba de marabilla e  que as veces vendía ou regalaba as troitas, era o troiteiro por excelencia. O pesco que normalmente vendía as troitas e podía ser ribeireño (pescadores de lugares preto ou a carón do río)  ou non; e por úitimo o pescador deportivo que eu chamo pescantín.  Hai xente que dice e chama pescantíns a todos: ao troiteiro, ao  pesco e por suposto ao pescantín.

Aclarar: que a palabra pesco tamén se utiliza en Galicia para chamar as  pesqueiras.  Ou sexa en xeral as pesqueiras según onde sexa chámanse caneiros, caneiras, pescos, pesqueiras e outros nomes.

Evidentemente as cousas cambiaron moito, xa que as troitas non se poden vender e as veces ni levalas pra casa, caso da pesca sen morte. Ou sexa hoxe non hai pescos. A palabra pescantín gusta pouco, inda que eu penso que é moi apropiada,  polo tanto digamos que todos son troiteiros, inda que a moitos o nome  lles queda un pouco grande...

             O Daniel da Región, que enchía a cesta de troitas (cando era legal)  e algúns anos vendía as troitas o restaurante San Miguel, en Ourense,  era un troiteiro. Eu vino pescar, era sensacional e parecía ter imán na cana. Unha marabilla. A súa pesca era un arte. Un maestro.

           Tamén me lembro de Manuel Portela outro artista que tamén era, e sigue sendo, un troiteiro, para mín un maestro, o meu maestro,  o mellor... Un pescador  artista, que pescaba con casi todas as modalidades artesanais...pescador deportivo de verdade, respetuoso co río e cos outros pescadores...e un longo etc.

Troiteiro e pescatíns.

O autor desta www é un pescantín (simple afeccionado á pesca, eso si, con fluviotolemia pola pesca).  Por suposto todos somos troiteiros...

Pescantíns hai moitos. Pescantíns malos moitísimos. Pescantís respetuosos coa troita, co río e coa natureza poucos. Troiteiros case ningún...

Troiteiros e pescantíns.

 

       "Andar as troitas" é unha frase típica para dicir en calquera dos casos, que  o troiteiro, ou pescantín  que está pescando troitas.

 

En Galicia tamén se chama pesco as pesqueiras. Como xa está dito noutro lugar.

Tamén se dí "río troiteiro" cando o que máis abunda no río son as troitas.

 

 

Na fotografía de R. Valentine Atkison, vese un atardecer nun río troiteiro. Ese é o mellor momento para que ceben as troitas.

Nese momento o troiteiro ou o pescantín  pode coller cantidade de troitas.

É o momento.

 

 

Troiteiros hai moi poucos. 

O troiteiro en tempos era un "artista" do río. Hoxe prácticamente non quedan. Hoxe hai moito pescantín, en Galicia 90.000 galegos sacan a licencia de pesca cada ano, a maioría somos pescantíns.

Por certo o número de licencias baixa, os ríos cada vez están peor...A Xunta de Galicia tenos abandonados totalmente...

Hoxe, ano 2024,  andaremos polos 30.000.

Seica subiu no ano 2025 e fálase de 47.000. Eu teño as miñas dúbidas e penso que as licencias poden ser esas pero o número de pescadores reais baixa dos 30.000 e van a menos...realmente os ríos están mal en Galicia e cada vez hai menos troitas, desgraciadamente....

 

 

Pescantíns hai moitos.

Si os troiteiros respetan ao río, as troitas , as leis de pesca e os compañeiros realmente son bons troiteiros ou bons pescantíns...

Si o anterior se une o ser un artista coa cana, ese para mín é un troiteiro de verdade.

Hai moita xente que non respeta nada...

No fondo teño alma de troiteiro... (O autor da web)

 

 

Para rematar sobre os troiteiros:

Hai xente que non entende o placer de pescar troitas.

Realmente que sinto moito que non coñeza ese placer, pero inda está a tempo e merece a pena intentalo.

De tódolos xeitos convén que me explique;  así o fixen fai xa vinte   anos cando nun foro en internet,  me preguntaron sobre este particular.

Esto foi o que escribín daquelas e por suposto que hoxe manteño a misma postura. O artigo é "Que ten a pesca da troita", "Unha afección maravillosa".

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.