30-05-99 |
¿QUE TEN A PESCA DA TROITA? "Unha afección marabillosa..." |
Fai uns días, a finais de maio de 1999, no foro "A pesca da troita en Ourense" un internauta fíxome a seguinte pregunta ¿que ten de particular o feito de pescar a troita?. A pregunta no é fácil de contestar. A continuación escribo exactamente o que lle contestei:
|
Estimado amigo :
A pregunta é difícil de contestar, pero a pesares do reto vou facelo, inda que pode que non chegues a comprender as razóns que seguen.
En principio é un exercicio físico moi san, os ríos e regatos onde se práctica este deporte están situados en medio de paisaxes, indiscutiblemente marabillosas.
![]()
É un exercicio ó aire libre que engloba : o excursionismo, a marcha, a gimnasia, o camping, etc. Esixe por soposto unhas cualidades físicas grandes e tamén morais, aparte dunhos coñecementos imprescindibles.
![]()
![]()
En canto ás primeras son obvias e en canto ás segundas o pescador debe ser sobrio e respetar os regulamentos e por suposto o entorno. A educación, a cortesía e o compañerismo deben estar presentes. Inda que pareza unha contradicción: o pescador debe ser un amante da natureza.
![]()
Particularmente a pesca prodúceme recollemento, borracheira de aire puro e ledicia de vivir. Produce alegrías inmensas, como poden producir outros deportes. De feito a pesca da troita leva implícito varios encantos: as preparacións da véspera, a revisión do material ó día seguinte, as partidas ó amañecer, o contacto có río, o seu son, os amigos, a astuta loita que se libra ese día, a ledicia das capturas, as desilusións, os imprevistos, as charlas posteriores, as comidas a carón do río (calquera cousa sabe moitísimo), os soños cando inda non está aberta a tempoada de pesca ," Cando o tempo non é tempo non pasa o tempo", etc.
É un deporte engaiolante ata tal punto que para algúns é unha gran pasión. Actualmente prácticase, cada vez máis, a pesca sin morte, que consiste en devolver a troita ó río, tratando de non facerlle dano; pesca que xa ten moitos afecionados.
![]()
Ó final o que che queda: como decía J. Agut nun libro "La pesca de la trucha" en 1970 "Igual que una hermosa hada, que encanta y seduce por sus hechizos, la pesca de la trucha, para todo el que la vive de cerca o de lejos, ejerce un atractivo incomparable, y de tal modo cautivador, que muchos de sus adeptos hacen de ella su solo amor y le permanecen fieles para siempre". Sei que o anterior é difícil de comprender pero ocurre moitas veces.
Norman McLean no seu libro "O río da vida", libro que deu lugar a unha marabillosa película en 1992, do mismo nome, conta que un reverendo falando os seus fillos da pesca da troita decía que "...non sei si é máis importante na miña vida a relixión ou a pesca da troita con mosca...". Sin dúbida haberá que pensar as razóns tan importantes que tiña este reverendo para pensar, estando no seu san xuízo, deste xeito.
Do libro " O río da vida" de McLean recollo un texto que será perfectamente reconocible para calquera pescador de troitas pero que sorprenderá os que non o sexan. "Os poetas falan de pozos do tempo pero, en realidade, son os pescadores os que experimentan a eternidade comprimida nun instante...". Realmente eu penso que é así. Esta é outra razón máis para xustificar que se trata dunha aficción marabillosa...ten que selo.
Decía o meu amigo Xosé Benito Reza, nun artigo falando do inicio da tempada de pesca "Se vostede non é pescador, perda coidado, que como un día o leven a un río e colla unha troita pasará a incorporarse á nosa abondosa e feliz familia polo que lle resta de vida. Un meu tío, que en paz descanse, díxome un día con ollos brillantes: " Só sinto ter comenzado tan tarde nesta arte da pesca, cáseque con cincuenta anos; só pido que, xa teña que ir pro ceo ou pros infernos, haxa alí, cando menos, un río ".
A min leváronme un día de pesca, collín a primeira troita e xa fun pescador para toda a vida. Foi en Valparaiso, en abril do ano 1968, xa choveu...
Gustaríame achegarche máis datos, pero repito, a túa pregunta é moi difícil de contestar, a pesar de todo vou citar algunhas frases máis: Miguel Delibes, un gran escritor e pescador español no seu libro "Mis amigas las truchas", no prólogo dinos "...Queda por aclarar la razón del título. Durante un tiempo dudé entre varios pero, finalmente, opté por éste en homenaje a estos peces que me han proporcionado ratos y emociones muy vivos. Lógicamente las truchas no compartirán mi punto de vista, esto es, es muy posible que mi inclinación amistosa no sea correspondida. La cosa es lógica. En el juego ellas arriesgan más que yo. Se trata, por tanto , de una amistad unilateral pero el libro lo he escrito yo y no ellas y, consecuentemente, hablo desde mi personal experiencia".
![]()
A pesca crea amistades para toda a vida.
Na fotografía estou con Félix.
![]()
Fervenza do río Barbantiño en Ourense.
Ourense ten estas marabillas.
De pesca có amigo Páxaro no río Xares. Días inolvidables e que hai que repetir...
![]()
A pesca faite coñecer estas marabillas, e pola tanto amalas.
Guy Roques o Mosqueiro andante...
Non fai moito que descubrín a Guy Roques este pescador que ves na fotografía, un home especial, un pescador especial tamén, un gran escritor; nun dos seus libros, no que fala do río Futaleufú (río de Argentina-Chile, tamén chamado río Grande) expresa exactamente o significado e a esencia da pesca: "...el Fortaleufú me enseñó que la esencia de la pesca está en una simbiosis entre cuatro protagonistas, el pescador, el río, los peces y la naturaleza. La búsqueda de esta simbiosis no tiene nada que ver con el número de capturas o la talla de un pez trofeo"...
![]()
Juan José Moralejo deixounos no fai moito...Unha gran pérdida...
Para rematar, non me resisto a citar a outro pescador Juan José Moralejo Alvarez, cadeirádego da Universidade de Santiago, quen no seu libro "Guía pra pilla-las troitas, miñas señoras", dice " Bos pescadores ainos; bos escritores tamén. Pero para atopáresde un home tan "amante da pesca e das troitas" e tan namorado dos ríos coma eu, tendes que buscar moito, e non sei si con pouco ou ningún éxito".
O autor da web, nunha caricatura, pescando unha seta en vez dunha troita...
Pois ben amigo, o autor desta páxina web é un deses homes...
Coido haber contestado a túa pregunta ¿qué ten a pesca da troita? .
A pesca da troita, está claro, é para mín unha afección marabillosa.
Recibe unha aperta do teu amigo:
Secundino Lorenzo Fernández
Ourense.
PD) O meu primeiro día de pesca da troita foi en Valparaiso, no río Miño, en abril do ano 1968.
Posteriormente o ano 1999 incorporei algunha das fotografías do texto, pero nada máis...
No 2013 incorporei a frase de Guy Roques que me parece básica...
Volver
a pescando a troita
Volver
a dicionario sobre os ríos
Volver
a "os ríos son textos".