Unha
fervenza é unha caída de auga dende
certa altura provocada polo desnivel existente no canle dun río.
Chámase tamén:
ruxidoira,
cenza, censa, freixa, cadoiro, caeira, abanqueiro, chorreira, chorredeira, fecha,
pincheira, férveda, cascata, cachoeira, borbotao, ficheira, fírveda, salto,
seimeira, breixa, cascada (castelanismo) , catarata, e outros nomes.
As palabras dependen moito da
zona así por Ourense e preto da cidade fálase de fervenza, pero no
oriente da provincia pola zona de Vilariño de Conso falamos de
Cenza e pola contra na zona do Xurés chámanse fechas. En
Fonsagrada (Lugo) son seimeiras. Máis variedade imposible...
Hai incluso autores que distinguen os
distintos niveis, así a catarata ou salto de auga é a cenza
ou censa.
Onde cae, ou sexa a zona inferior, onde se produce a espuma e as
partículas de auga levántanse en forma de neboa chámanlle a
fervenza.
Mentras que onde se sumerxe a cascada chámanlle mergulleira.
Tamén hai palabras para
referirse o ruído, brullón,
a espuma que fai, gallaróns,
e tamén os pequenos ollos de auga que se ven a continuación,
gurgullóns. O galego ten palabras
para todo pero estanse a perder, unha mágoa...
Na fotografía vense estas partes:

Algunhas das fervenzas mais fermosas de Galicia
son
as que siguen:
 |
Fervenza do Barbantiño
en Ourense, sobre 20 metros.
(No inverno. Fotografía do autor da web). Espectacular.
Hoxe afectada por una minicentral que nunca se
debeu facer.
A fotografía está feita antes de porse a
traballar a minicentral.
Hoxe, nun ano normal, a fervenza non trae esta
auga. Sobre esta
fervenza hai un texto marabilloso de Víctor Campio nesta páxina
web. no apartado de "Os ríos son
prosas".
|
...... |
|
 |
Fervenza do Barbantiño
en Ourense, sobre 20 metros.
(No verán). Espectacular.
Hoxe afectada por una minicentral que nunca se
debeu facer.
A fotografía está feita antes de porse a
traballar a minicentral, e no estiaxe do río.
Hoxe nun ano normal trae menos auga que a da
fotografía.
|
...... |
|
 |
Fervenza do río Toxa en
Bandeira. O río Toxa é un afluente do río Deza.
(Auga de verán)
Sin dúbida a maior fervenza de Galicia de caída
directa.
Hoxe tamén afectada por outra minicentral,
xusto a 1 km. da caída. ( Non se entende) .
Aféctalle
moito nun ano normal.
|
...... |
|
 |
Fervenza do río Toxa en
Bandeira. O río Toxa é un afluente do río Deza.
(Auga de xaneiro do 2001. Fora de serie.
Fotografía do autor da web)
Sin dúbida a maior fervenza de Galicia de caída
directa.
A fotografía está sacada a noitiña nun día
de xaneiro do 2001. Realmente metía medo.
É do que escribe...foi o ano das crecidas
grandes nos ríos.
|
...... |
|
 |
Fervenza do Xallas
en
Ézaro. Unha fervenza que estaba seca ata xulio do 2000 por culpa
dunha central que non deixa o caudal ecolóxico.
Hoxe en Agosto do 2000 pode verse de 12 a 13:30
os domingos.
¡¡ Pais bananero!!.
Inda lle temos seguramente que dar as gracias o
dono da central eléctrica, por deixar un caudal, que por lei debe
facelo sempre.
O río Xallas é seguramente o único río
importante do mundo, que desemboca no mar nunha fervenza, pero soio
os domingos...
|
...... |
|
 |
Fervenza do Xallas
en
Ézaro.
Unha fervenza espectacular.
A fotografía ten polo menos 50 anos.
¡¡¡¡ O río Xallas era libre !!!
|
...... |
|
 |
Insisto na Fervenza de Ézaro, no
río Xallas en Dumbría.
A fotografía espectacular e máis ampliada,
realmente aquí figura a mitade, aparece no libro
"Fervenzas da Coruña" cun texto que reclama
"Libertade para a Fervenza do Ézaro!. Unha libertade que
reclama o autor do libro Ramón Muñiz de las Cuevas, e que
quero tamén reclamar dende esta páxina www.
Realmente non hai dereito o que está pasando
coa fervenza máis espectacular de Galicia.
|
|
|
 |
Fervenza do Cenza
(1),
Sin dudalo, a maior de caída non directa, de Galicia. Está situada en Vilariño
de Conso ( Ourense) , e tamén está afectada por un encoro que
nunca se debeu facer, situado no val glaciar do Cenza.
Espectacular e probablemente a maior de
Galicia. A fotografía está feita o
día "da chea", abriron o encoro e ¿ ahí vai
eso...!.
|
...... |
|
 |
Fervenza do Cenza (2),
Vista xeral da Fervenza do
Cenza coa canteira na parte de arriba e có río en condicións
normais.
Sin dudalo, a maior de caída non directa, de Galicia. Está situada,
como xa está dito anteriormente, en Vilariño
de Conso ( Ourense). A fotografía
viña no libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e
Mon Daporta. Deles será a fotografía. Moitas gracias.
|
|
|
 |
Fervenza do Cenza (3),
Sin dudalo, a maior de caída non directa, de Galicia. Está situada,
como xa está dito anteriormente, en Vilariño
de Conso ( Ourense). A fotografía
é de Carlos G. Hervella, e deixa ver un mirador que se fixo
últimamente.
|
|
|
|
|
 |
Pozas de Melón no río Cerves en
Ourense.
As pozas de Melón presentan unhas fervenzas
marabillosas.
Hoxe o río Cerves está sentenciado a morte
por varias minicentrais.
Nesta poza xa apereceu un cheiro malo en
xaneiro do 2.000.
¡¡ Mal asunto !!.
¡¡¡ Os galegos non sabemos o que temos en
Galicia !!!.
Fotografía do autor da web.
|
|
|
 |
Fervenza de Férveda:
Esta fervenza de Férveda está situada en
Escuadro, Silleda, un paraiso decoñecido de Galicia o que se chega,
o parecer, desafiando á maleza que oculta as vistas.
Descoñezo esta fermosa fervenza.
Dende logo en Galicia non sabemos o que temos.
A fotografía é de Ramón Leiro é está
sacada da Voz de Galicia do día 15-03-2001.
|
 |
Fervenza de Sampaio.
A fervenza de Sampaio está situada no río
Taboada, a dez kilómetros de Carballo, na Provincia da Coruña.
Non coñezo esta fervenza, pero a decir de
Ramón Muñiz de las Cuevas, no seu fermoso libro "Guia
das Fervenzas da Coruña" é unha fervenza que ten a
calificación de excelente e chégase a ela de forma sinxela.
A verdade Galicia é fora de serie... e
hai que cuidala, coste o que coste.
|
 |
Seimeira
de Vilagocende.
O 29/01/2007 envíame Lola Niño, dende
Fonsagrada, unha referencia a "Seimeira
de Vilagocende" que dí que pasa de 100 metros.
Dende logo é marabillosa según se ve na
sensacional fotografía de Miguel Angel Quintás Veiga, que atopei na
rede.
Trátase polo que vexo efectivamente dunha gran
fervenza de caida directa, probablemente das maiores de Galicia.
Seica está no río Porteliña un regato que vai o río Lamas e
logo o río Navia en Fonsagrada.
Galicia marabillosa.
Gracias a Lola e por suposto a Miguel Angel,
pola fotografía.
Nota: sobre esta seimeira
envíame Xosé Valcárcel unhas fotografías tamén marabillosas.
Velas neste link.
|
 |
Fervenza da ruta do contrabando en Vilardevós (ourense).
Esta fervenza está na "ruta
do contrabando" que pasa por paraxes incribles entre Sigerei
(Portugal) e Vilardevós (Ourense), na raia con Portugal.
A fervenza pode verse dende
un mirador que hai enfrente, onde tamén se ve unha paisaxe
impresionante, ou ben baixar a pe da fervenza, que tamén
se ve na imaxen abaixo na parte esquerda unha ponte para
divisala.
A carón desta fervenza hai
tamén uns muíños moi interesantes e a ruta "do contrabando"
perfectamente indicada.
|
Máis fervenzas de Galicia neste link

Actualmente a fervenza de Ézaro, agosto de
2012, ten o caudal ecolóxico todo o ano; foi un pleito que se
lle ganou a empresa Ferroatlántica que soio deixaba o caudal os
domingos dende o 2002. Así pode verse hoxe. Algo é algo...

Fervenza do Toxa en xaneiro do 2016.
A fotografía está sacada da Voz de
Galicia, edicción dixital e firmada por Miguel Souto.
Realmente espectacular e moi parecida a que saquei eu no ano
2001. Sacada dende abaixo mete un pouco de medo...

Esta é a famosa fervenza de Piago, así a chaman, no río
Miño en Outeiro de Rei. Chámase de Piago xa que por riba está un
piago ou sexa un pozo moi profundo,
polo menos 4 metros que é o que ten de alto a presa. Por certo ten 50 m. de
ancho. Unha marabilla a zona. Na parte esquerda da fotografía ten escadas
para subir as troitas.
A fotografía está sacada da web de Masmar, a que dou as gracias.
Decir que para mín é un cachón, máis cunha fervenza,
por certo dos máis grandes de Galicia en canto a anchura e altura o mismo
tempo.
Saír.
|