Río
Barbantiño. Fervenza do Barbantiño. Fotografía de Secundino Lorenzo.
A Fervenza

Víctor
Campio Pereira. (1928-2018)
O sensacional texto está sacado do libro de Víctor
Campio Pereira
"Escritos en do menor"
publicado por Follas
Novas no ano
2001. Unha xoia.
Tamén se
lle pode chamar breixa, cachón, cachoeira, cadoiro, abanqueiro, freixa e tal
vez de máis maneiras, porque o galego é idioma felizmente rico e xeneroso
en vocábulos. Pero cascada, en galego, non. Cascada en galego, é outra cousa:
é a folla do millo, tamén nomeada cosco, carocha ou poma, pero que nada ten
que ver cun salto de auga.
Eu
chamareille fervenza. Así é coñecida na parroquia de Punxín por onde o río
Barbantiño baixa a cachón desde as terras altas de Orbán, entre fortes
desniveis, buscando afanosamente o manso acougo do Miño.
Da
fermosura deste val e dos seus arredores, con veigas de terra parda,
arxilosa e barrenta, axeitada para toda caste de cultivos, non falarei eu
aquí. En todo caso invito ó lector á súa contemplación in situ. Quedará pampo. Ficará estantío ante a beleza da paisaxe, que se lle botará encima,
de súpeto, como unha conmovedera visión paradisíaca.
Nós
os galegos somos proclives ó goce estético da natureza. Levámola amasada no
sangue como unha emoción ancestral que Vicente Risco explicaba desde o noso
sedentarismo, desde a propia beleza da paisaxe ou tamén desde a sagrada
emoción dos nosos antepasados que nola souberon transmitir. O caso é que
esta emoción telúrica róndanos por dentro e -como tamén explicaba Risco- xa
empeza a ser en nós o principio dunha ética e dunha estética.
De aí
que eu invite ó lector a que visite a Fervenza. Que se mergulle na súa
contemplación para forxar o seu telurismo ancestral, o seu "panteísmo
de absorción", o seu amor ás orixes, e atopar así o seu estado harmónico, a
súa unión consigo e coa natureza da que todos formamos parte.
Pero que vaia axiña, antes de que a negra man da tecnoloxía perpetre o
desastre ecolóxico. Porque esa negra man xa anda por alí trocada en gadoupa.
Tenta facer naquelas fermosísimas e únicas paraxes unha minicentral
hidroeléctrica, arrebatándonos de socate esa inmensa marabilla de auga e
frondosidade que a natureza tardou tantos séculos en conseguir. Os nosos
devanceiros respectárona e transmitíronnola como unha herdanza sen posible
malversación.
Nós,
as xentes do común, ante un Ente Abstracto con siglas e cartos, somos moi
pouquiña cosa, xa se sabe. Pero se todos imos por alí e contemplamos aquelas
paraxes e nos identificamos con elas, se cadra, entre todos, aínda podemos
facer algo. Se cadra, entre todos, aínda nos podemos facer co
tiracroios de David e mandarlle unha pedrada no medio da testa ó monstruoso
Goliat.
Se
cadra, entre todos, -como diría o poeta Antón Avilés de Taramancos-" ainda
lle podemos retorcer os collóns a supermán.
(La Región, 2 -VIII-1997)
---o---
Epílogo de Secundino
Lorenzo.
O lector
debe saber que Victor Campio escribiu este texto en 1997 cando se estaba a
construir a minicentral que logo se puso en marcha, pese a gran protesta e
loita que houbo para que non se fixera. Desgraciadamente o día 11 de
novembro de 1998 decidimos uns amigos de Barbantes, Celso Rey, Pepita
Babarro, Pilar Aira, Secundino Lorenzo, Samuel Lago, Isabel Martín, Mercedes
Álvarez, Eliodoro e outros, facer unha andaina para
baixar as castañas do magosto que coméramos ese día, o día de San Martiño, a
andaina foi ata a fervenza do Barbantiño, dende a Ponte da estrada que vai a
Amoeiro, río arriba que xa estaba en charcos seco, ata chegar a
Fervenza que xa atopamos practicamente seca,
ver a fotografía de abaixo. O río estaba en pequenos charcos e as troitas e
os peixes en xeral morrendo...A minicentral xa estaba turbinando.
O resultado
pasados os anos foi nefasto, o bosque de ribeira do río Barbantiño dende a
minicentral ata a desembocadura pasou a historia, era un dos mellores de
Galicia. O río está hoxe, cando escribo esta nota, defenestrado. As orelas
secas, coas raíces ao aire, xa que o río sube e baixa según turbine ou non a
minicentral...O bosque de ribeira, dos mellores de Galicia, dito por moitos
especialistas, entre eles o meu amigo Xosé Benito Reza, quedou desfeita e así se
pode ver nun video que poño ao final do texto...Unha mágoa,
por no decir outra cousa...

Fervenza do Barbantiño traballando a minicentral. Fotografía
Secundino Lorenzo o día 11-11-1998. Dúas fotografías históricas...para
chorar... A primeira a 500 m. da Fervenza e a segunda a Fervenza cun fío
de auga.
Un auténtico atentado ecolóxico...por certo denunciado
pero nin caso...

Fervenza do
Barbantiño. Foto de inverno 2002 . Fotografía Secundino Lorenzo.

Fotografía de
inverno da Fervenza do Barbantiño. 1997. Foto de Secundino Lorenzo. Ese
día estuven a punto de caer o río por sacar esta fotografía, gracias os
meus amigos Félix Valeiras e Alberto Prego que me botaron unha man.
Mereceu a pena...
Esta
foto ten a súa historia:

Está claro que a fotografía
é unha montaxe de outras dúas, por un lado a Fervenza
do río Barbantiño, por certo no ano 1998, a punto de
quedar estragada pola Minicentral de Engasa, e por
outra banda o que escribe Secundino Lorenzo, autor
deste páxina web.
Pero sería inxusto non
decir que o meu carón, no río Barbantiño, están dous
grandes amigos de toda a vida entre eles Félix Valeiras e
Alberto Prego.
Os tres fomos decirlle
adeus a esa marabilla natural, e a verdade é que iba fora de
serie, co río un pouco alto pola chuvias de aqueles días.
Primeiramente tuven que ir
ata a mitade do río, había un pequeno penedo para apoiarse,
si non é por Alberto e un pau longo que atopamos era
imposible chegar ata alí. Pero conseguino.

Avanzando ao medio do río para
sacar a fotografía de abaixo. Gracias Alberto. A foto é
de Félix Valeiras que estaba vendo o posible chapuzón
dende a parte seca...
Observar como iba o río.
Unha auténtica temeridade. Pero tuven sorte.

Fervenza do Barbantiño. Xaneiro 1998. Foto
Secundino Lorenzo
Esta foi a fotografía e o
premio. Un pouco de mala sorte ao sacala cunha das primeiras
cámaras dixitais que tuven, con pouquisimos pixeles e polo
tanto moi mala resolución; pero bueno... así quedou. A min
gústame e sobre todo tráeme muitos recordos que me gusta
volver a lembrar... Observar que estaba no medio do río e
diante formábase un pequeno remuiño. En fin...¡Tempos
aqueles!.
|
Hoxe
novembro de 2022 podes visitar esta fervenza a pé, verás que o bosque de ribeira está
en moi malas condicións, medio desfeito, pouco lle queda; e tamén se
pode intuir dende un dron,
Castrodrón, que fai Andrés González, e nos sorprende con estas vistas.
Este é o link.
En tempos
nas orelas non faltaban os salgueiros, amieiros, bidueiros, freixas,
sabugueiros, pradairos e algún lodoeiros entre outros...Entre as plantas
había moitos fentos reais e xilbarbeiras (rascacú) entre outras moitas...Hoxe
nas orelas hai moita árbore morta, é normal levan moitos anos que falta auga
nas raíces, aparte da sequía enorme que hai...
Como
chegar á fervenza do Barbantiño:
A Fervenza
do Barbantiño está exactamente a 1 km. do límite do Concello de Punxín,
que si pertence a O Ribeiro; pero está no concello de Amoeiro. Eu sempe a
considerei do Ribeiro pero non é así.
Estas son
as súas coordenadas:
Lat
42.400302º Lon
-7.983974º
Tendes
varias opcións, eu recomendo a primeira:
Ruta
1.-Pola estrada que leva Ó Carballiño a N-541, a altura de Pazos de
Arriba (ver mapa) hai unha estrada a dereita a OU-524, que leva a Amoeiro,
que vai a unha ponte sobre o río Barbantiño, podedes deixar o coche a 100 m.
desa ponte nunha curva a dereita (aparcades a esquerda) e nese lugar baixar ata o río e seguir río
arriba.

En bermello a
estrada de comenzo N-541. Desvio a Amoeiro, en Pazos de Arriba, OU-0524
pasar a Ponte do Barbantiño, subir 100 m e na misma curva a dereita
deixar o coche e coller a ruta 1 baixando ao río e logo subindo ou ben
collendo o camiño onde pon ruta 2. Ver no seguinte mapa como se sigue a
partir da curva.
Este
sendeiro permite ver o bosque de Ribeira que inda se conserva e leva
directamente á fervenza.

Na
ruta 1 baixamos ao río, hai un sendeiro. Na ruta 2 seguimos ao camiño que
se ve, pódese ir en 4x4. Para andar a ruta 2 non me gusta, non se vé o
bosque de ribeira, que inda que non é o de fai 30 anos, algo inda
queda...
Na
ruta 3 pártese de Casanova preto de Maside, A ruta téndela
marabillosamente explicada no link de Vikiloc, ruta 3, con boas
fotografías e todo tipo de explicacións. Aproveito`para dar as grazas e
felicitar a xente que colaboa con Vikiloc, hai que quitarse o sombreiro,
polos moitos anos de traballo e sensacional, aparte de competente
traballo...¡Noraboa!.
Total: 4
km. ida e volta.
Ruta 2.-
O camiño parte do mismo lugar, ver no mapa. Utilizando un 4x4, fixen a ruta
e non estaba moi ben. Non me gusta para camiñar, pero pode facerse... Sobre 4 km. Ida e volta.
Ruta 3.-
Ruta de Wikiloc. Son 6,82 km ida e volta.
Ver este link.
Volver a "Ríos galegos"
Volver a
Disfruta do Ribeiro.
