
O poemiña é de
Manuel María, un poeta galego cunha poesía
exquisita.
Moitas gracias polo poemiña que para
mín soa efectivamente a " canción misteriosa dunha asombrosa
beleza".
... |
POEMIÑA DO SEÑOR
REGATO DO CEPELO
Nunca
tiveche unha arela de
tan humilde e sinxelo: ¡Meu
regato do Cepelo, das
Regas uo da Barciela!.
Maila
ó teu nome sonoro, eres
regato e non río: ¡
o teu caudal tan esguío
nunca
encherá un encoro!
Mais
dices con xentileza, leve
vea rumorosa, unha
canción misteriosa dunha
asombrosa beleza.
Se
eu te chamo : ¡ señoría!,
Breve
cantor xogoral: ¡ ti
non mo tomes a mal que
é proba de cortesía!
... |
|
. Volver
.
.
.
.
. |

Poemiña de Rosalía de castro.

... |
Pasa, río, pasa, río
co teu maino rebulir;
pasa, pasa ante as froliñas
color de ouro e de marfil,
a quen cos teus doces labios
tan doces cousas lle dis.
Pasa, pasa, mais non vexan
que te vas ao mar sin fin,
porque estonces.¡ai, probiñas,
canto chorarán por ti!.
Pasa río, pasa río
Cantares Gallegos.
...
|
|
. Volver
.
.
.
.
.
.
. |
Poemiña de Xosé María Díaz Castro.
Foto Secundino Lorenzo.
... |
Coma un río quixera eu ser:
cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra
¡ Unha bágoa de Deus en cada ierba!.
... |
|
. Volver
.
.
.
.
.
.
.
. |

Manuel Curros Enriquez.
Foto Secundino Lorenzo. Río Navea en Chandrexa de Queixa
... |
O río ten un leito mulidiño,
perfumado de rosas e cravés.
Tamén tiña outro o pobo; maís..vendérollo
¡ agora non o ten !
... |
|
. Volver
..
.
.
.
.
. |

Darío Xohán Cabana
Foto Secundino Lorenzo. Río Navea en Chandrexa de Queixa
... |
Desde o meu río da alegría
contemplo o decorrer de cada hora
e a sucesión da noite e máis da aurora,
da tarde, da maña, da meridía.
... |
|
. Volver
..
.
.
.
.
. |
|
|

Foto Secundino Lorenzo.
Río Arnoia en Baños de Molgas.
... |
Mainos son os regueiriños
que, mainiños antre as herbas
decorren tan mainamente
pol-as mainiñas ribeiras.
Albino Nuñez.
Libro Romances da Terra
Maina (2007)
... |
|
. Volver
.
.
.
.
.
.
.
. |

Eduardo Moreiras.
Libro Os nobres carreiros (1970)
Foto Secundino Lorenzo
... |
Río Soldón, de escumas puras
na cascada, entre rochas bermellas
fita azul
ao pé da Serra Rocaboa!
Deus, un día
Abriu gorxas de luz
nesta montaña galega
e ficou saudoso
a soñar.
... |

Eduardo Moreiras.
Libro Os nobres carreiros (1970)
Foto Secundino Lorenzo
...

Eduardo Moreiras.
Foto Secundino Lorenzo
... |
Brinca na rocha o regato
puro. Azas de cor viva
salpican o ceo.
Suspiros do regato en flor,
¿de quen serán?
A auga lambe a carriza
coma bico na pel soñada
¿Qué amará?
...
Vieiros de tomelo o levan
lonxe, agachado nas xestas,
coma un neno.
Regueiro de augas frías
entre penedos: no prado
¿que soñará?
Linguas de fogo alumean
o frescor da ponla delicada.
Cantiga do regato humilde
e solo, nas uces da montaña,
¿pra onde irá?
... |
|
. Volver
.
.
.
.
.
.
.
. |

Ribeiras de Laias...

No corazón de Castrelo...

Por Francelos espállase en campo aberto...

Por Filgueira as augas abrazan lirios...

Buscando as terras guardesas...

Buscando as terras guardesas...

O río Miño chegando ó mar...
Romance titulado polo autor
"Ribeirana"
Autor:
Víctor Campio
... |
baixa o Miño entre viñedos
con saibo de amor labrego.
(Baixa o meu río cantando
Por Francelos e Filgueira
espállase en campo aberto,
e bican a flor dos érbedos.
buscando as terras guardesas
sen timón, vela nin remo.
ceibe na rosa dos ventos.
(Os dous baixamos cantando,
...
|
|
Volver poesías
Saír ó río Miño
Salir al río Miño
|
|
|

Ponte Gafín. Foto Raúl Río
Autor dos versos:
Xosé María Díaz Castro |
Coma un río quixera eu ser: cantar con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.
Trociño da poesía chamada "Como un río" do libro "Nimbos" de Editorial Galaxia
2014.Autor X.M. Díaz Castro a quen se lle dedica o "Día das
letras galegas" do ano 2014.
-
|

Sete muíños. Guitiriz. Lugo.Descoñezo
autor fot.
Autor dos versos:
Xosé María Díaz Castro |
Chora o
ameneiro en soños(¡Que ben se oín os muíños!.)
e chora polo tempo perdido nos
camiños.
...¡Ai como está de bágoas de
nenos feito o río!
Este é o Porto-Muiño , todo en
sombras, o río
A Virxe pasa a mao polo lombo
do río...
Trociño da poesía chamada "Vísperas" do libro "Nimbos" de Editorial Galaxia
2014.Autor X.M. Díaz Castro.
-
|

Muíño de Batán. Os Vilares. Guitiriz. Lugo.
Fot. Pepedocouto.
Autor dos versos:
Xosé María Díaz Castro |
Tódolos ríos pasan pola miña
alma, cheos de Deus, música e
lapas.
Tódalas pombas fan o meu amor.
A beleza feriume para sempre.
Ó traveso da escura teadaraña
deste mundo unha estrela cai no río
da miña vida e quédame chamando.
A beleza feriume para sempre.
Trociño da poesía chamada "Coma
unha espada" do libro "Nimbos" de Editorial Galaxia
2014.Autor X.M. Díaz Castro.
- |
|
Volver
|

Río de Outeiro, espello cristalino...

...debruzado na Ponte do muiño,
mirándonos pasar,
Río de Outeiro...
O poema chámase "Río de Outeiro".
Do libro "As luces de noutrora"
de Edelmiro
Vázquez Naval. 2010
Aparece no libro "Poesía Reunida (1988-2017)"
Publica Eurisaces Editora no 2017.
...
|
Río da infancia, ausente melodía
no corazón dun canto matutino.
Rio de Outeiro, espello cristalino,
dos meus días, corrente fuxidía.
Río do tempo, o sol de mediodía
xa devala en poñente vespertino.
Río da vida, río de destino,
peregrino de ignota lonxanía.
Lonxe de min, atópome contigo
Vexo un neno que escoita, paseniño,
os murmurios do tempo pasaxeiro.
Lonxe de ti, encóntrome comigo,
debruzado na
Ponte do Muíño,
mirándonos pasar, Río de Outeiro.
...
|
|
. Volver
..
.
.
.
. |

Do libro "Cen poemas do río Eume"
de César
Antonio Molina.

... |
Zunido húmido do vento
Rozamento da chuvia sobre as follas dos carballos
Murmurio dun regato
Arrolo dunha lontra en cío.
Berro dun lagarteiro
Mansedume dunha vaca marela pacendo.
Feixes de luz perforando a follaxe
Goteo do callo nos sacos de xute
Xabarís forzando tesouros.
Silencio nos calvarios.
A poesía faise nas fragas.
...
Volver |
|
.
.
.
.
.
. |

Do libro "Miño"
de Francisco X. Fernández Naval.



Poesía "O baño" do libro
"MIÑO"
e poesía "Contra corrente" tamén do mismo libro.
Francisco X. Fdez. Naval.
XXIII premio de poesía cidade de Ourense.
Fotografías en Ourense-Cidade. A maioría de Pacheco.
Río Miño.
|
Bañabámonos nel
pero sempre lle tivemos medo
que había limo no fondo
e os pés esvaraban en coios
e negrura,
e tíña pozas logo do cachón
e entre as pontes
remuíños nos que aniñaba un misterio.
Diciamos canción
pero era calafrío
e regresabamos, no carrito vermello,
cheirando a lama fresca, a carpaza e a sábrego.
Tiñamos medo
de mirármonos nenos
nos seus ollos de vello,
no silenciado sangue
das pucharcas,
evitábamos o seu abrazo de verán e de argazo,
de pozo
de remuíño escuro.
--------------------------------------------------
Remontar río arriba sempre
coma salmón, contra corrente, anguía ou
troita contra esperanza, coma verso
de pescador de sábalos.
Remontar no devalar dos días
só, na mesma escuridade das augas que
se embeben e cantan,
corrente que nunca será fin
porque nunca se inicia.
Remontar como aire,
esta tarde. |
|
.
.
.
Volver
.
.
.
.
. |

Do libro Eidos.
Uxío Novoneyra o poeta do Courel.
Foto Secundino Lorenzo.
Devesa da Rogueira.

Foto Secundino Lorenzo.
O Courel. Meiraos dende Paderne.

Foto Secundino Lorenzo.
O Courel.

Foto Secundino Lorenzo. |
Tronou
ventou e choveu
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caíu
sólo foi pre quen´a oiu.
Ameteu o río. Ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes.
Nazá auga a golforón.
Regan os prados a cachón.
----------------------------------------
Allea a soutos e chousas
i a canto de eilí se vía
allea a areas e lousas
a auga crara corría...
Namorado tiña cousas
cousas que a auga sabía.
------------------------------------------
Vendo i ouvindo o río vaise o tempo sin sentilo. ------------------------------------------
Esta auga da presa son eu
ou é ela? ------------------------------------------
Prados do río! Pincheiras a cachón i a fío!
Niste pao sentado cando viña de neno co gando
facía
cintos de xunco trenzado. |
|
Volver
|

Do libro "As pontes do Lérez"
de A. Portela e A.
Rodríguez Fraiz
Seica así cantou Avelino Cachafeiro. |
Regatiños da doce Galicia,
gaitiñas levades pro mar
de pedra en pedra un gaiteiro
espallando o voso alborear
Os páxaros nos amieiros
rompen con vos a cantar,
as troitas pillan saltiños
e brincan pra namorar...
|
|
Volver
|

Poesía que aparece nunha tosta preto de Santalla de Abaixo
no río Louzara, e que pertence ao Roteiro Literario dedicado ao poeta. A tosta ten un moneco que intenta atravesar o río a certa
altura. Foto S. Lorenzo.

Este é o moneco que intenta pasar
por riba da tosta...
A poesía é do poeta de Santalla.Foto
S. Lorenzo.
Fiz Vergara Vilariño. (1953-1997)
"Romance íntimo ao Río Lóuzara"

Foto S. Lorenzo. |
Romance
íntimo o río Louzara.
Dezanove anos de vida
e índa zoa nos meus ouvídos
a túa cantiga soneira,
que arrolou de meniño,
aquil cantar doce, soave,
garimoso e solermiño;
aquil cantar infantil
inda hoxe sigue vivindo.
Pro a infancia... a miña infancia:
¿Onde ma levaches río?
Dezanove anos de vida
e inda vexo o meu sorriso
reflexando nos espellos
dos teus remansos de vidro;
nas túas ondas transparentes
coma luces do vacío.
¡Os espellos seguen aí,
perennes e cristaíños!
Pro a ledicia... a ledicia:
¿Onde ma levaches río?
Nota: esta poesía forma
parte dun itinerario sensacional, roteiro literario, que está feito en Santalla, sempre
seguindo o río Louzara, entre
outras cousas como homenaxe ao seu gran poeta Fiz Vergara Vilariño. A
poesía aparece no libro "Seis novas voces da poesía galega".
Está no punto 4 e pón "Muíño
de
Locai" e a xeito de monólito de ferro, aparece firmado por Álvaro de la Vega
(ver a cabeceira á esquerda)..
-------------------------------
|

Río Louzara. Fotografía Secundino L.
O poema está sacado do libro
"Nos eidos da bremanza". Galaxia 1990 |
Río
¡Río da miña infancia, cobra de auga
escoando lixeira vagoada
abaixo!
Moitas veces (de mociño)
puxen sobre as túas ondas correntías
o mesmo S.O.S. metido na botella.
Logo fiquei na orela
agardando en silencio,
ollándome no espello dos teus claros
relanzos.
Todo foi en van, compañeiro:
¡ela inda non chegou a miña carón!
|
|
Volver
|
 Río
Barbantiño. Minicentral que desfixo a
fervenza do Barbantiño e o bosque de ribeira que había na zona.
Foto Secundino Lorenzo.
...
|
Ante tanta beleza e tanta poesía para
ensalzar esa beleza dos nosos ríos e regatos, non está demais
poñer unha poesía contra os que, legalmente ou non, están a desfacer os
nosos ríos e os nosos regatos.
Para
eles vai dedicada esta poesía.
Volver
|

Río Lor na Labrada
Foto Secundino Lorenzo.

Río Lor camiño do Sil.
Foto Secundino Lorenzo.

Río Sil por debaixo de Quiroga.
Foto Secundino Lorenzo.

Río Sil dende o mirador de Pena
Lodeiro Foto Secundino Lorenzo. |
Ao Novoneyra, cantor do Caurel
de orvalho
no mês de abril!
Do Sil ao Lor
que
tremor febril
de cor
ouro, esmeralda e anil
no langor
já de flor primaveril
do
sol-pôr!
Do Lor ao Sil
em
abril
que rumor
de um orvalhar
de águas
mil!
(de Rio de Sonho e
Tempo)
Ai, meu Sil
meu meigo rio
que tinhas os olhos verdes
e donairoso o feitio
Lua do Sil
lúa loira
que doce e souril me olhavas
a segredar-me
entre a boira.
Pelos salgueirais do Sil
cantavam os melros mil
Quem podesse novamente
ouvir seu canto gentil!
|
|
Volver
|
|
|

Arco da vella no piñeiredo,
erguéndose a beber nun río da serra...
|
O Arco da Vella.
(Xerardo Álvarez Limeses. 1934)
Dende o piñeiredo de Vilanoviña
o arco da vella ergueuse a beber,
tanta sede tiña
que fixo surrindo un vó de anduriña
e foi dun esguello nun río a caer.
Ó sentir da auga a caricia leda
espallouse en néboa pola tarde mol
i enchéndose dela colgou na robleda
seu pano de cores tinguido de sol.
O pasmo das xentes deulle preitesía:
xa o frescor da auga non lle apetecía
e como as gabanzas lle sentaban mal
voltou pouco a pouco, con gran señoría,
rubindo do río cara o piñeiral.
|
|
Volver
|

Río Miño, polo Saviñao coas cepas a un e outro lado.
Descoñezo ao autor da fotografía, sacada co encoro de Belesar baixo.

Río Miño pola misma zona. |
Vendimias
(Xosé Lois Garcia. "Do Faro ó Miño)
O vello Pai Miño, agora está
encorado, mudo, apreixado.
Máis houbo un tempo
no que cantaba ledo e ceibe.
de mura en mura
de vide en vide
de lugar en lugar,
de souto en souto,
enchendo de música as terras ribeirás.
Era un tempo gozoso
de vendimias e aturuxos
que cruzaban o Miño
como paxaros namorados,
como nubes sutiles e lixeiras,
mentras o gando
agardaba, pacenciudo,
na cima da Grella,
entre piñeiros esguíos e orballados.
As vendimias remataban
con antergos berros rituás
Decían os de Lemos:
"¡Hei papeiros!"
E respostaban con xenio
os de Chantada:
"! Hei rabudos!"
|
|
Volver
|

Río Mino. Debuxo
de Anxo Lamas.
Poema sacado do
libro de Xosé Otero
Canto "Miño, río pai
e amigo"

Río Mino. Debuxo de Macía.
|
Baixei axiña buscar ó río
os estertores do paxaro fuxidío,
e encontrei o distingo das engranaxes
quedas
da súa silandeira cremalleira de auga.
e vin como baixaba dende a cabeza de
Meira
amecendo dentes no raíl da canle,
nun xuntoiro de augas casadas
con vestidos de noivas,
percorrendo A Chaira.
Que calado vai este pai de todos!
Fixérono os bois marelos polo baixo
veiguío
fendendo no tempo coas rellas do arado
un antergo rego no escorrentío.
Río amigo.
Que sono inmortal levas contigo!
Que silencio na ribeira eterno
se move nas túas augas procelosas!
Que verdade abrangues nas augas
claras!
Río amigo.
Río manso.
Río infindo.
|
|
Volver
|

A Barca de Barbantes-Estación
Ourense.
Onte ceibe...
Poema sacado do
libro de Xosé Conde "Ausencias,
soños e rebeldias". Poesía en Galego (1952-1990)

Río Miño hoxe en
Barbantes-Estación.
Foto Secundino Lorenzo.
Hoxe prisioneiro.

A Barca de Barbantes en festa.
Onte ceibe...
|
"RIO
MIÑO"
Onte, ceibe,
hoxe,
prisioneiro.
Enmudeceu o teu
cantar de paxaro.
Río Miño en
pochancas,
escravo es dos
ratos
que amoedan os
teus pulos.
En tempos de
denantes
fuches merlo
segrel,
poeta lírico.
Dende Fonmiñá
ó Tegra
botaban por ti
flores os eidos.
Bolboretas con
bicos de amenceres
aprendían
muiñeiras
nas túas olas.
Río Miño de onte,
mozo a
aturuxar nos cómaros,
onde
as anduriñas se detiñan
para ensaiar o seu ballet
de lume e
fonte.
Dá mágoa ver o
río escravo
no seu leito
noxento de piratas.
Onde onte galopaba
con alas
cristalinas
con voces
outas,
hoxe está a
apodrecer en lamazais.
--o--
Nota: tendes
neste
link, nesta misma páxina, un traballo meu con outras poesías de Xosé
Conde.
--0--
|
|
Volver
|

Ribeira Sacra no Canón do Sil.
Socalcos en Amandi.
Fotografía Secundino Lorenzo.

Ribeira Sacra no Canón do Sil.
Cantroxiñas mirando ao río Sil...
Fotografía Secundino Lorenzo.
|
Trociño da poesía
de Alba Cid, do seu libro "Atlas", e de título "Instrucións para
arrolar o Canón do Sil"
a néboa dos
vales fluviais é diferente, crin que o sabías.
a néboa, nos
vales fluviais, suspende os outonos e a resposta das campás.
peta a feito á
porta das casas,
e baixo o seu
influxo, os homes-teixo descenden ás marxes do río
e construen
escaleiras de Xacob para cultivar as vides.
se a flor da
tarde cae aberta
as fillas dos
homes entran no río. fan o morto nas beiras,
xogan a contar
socalcos coa mirada ata que se trabucan; rin forte.
mira como
brilla a lúa onda os pés delas,
tinguíndose
mencía
mentres
crecen.
Nota:
A poesía ten catro partes e cada unha delas trae unhas
instrucións para arrolar ao Canón do Sil. O trociño anterior é a
poesía que trae o punto 2.
Por certo Alba Cid e o seu libro
"Atlas" levou no 2020 o Premio Nacional de Poesía Joven "Miguel
Hernández"..
|
|
Volver
|

Río Miño en Ourense.
Fotografía Secundino
Lorenzo. |
Celso Emilio
Ferreiro
Trociño da poesía "Loubanza do Pai Miño".

|
|
Volver
|

Pelouros do Pai Miño

Río Miño

Colexio de "O Pelouro"

Pai Miño e O Pelouro

Río Miño

Pelouros do Pai Miño |
Juan Llauder
Poesia do libro POEMARIO,
que leva por título "O Pelouro". Está escrita en
castelán e italiano. Tradución ao galego de S. Lorenzo.
Pelouros
rodando, libres, ao correr do
río
do río,
da CIENCIA que nutriu toda UTOPÍA
da UTOPÍA que animou a toda a CIENCIA
A CIENCIA DA INCERTA REALIDADE
DO NENO DO HOME DA VIDA DO CORRER DO RÏO...
A UTOPÍA
"O Pelouro"...
ESPACIO/TEMPO que permite
AFIAR, AMORNAR, AS ANTENAS
PERCEPTIVAS,
indagar, comprender a
realidade
...o real da COUSA, as cousas,
EN SÍ,
...a ensoñada IMAXEN DO REAL.
A realidade, estreada cada
día,
aprendida....
A realidade, petando
contra os BORDOS DE PROA
inmerso e perceptivo,
fendendo o discurrir do río.
En vertical, rastrexando,
abaixo, ao fondo,
do propio EU e dos
devanceiros,
en vertical, movendo o vento o
devir do tempo,
arriba...
...E, no plano horizontal,
alerta, sorprendido,
receptivo,
...a todo ó real que está,
nese trascurrir tan lento,
no espacio/tempo do Presente amplo,
do profundo correr do río.
Nota: Juan Llauder e Teresa Ubeira fundaron o centro singular neuropsicopedagógico de
innovación e integración O Pelouro de Caldelas de TUI en
Galicia. Utilizan, entre outras moitas cousas, o río Miño en
moitos dos seus proxectos. Por eso e outras cousas figuran neste
apartado e noutros que farei...
|
|
Volver a poesía
Volver
O pelouro e o Pai Miño.
|
|
|