MALDITOS OS QUE DESTROZAN O MUNDO
![]()
![]()
![]()
ESCARÑO CONTRA
OS DESTRAGADORES DO MUNDO.
Contaminadores do aire puro e da auga
humilde,
casta,
e cristalina.
Incendiarios da sagrada fraga
misteriosa, cantora e ancestral.
Asasinos de paxaros.
Verdugos
de todo canto ama, vive e canta.
Violadores e destructores
da máxica paisaxe rumorosa.
ENEMIGOS DA VIDA E DA BELEZA.
Consentidores de tanto xenocidio:
cando reventa o pus do voso odio
sementades de morte a creación.
Malditos para sempre endexamais
por tódalas xeracións que son
e serán:
¡vós sodes
a miseria e a vileza deste mundo!.
![]()
![]()
Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004.
Para mín é un dos máis grandes poetas en lingua galega de tódolos tempos.
Onde estés:
¡Moitas grazas!.
Manuel María Fernández Teixeiro naceu nunha podente familia labrega de Outeiro de Rei, preto de Lugo. Nesta cidade residiu durante o seu Bacharelato cun tío cura, e frecuentou a amistade de Pimentel, Anxel Johán e Anxel Fole. Non rematou os seus estudios de Filosofía e Letras, e unha vez casado, instalouse en Monforte de Lemos, onde traballa de procurador dos tribunais e rexe coa súa esposa Saleta Goi a Libreria Xistral.
Na súa vida activísima de militante da cultura e da política, dirixiu a colección "Xistral" de poesía, plataforma inestimable de varios poetas máis novos ós que apoiou xenerosamente, colaborou e colabora con artigos na prensa, organiza actividades e recita e dicta conferencias sen descanso en tódolos sitios onde é chamado, sexan en Galicia ou no exterior. Premiadísimo en certames poéticos, é tamén narrador, ensaísta e dramaturgo e gran conversador. Foi o primeiro poeta mozo que editou un libro na postguerra, o Muiñeiro de brétemas, publicado no 1950.
Desde entón, trinta libros de versos compoñen a súa bibliografía poética, a máis extensa da literatura galega.
A inmensa obra de Manuel Maria resiste á súa definición sucinta pola concorde variedade da súa musa, desde o intimista ó rabiosamente político, desde a cantiga popular ó soneto. Algunha crítica estreita céntrase nos seus desacertos, que sen dúbida os ten, pero quede ningún xeito poden facer esquecer que Manuel Maria é un dos máis grandes poetas galegos de tódolos tempos.Nesta páxina www hai outro poemiña deste gran poeta. Concretamente no apartado Os ríos son poesía. trátase do poemiña do Sr. Regato do Cepelo.
Tamén en setembro do 2006 incorporei como conto "A tribo ten catro ríos", concretamente "Como naceu o regato de Cepelo" tamén de Manuel María.
![]()