O peixe de Einstein
"Un xogo de lóxica a resolver"
O xogo, que se atribue a Einstein, fala dun peixe
que ten un dono, que vive nunha casa, entre cinco casas de distintos cores. O lector ten
que razoar en qué casa vive o peixe; para elo, Einstein aporta 15 afirmacións
que deben levar a solución final.

Efectivamente
algún deles, no xogo, ten un peixe na casa, podedes velo nesta
fotografía e digo peixe e poño o
peixe
dos nosos ríos. Ou sexa queste peixe ten dono;
Einstein pregunta que é o dono?
Segundo a lenda, o famoso físico dixo que só un 2% da poboación
sería capaz de descubrir o resultado grazas ás quince indicacións
que se dan no xogo de lóxica, que di así:
Hai cinco casas de diferentes cores, e en cada unha delas vive unha
persoa dunha nacionalidade distinta. Os cinco propietarios beben
distintas bebidas, fuman tabaco (eran os tempos de Einstein onde non
se sabía que o tabaco perxudica e moito a saúde) de distintas marcas e teñen mascotas
diferentes. Ningún deles posúe o mesmo animal, fuma a mesma marca
nin bebe a mesma bebida. Podes contestar, quen é o dono do peixe??.
Tamén doutro xeito, que é o que ten o peixe como mascota?
As premisas para resolvelo son:
1. O inglés vive nunha casa vermella
2. O sueco ten un can
3. O danés toma té
4. O noruego vive na primeira casa
5. O alemán fuma Prince
6. A casa verde queda inmediatamente á esquerda da branca
7. O dono da casa verde toma café
8. A persoa que fuma Pall Mall cativa paxaros
9. O dono da casa amarela fuma Durnhill
10.O home que vive na casa do centro toma leite
11.O home que fuma Blends vive á beira do que ten un gato
12.O home que ten un cabalo vive á beira do que fuma Dunhill
13.O home que fuma Bluemaster toma cervexa
14.O home que fuma Blends é veciño do que toma auga
15.O noruego vive á beira da casa azul

Quen é o dono do peixe?
Plantexa a túa estratexia do xogo, coma sabes facer en todos os problemas,
toma tempo e verifica todas as hipótesis ou datos que che dan.
Unha vez que teñas a solución comproba, si querés, para
ver si acertaches.
Penso que non é dificil, trátase de organizarse simplemente.
Dudo moito que Einstein perdera o tempo inventando estos xogos
de lóxica, pero bueno...é curioso.
En internet simplemente escribindo en Google "Youtube problema
de Einstein" tes varios que che dan a solución.