¡Pensa un pouco!
Adiviñas alusivas os ríos (están sacadas a maioría do libro Os Ríos , Enciclopedia Temática ilustrada e editado por A Nosa Terra - 2002).
Xogo de lóxica. Este é o famoso xogo de Einstein. Como hai que buscar un peixe por eso ó poño neste apartado.
![]()
É longo como un camiño,
e vai fozando coma un porquiño.
Quen é?
Rta: evidente
![]()
Atrás dun penedo pariuno a súa nai,
correu pola terra e casou no mar.
Quen é?
Rta: evidente
![]()
Nacín nun gran pedregal,
corro entre vales e cidades
e desemboco en Portugal
Quen é?
Rta: evidente ver Rta2
![]()
Non son coche
pero fréanme os encoros
e despois de vencer
non poucos atrancos
deito as miñas augas
no océano Atlántico.
Quen é?
![]()
Nace nunha fonte
e atravesa as pontes.
Quen é?
Rta: evidente
![]()
Por un carreiriño
moi mal empedrado
ando e non me mollo
e sempre vou mollado
Quen son?
Rta: evidente
![]()
Longo como unha rúa
rebuldeiro coma un meniño;
cantareiro como un paxaro
e torto como un fuciño.
Quen son?
Rta: evidente (Alfonso Magariños.)
![]()
Son dúas irmás
e nunca xuntas as verás.
Quen somos?
![]()
Non é troveiro, e ás veces canta
anda como a serpe, deitado,
vive con frio e desacougado,
e non é cabalo nin se espanta,
ten cinco frenos e un bozal,
mais chega brincando a Portugal,
meus amigos a verdade e tanta.
![]()
Teño sona de cantante
sempre vou para adiante,
a de Iguazú é moi importante
¿Que demo son, diantre?
Rta4 (José de Cora)
![]()
Vai voando de pedra en pedra
e chega ao río e creba.
Que é?
![]()
¿Que cousa ten o muíño
precisa e non necesaria
non pode moer sin ela
e non lle serve de nada?
![]()
Nicanor tiña un barco
e con el surcaba o río
era este un barco pequeno
![]()
Como sae un gatiño dun río?
![]()
Vai o campo e non come,
vai o río e non bebe
Eso dando voces se mantiene
Que cousa é?
![]()
Un cabalo blanco caeu
no río Negro. Como saiu?
![]()
Bótaselle de todo no seu leito,
e róubaselle a auga a feito.
Moitas veces cortan a súa andaina
e non deixan subir a súa fauna.
Trátanse moi mal e moi duro
a pesares de ser o ouro do futuro.
Quen son?
RTA : 11 (Secundino Lorenzo, autor da web)
As beiras do río
O río Miño
É o río Miño.
Os Frenos son cinco encoros que ten:
Belesar, Os Peares, Velle, Castrelo e Frieira.
O Bozal é o Atlántico.
A catarata
O papel.
O ruído
Norte Sur este Oeste
Mollado
O cencerro
Mollado
Os ríos galegos.