Leuciscus Carolitertii.  Pancha. ( Bordallo)

Características.

Distribución en Galicia.

É un ciprínido moi abondoso en Galicia Sur, nas cuncas do Miño, Sil, Támega e Limia. Tamén no río Lerez.

A súa característica máis importante para distinguilo é o reticulado do corpo, así como a súa gran boca.

Gústalle habitar tramos de non moita corrente.

Este peixe é endémico, osea que soio hai na peninsula Ibérica, así o cita un traballo de AEMS " Invasores con escamas".

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características

Nome latino Leuciscus Carolitertti  ( Doadrio 1987). Por certo Doadrio é español e catedrático en Madrid, onde mandei un e-mail para pedir características deste peixe.
Nome galego Pancha
Nome castellano Bordallo
Dimensións O normal está sobre 25 cms.
Identificación: Ríos e regatos. É un ciprínido que se diferencia ( o parecer) pola súa boca grande, así como polas escamas grandes e marxinadas de negro, o que lle confere ó corpo aspecto reticulado.

A coloración é verde-acastañada no dorso; os costados máis claros e ventre esbrancuxado.

Alimentación: Insectos de todo tipo, algas, macrofitas acuáticas, etc.
Habitats: Ríos en xeral. Xeralmente prefere ríos de augas tranquilas ou correntes suaves, sobre fondos de area nos que se desenvolve abondosa cuberta de vexetación acuática.
Protección: Ninguna. Este peixe é raro e trátase dun endemismo.
Localización: Presente en tódalas concas interiores de Galicia : Miño, Sil Támega, Limia, tamén no Lérez.
Curiosidade : Teño que recoñecer o meu descoñecemento deste peixe que o parecer é abondoso en Ourense, seguramente o teño pescado , pensando que é un escalo o unha boga. No futuro tratarei de fixarme. Cousas que pasan......

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

PANCHA

O parecer é abondoso en Galicia según o ATLAS DE VERTEBRADOS DE GALICIA O TOMO I, na páxina 56, onde fai unha descripción deste peixe. O parecer abonda no Miño, no Sil , na conca do Támega e do Limia así como na conca do Lérez.

É curioso que no "Inventario de peixes da Xunta de Galicia" non aparece este peixe a pesares de ser abondoso. O lector que pense o que quera.

Subir.