¿Lémbranse no ano 2012  de como quedou

o río Navea cós incendios de ese ano?

Pois como quedará despois de agosto de 2025?

¡Qué nos espera no futuro co cambio climático!

 

Poño un pequeno exemplo: Rio Navea  en Chandrexa de Queixa

Anos setenta, oitenta e noventa do século pasado: unha zona única de Ourense e de Galicia.

Río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense. Por riba das Taboazas. ¡Cantas troitiñas me deu!. Graciñas...

Río Navea, en Chandrexa de Queixa (Ourense). 1970-1999. Un dos mellores ríos da provincia de Ourense.

Chandrexa de Queixa e o seu río o Navea ou río de Queixa,  Sta. Cruz, a Ferrería,  Taboazas,  as pondras de Taboazas, o carballo do Chicho, o Pozo do Félix, o Pozo do Chicho, as chaves do Páxaro, o Sr. Enrique e o can border collie, que fenómeno,  as excursións con Raúl e compañeiros do IES As Lagoas (Ourense) e outros,  o Pozo Samión, a Edreira; cantas lembranzas, cantas fotografías para toda a vida...

Unha marabilla que xa foi...a súa fauna e flora forma parte básica do meu traballo sobre os ríos galegos.

Podedes ver unha grabación con drón de Andrés Glez. Castro, marabilloso pero que se queda a dous kms. da desembocadura do río no encoro de Chandrexa de Queixa; de tódolos xeitos da unha idea do paraiso que era a zona. Hoxe ardeu toda a parte esquerda do río.   A partir da metade si vedes casas esa é a parte dereita do río, o pueblo de Taboazas. Ardeu no outro lado.

Pulsar este link:  Castrodón.

 

Este ano 2025, en agosto.  arderon, na parte esquerda do río, máis  23.000 Ha. de monte.

Imaxínense á poco que chova como irá outra vez o río.

 

 

Río Navea, en Chandrexa de Queixa (Ourense). Marzo do ano 2012.

Na cabeceira do encoro de Chandrexa, a altura de Sta. Cruz había unha acumulación de cinza de mais dun metro de altura e de centos de metros de lonxitude, repito toneladas de cinza...

Estas baixaron polo río Navea e arrasaron toda a vida do mismo...

Descoñezo ao autor desta fotografía, penso que viña no Diario O Sil da época. Por certo as fotografías e videos non referenciadas  son todas de Secundino Lorenzo Fdez., autor deste artigo.

 

O incendio  queimou esa parte que ven na zona do Monte Samión,

por debaixo da Edreira.

Río Navea, en Chandrexa de Queixa (Ourense). Marzo do ano 2012.

As cinzas baixaron polo río Navea e arrasaron toda a vida do mismo...

 

En calquera lugar había acumulación de cinza. Cantas troitiñas pescamos nestas posturas o amigo Féliz e máis eu.

 

No río non había vida.

No monte que ardeu: tampouco.

 

Ver estas fotografías, da miña visita o 07/09/2012,

 nesta misma páxina web.

 

Tanto disgusto levei que publiquei este video de despedida do río, eu falaba deste río como si me fora da familia, "era o meu río" :

 

 

 

A música da gran Dulce Pontes, unha cantante portuguesa de sete estralos, unha fadista única. Por qué escollo esta canción?, eu penso que está claro:

 

«Están as nubes chorando/por un amor que morreu/están as rúas molladas/de tanto como choveu./Lela, Lela,/Leliña por quen eu morro/quero mirarme nas meniñas dos teus ollos./Non me deixes/e ten compaixón de min./Sen ti non podo,/sen ti non podo vivir./Dáme alento cas túas palabras,/dáme celme do teu corazón,/dáme lume cas túas miradas,/dáme vida co teu doce amor./Lela, Lela,/Leliña por quen eu morro/quero mirarme nas meniñas dos teus ollos./Non me deixes/e ten compaixón de min./Sen ti non podo,/sen ti non podo vivir».

Por certo a letra é de Castelao e aparece na súa obra "Os vellos non deben enamorarse". Esta claro no meu caso quen é Lela para mín...

Efectivamente o meu amor a este río morreu, pero non está ben dito, mellor "o meu amor a este río matárono"...

Volvín á este río o 23 de xullo do ano 2024, miramos a fondo, incluso pescando como nos vellos tempos,  seguía como no 2012 sin recuperarse; máis morto que vivo.

Volvín coa esperanza de ver algunha recuperación do río, fun cos meus amigos e compañeiros de pesca Julio Taboada Páxaro e Raúl Jácome Docampo.

O río en canto a vida, moi pouca, o peixe máis emblemático da zona, a troita, nada de nada. Sí había bandadas de ciprínidos que suben do encoro. Alguén botou algunha carpa nun pozo do río, unha mágoa...

 

Volverei este año 2025 ou a primeiros do 2026 para ver os efectos dos incendios deste ano. ¡Témome o peor!...

 

¿Que pasou no 2025 en agosto?.

Arderon 23.036 Ha. na parte esquerda do río. Seguramente moito máis. Hoxe a Xunta fala de 100.000 Ha. queimadas en total en Galicia e outros datos dende o espacio, medidos polo sistema europeo de satélites  Copernicus,  falan de 143.673 Ha.

Galicia foi un auténtico desastre e Ourense unha desgracia total.

Claro que o Presidente da Xunta, ven a minimizar esta catástrofe ..."eran matorrales y piedras...". De verdade que sinto vergoña, por non dicir outra cousa... (Ver ao final un artigo de científicos decíndolle a este Sr. catro cousas...)

A fotografía que sigue, extraordinaria, da boa conta do desastre e da magnitude destes incendios.

 

Fotografía do incendio de Chandrexa de Queixa, sacada o día 30 de agosto do ano 2025 por Pedro Armestre. A Imaxen é dunha colección de imaxes e videos de Greenpeace.org.  Ver neste link outras.

 

 

Causas do incendio: de todos coñecidas:  non se traballa no Inverno e na primavera para paliar estos eventos, un abandono casi total dos nosos montes e por suposto dos nosos ríos. Reducción de persoal o mínimo e no incendio houbo medios que nin se utilizaron por falta de xente...Moitas mentiras ou bulos e calando ó máis grave...

Agora piden os políticos  que veña o exército a tornar a cinza os ríos...incrible petición...

En fin.  xoio me queda chorar e reinvidicar que esto cambie para ben, cousa que dudo e se reunan xente que sepan sobre ó que está a pasar e se fagan os traballos que hai que facer en tempo e forma.

Outros paises si se están a facer e paliar o cambio climático que está cambiando totalmente a forma de actuar. Con seriedade, buscando en todo momento xente especialista e póndose a traballar.

Poño dous videos, onde se poden aprender moitas cousas e sobre todo ver como se acometen estes problemas, noutros lugares,  e se lle pón solución, todos a unha ...

Os videos parten de dous problemas: un os incendios e outro as enchentas dos ríos e as desgracias que producen. O cambio climático lévanos a telo en conta xa que as condicións cambiaron moitísimo.

Os pasos sempre deberán ser os mismos:

1.- Estudio a fondo do tema, con xente preparada. Os científicos están para eso. Hoxe hai xente moi boa e que pode aportar moitas ideas.

2.- Explicitar e discutir solucións.

3.- Polas en marcha e vixialas todo o ano

Non hai outra forma de facelo.

Todo o ano.

Toda a vida.

Vexamos unhas axudas:

 

Video sobre os incendios en Europa, as causas e as posibles solucións:

O video está moi ben feito por Arte Europa Semanal e merece a pena velo e pensar un pouco.

Nesto dos lumes hai moita xente que fala sin coñecementos e así nos vai. Tamén moito negacionista e dice que o cambio climático é un conto,  e así nos vai. Evidentemente para eles non vai o video...

 

 

Este é o link do video

 

En Galicia podíase facer moitas máis cousas e organizar a xente de moitas formas:

Claro que é máis doado:  facer a Alerta 2 e Tirar para adiante e por suposto que arda o monte...Esto é o que dice  Xosé Carballido Presas, todo un experto nos temas relacionados co monte galego, nun artigo publicado no diario La Región de Ourense o 20/08/2025: :

 

ALERTA 2 : QUE ARDA O MONTE.

 

Si ledes o seu artigo darédevos conta de que hai moito que facer en Galicia;  ademais que é posible facelo.

Quédome coa súa conclusión final, está moi clara:

 

"A política agraria non é limpar, rozar e apagar, senón ordenar, producir, cultivar ... Hai que crear mecanismos e activar os existentes: Banco de Terras, Polígonos Agroforestais, Unidades de Xestión Forestal... ou cambiamos isto, ou temos Nivel 2 para rato."

 

Video sobre as chuvias torrenciais e polo tanto as enchentas dos ríos:

 

Este é o link do video.

 

O video está tamén moi ben feito, esta firmado por D.W.  que é un servicio de Difusión Alemán de corte científico e moi documentados. Merece a pena velo a pesar de que dura casi unha hora.

Eu fariao de lectura obligatoria para todos aqueles que teñen que ver con este tipo de desastres que se están a producir polo cambio climático. Cada vez con máis frecuencia temos unas sequías enormes e as precipitacións convértense en enchentas catastróficas. O video fala de como podemos protexernos e eso interesa a todos.

 

Megaincendios. Descoñezo ao autor da fotografía.

Hoxe hai palabras novas nos incendios así: Megaincendios, incendios de 6º xeneración, pirocúmolos, etc.  Interesados ver  o final do artigo de que vai...

 

Para rematar porei un artigo no que 50 especialistas en incendios falan sobre os megaincendios e falan de atallalos:

Ollo que en España este ano 2025 queimáronse 400.000 Ha. das cales en Galicia fálase de 150.000 casi a mitade. Os megaincendios seguirán e cada ano serán maiores as desgracias, esto é unha evidencia. Non é un pensamento meu...é o que dicen 50 especialistas reunidos en Madrid e que estudiaron estos anos ó que está a pasar, algunhas das súas frases son:

"...A pesar de que España es uno de los países que más recursos de extinción tiene por superficie, no se trata de un problema de apagar fuegos, sino de evitar que se produzcan los que se convierten en incontrolables... Hasta ahora se ha abordado desde las comunidades autónomas, pero necesitamos una perspectiva nacional, incluso europea...”

"...El cambio climático es el mayor pirómano: revelan que hizo 40 veces más probables los megaincendios del verano..."

 

O artigo é do día 05/10/2025 e aparece no elDiario.es , este é o link.

Un artigo que hai que ler e tomar nota, hai moito que facer para que nos próximos incendios, que virán e serán megaincendios, estemos preparados.

 

---O---

 

Ampliacións ao artigo.

 

Esquema en dibuxo dun pirocúmulo e o que supón nos incendios.

 

Forest Hill, California, Estados Unidos - 8 de septiembre de 2022: Erupción de la nube de Pyrocumulus sobre el incendio de Misquito en las montañas de Sierra Nevada en California. Propiedad de Shutterstock.com .

Espero que non tome esto como unha copia, sei que venden fotografías e videos, por certo unha marabilla. En realidade esto deberan tomalo como un anuncio. Por suposto que non teñen por qué pagarme nada. As miñas páxinas non admiten ni persiguen ningún tipo de cobro. Si hai que quitar á foto xa saben ó meu email.

 

Nota sobre os pirocúmulos e os incendios de 6ª xeneración.

 

 

Fotografía tomada do video sobre Chandrexa de Queixa e o Río Navea ou Queixa de Andrés González Castro, Castrodón. Unha marabilla como todo o que fai Andrés González, por certo compón tamén a música.

 

Chandrexa de Queixa. Río Navea. Toda a parte dereita que se ve na fotografía queimouxe. Como dice Rueda, o Presidente da Xunta de Galicia en 2025,  "...matorrales e pedras...". Eu que visitei esta zona máis de vinte anos, todos os sábados de marzo a agosto, á  tempoada de pesca da troita, vín sempre un paraiso faunístico en calquera dos lugares; ao escoitar esta burrada tendenciosa e para minimizar ó que pasou:. ¡¡sinto vergoña!!...

¡Non saber ó que se ten é grave!.   Sempre dixen: ¡O que se coñece ámase, e ó que se ama cóidase!. Esta foi a filosofía das miñas web sobre os ríos e a natureza de Galicia...

 

Nota sobre "...lo que ardieron fueron matorrales y piedras..." Frase do noso presidente da Xunta,  Rueda.

 

---O---

 

 

      salir.jpg (922 bytes) Sair a ourense natural.            

 

salir.jpg (922 bytes) Saír a vida nos ríos galegos.

 

      salir.jpg (922 bytes) Sair a web de Exaprin Ribadavia.

 

salir.jpg (922 bytes) Sair A tempo atmosférico.