Agosto de 2025 ardeu parte da serra

de Chandrexa de Queixa.

Fotografías do que escribe.

Oito días despois.

 

Este é un mapa actual da zona que visitamos. Estuvemos na parte dereita do río Navea no pueblo de Taboazas, onde sacamos fotografías co Sr. Enrique e subimos pola serra ata o lugar indicado onde fixen un video e saquei outras fotografías. Madrugamos moito e facía un pouco de frio.

 

Encoro de Chandrexa de Queixa. O incendio comenzou a dereita da presa que se ve ao fondo.  Este incendio chegou a Taboazas, que estuvo a piques de arder.

 

Área recreativa de "O Plantio", vese ao final da estrada a esquerda. Por certo toda a ladeira esquerda da fotografía queimouse. As árbores que se ven no río son bidueiros, pero hai de todo salgueiros, amieiros, serbales en galego cancereixo ou capudre, acivros e outros...

 

Outra imaxen da área recreativa de "O Plantio", hai un refuxio, mesas para xantar ou merendar e fontes que non funcionaban. Toda a parte dereita ardeu.

As doce tomamos un picoteo nesta área recreativa "O Plantío".

 

 

As Taboazas, o pueblo a onde fomos sacar as fotografías do incendio,  por certo todo menos os prados estaban queimados. Non ardeu o pueblo gracias os veciños e tamén seguramente que os prados fixeron de cortafuegos.

 

Todas as fotografías anteriores están sacadas do video sobre Chandrexa de Queixa e o Río Navea ou Queixa de Andrés González Castro, Castrodón.

Está tomada un pouco máis arriba da area recreativa, e para situarse Taboazas queda a esquerda .

Todo ó que se ve enfrente e a dereita ardeu.

Poño estas fotografías para que vexamos ó que ardeu e ó que se perde, o lugar era marabilloso.

 

 

Oito días despois.

 

Fotografía do incendio de Chandrexa de Queixa, sacada o día 30 de agosto do ano 2025 por Pedro Armestre. A Imaxen é dunha colección de imaxes e videos de Greenpeace.org. 

 

Fotografías do que escribe.

Oito días despois.

 

Todo estaba queimado. As Taboazas non ardeu, xa está dito,  gracias os veciños e os prados que fixeron de cortafuegos.

Nesta fotografía o río vai abaixo entre as dúas montañas. Observar que por este lado, o dereito do río, xa que o río vai de esquerda a dereita,  ardeu todo menos o pueblo.

Logo para sacar fotografías subimos á cima do monte, por un camiño de terra dende onde se ven estas vistas.

Ver o video que sigue, sacado dende ese lugar:

 

Ese cortafuegos que se ve na montaña de enfrente salvou, seguramente,  a outros pueblos de Chandrexa de Queixa,  como Sta. Cruz e Casteleiriña de  que arderan.

Pulsar por riba da fotografía ou neste link do video.;   pequeno video onde se colle unha panorámica.

 

Outra vista do pueblo e como tuvo o lume ao redor. ¡Que medo!. Efectivamente os prados fixeron de cortalume. Ó de enfrente é penoso.

Por certo cando chova a auga baixará por esos regatiños pequenos que se ven na fotografía, na fotografía vense cinco. Entendo nestes lugares que boten palla, pero non sería mellor facer, como norte de Europa cuns bulldozer meter cañerías perpendiculares enterradas de dous a tres metros en certos lugares do canle ou baixada. Hoxe, no verán, non levan practicamente auga. Nas chuvias as primeiras escorrentías irian para dentro da terra polas cañerías. Algo similar están a facer en Verín co río Támega.

¡Hai que estudiar señores! ¡Hai que asesorarse cos científicos! ¡Hai que traballar todo ano para que esto si pasa non sexa o desastre que estamos a ver!

Hai que facerlle caso o meu amigo Xosé Carballido Presas, un home que do rural sabe moito e demostrouno con cargos que tuvo na Xunta:

"A política agraria non é limpar, rozar e apagar, senón ordenar, producir, cultivar ... Hai que crear mecanismos e activar os existentes: Banco de Terras, Polígonos Agroforestais, Unidades de Xestión Forestal... ou cambiamos isto, ou temos Nivel 2 para rato."

Esta frase apareceu nun artigo que titulaba: Alerta 2: que arda o monte.

E ardeu...

 

 

Subindo ao alto de Taboazas, ver como está todo queimado. O camiño, non podo chamarlle estrada,  vai pola esquerda neste caso e estaba en moi malas condicións, é lóxico. Pero repito, todo queimado.

 

Esta fotografía é moi curiosa e demostra a resiliencia da natureza. Oito días foron suficientes para que aparezca a quitamerendas, que non é máis que a Merendera montana, falso azafrán ou azafrán silvestre. O nome popular venlle de que a súa aparición marca a época na que o día empeza a devalar, a principio do outono, ou sexa os días son máis pequenos, e polo tanto os xornaleiros non lle servían a merenda no campo os traballadores e xa tiñan que irse a casa. No Courel chámanlle Tollemerendas. No resto de España recibe nomes moi curiosos como robameriendas, espantapastores, nomeriendes, robameriendas, flor de otoño, etc.

Nesta zona de Chandrexa de Queixa, concretamente na famosa Edreira, que está a 10 km. arriba deste lugar,  e pasa o río Navea ou Queixa por alí, tomei nota desta flor e púxenlle unha ficha na miña web sobre os ríos galegos. Moi curiosa como toda a flora e fauna deste lugar.

"...Lo que ardieron fueron matorrales y piedras..." , dicen algún entendido da Xunta de Galicia, concretamente o presidente Alfonso Rueda. Hai que descoñecer as cousas, e si non se coñecen calar, que así non se mete a pata; logo traballar, pondo os medios para que estas cousas non pasen.

A fotografía está feita no outro lado do camiño da fotografía anterior.

 

 

Os prados fixeron de cortafuegos, está claro. Por suposto tamén arden pero o peligro é casi nulo...

 

 

---o---

En taboazas fixemos unha visita o noso amigo Sr. Enrique, o home que coñece a serra como ninguén e que sempre informou de primeira man ao que escribe. Coñecino no ano 1990, normalmente andaba coas vacas, unha egua e tres ou catro cans, varios mastins e un Border collie, un can incrible. As vacas pastaban toda a zona sobre todo os prados a pé de río dende a cola do encoro ata á Ferrería.

 

O Sr. Enrique de Taboazas. Setembro de 2025. Oito días despois do incendio.

Foto do que escribe.

O Sr. Enrique de Taboazas. un home que nos informou todos estos anos de como estaba o río Navea na zona, dos incendios destes anos atrás, 2012,  2024 e 2025 e outras cousas. Na fotografía está coa súa egua que lle permite pasar o río inda que este vaia un pouco alto.

Na zona o río chámanlle río de Queixa; pola zona de Trives por onde  pasa para desembocar no Bibei chámanlle río Navea. Por certo o río Bibei vai o río Sil, os dous pola esquerda.

O Sr. Enrique ten noventa anos, pero pola súa axilidade non parece que pase dos cincuenta. Moi bon falador é  con moitas anécdotas e vivencias por riba. Un maestro da zona, como moitos galegos de pueblo que son auténticos xeógrafos...As súas clases da gusto escoitales...

Díxonos que ata tiña un libro dedicado;  efectivamente Emilio Araúxo (Coles, 1946). Vive en Lalín, escritor, editor etnógrafo e tradutor galego,  xa que é un especialista no mundo labrego,  dedicoulle un dos seus libros "Ceo cerca da terra"  (Cara a Requeixo de Queixa), fai uns anos. O libro está editado por Toxosoutos no ano 2019. O libro leereino un destos días con moitísimo gusto; xa ó recibín e vexo que ten moita información e unas fotografías en blanco e negro moi boas...

O Sr. Enrique pasouno moi mal no incendio xa que vive nese pueblo coa a súa muller e un fillo que lle bota unha man. Ten unha chea de vacas y xa esta dito moitos cans.

Desa época da publicación do libro de Emilio Araúxo son as fotografías que veñen a continuación.

 

Esta fotografía é dunha escritora que veu a facer un traballo sobre Chandrexa de Queixa e a súa zona. Descoñezo o nome. Son copias miñas coa cámara e non teñen a calidade que se ve nos orixinais.

Na fotografía vese o Sr. Enrique coa súa egua  na serra.

 

 

Tamén sacou esta outra. Moi boa fotografía pero a miña copia mala...O Sr. Enrique montado da súa egua. Parece Robert Redford, na película sensacional Las aventuras de Jeremiah Johnson (1972)

 

Nos na nosa visita sacamos esta outra onde estamos ó que escribe, Secundino Lorenzo,  o  Sr. Enrique e o meu compañero e amigo Julio T. Pájaro.

Por certo parece que a egua coñece o meu compañeiro Páxaro, estalle a facer unha carantoña...

Ese día tamén nos acompañou outro compañeiro de aventuras, Raúl Jácome Docampo que esta a dereita da foto.

 

Hai en internet un video de Xosé Fuentes, sobre a Ferrería,  onde se ve o Sr. Enrique pasando coas vacas, unhas dez polo menos, os cans e a egua, cruzando o río Queixa, concretamente nos pasais de Taboazas, onde en tempos eu empezaba a miña pesca da troita. Gracias o meu peluquero o Caride que me falou por esos anos das excelencias deste río en troitas e tiña razón...

Na fotografía vense os cans grandes que pasaron nadando e o fondo o Collie xa subindo detrás das vacas e casi sin mollarse, ¡que fenómeno!, pasou por debaixo ...

Pulsar na fotografía ou neste link si queredes ver ese video da Ferrería.

 

Na fotografía, que é anterior (esta sacada do video de Xosé Fuentes)  vese o paso da egua, os mastíns e o Border Collie, que por certo este último non se mollou, mentras os outros tres pasaron a nado.

 

Na fotografía vese como suben polo camiño, hai menos dun km., ata o pueblo de Taboazas. Vedes tamén a situación do pueblo e por onde subimos cara a montaña da dereita para sacar as nosas fotografías, vese un trociño de camiño. Esta fotografía está  tamén no video citado.

 

 

Fotografía do Sr. Enrique no ano 2024.

Xa digo que co Sr. Enrique téñome atopado moitas veces nas miñas andanzas coa pesca da troita, pero eran outros tempos, os incendios destos anos acabaron totalmente coa pesca neste tramo, polo menos ata o pozo de Samión;  máis para arriba fai anos que non vou. É lóxico xa que as cinzas acaban no río e matan todo canto hai.

Por certo a Xunta fixo a este tramo "Pesca sen morte", ou sexa pesca da troita e logo devolvela ao río, pero, ¿cómo se pode pescar unha troita con morte ou sin morte  si estas non existen?.

No ano 2024 estuvemos comprobando o río e a súa vida e o resultado foi nefasto. O mismo Sr. Enrique  decíanos  que non  había unha troita, sí  algúns peixes e que botaran carpas. Era ó que faltaba. Este río soio tiña peixes, o peixe clásico e as bogas e troita.

 

O Border Collie do Sr. Enrique, un can contento e feliz, disfruta botando unha man coas vacas e buscando de todo, o carrete do Secundino, o móvil dun médico de Ourense...Si lee este texto gustaríame que atopase as chaves do coche do Páxaro, o meu amigo e compañeiro destas andanzas...

 

Este é un dos cans que ten o Sr. Enrique, un can extraordinario, demostrado, no video que poño a continuación conto ó que nos pasou con este can. A parte de  tornar as vacas, vai buscalas, etc. Dice o Sr. Enrique "... soio lle falta cantar cando ben coas vacas, xa que non ladra, pero está sempre pendente e as vacas fanlle caso..".

Ver este video onde conto o que pasou e o mismo tempo explico como estaba o río no ano 2024.  Pulsando por riba da fotografía tamén funciona.

Ata aquí un pouco a historia deste home ó que lle estou moi agradecido, pola súa conversa, a súa proximidade e a sú autenticidade. Larga vida amigo. Sinto de verdade e doblemente ó que está a pasar coa terra dos teus amores...e os meus.

O Sr. Enrique (13/05/1935)  en setembro de 2025...cada ano mellor.

 

---o---

Rematamos a xornada comendo unhos chourizos, cun pan de Montederramo, de sete estralos,  moi bon,  na área recreativa de "O plantio".

Por certo os cans que aparecen son os mastíns do Sr. Enrique que xa había baixado coas vacas ata o río e as levaba a un prado que non ardeu. Os mastíns deberon cheirar os chourizos e o pan e estuveron atentos por si caía algo. O Border Collie o seu, co seu dono e levando as vacas o seu lugar.

 

Poño outra vez o mapa, para que se vexa  que a área recreativa está na outra beira do río a varios km. de Taboazas.

Era un lugar moi bonito pero o lume chegou xusto a beira da área.

¡Unha mágoa!.

 

 

Está é a área recreativa "O Plantío",era un lugar moi bonito con moitos capudres ou cancereixos  (serbal de los cazadores), moitos lugares en pedra para sentarse e comer, fontes e un refuxio. O río tiña lugares para bañarse, hoxe está prohibido. Tamén  onde , si mirades río arriba, empeza a corrente vese un pozo, o pozo dos peixes chámase un lugar de pesca de peixes para nenos e maiores sensacional e moi sabrosos. Un lugar para pasar o día moi bon. Lembro a ir de excursión cós meus colegas do IES As Lagoas de Ourense e pasalo moi ben.

A fotografía é dende o drón de Andrés González Castro, Castrodón.

 

Na fotografía están os meus amigos: Raúl e Páxaro, compañeiros de pesca durante moitos anos; están apreparar uns tacos de chourizo e pan e bebendo un pouco de agua. O lugar xa ó vedes queimado pola parte de atrás totalmente.

O mastín está a dormir. O outro mastín esta máis desperto e axudando a comer un pouco de pan o que sobra do chourizo, a tripa.

 

Cando chegamos, xa había baixado de Taboazas o Sr. Enrique e curiosamente veo coas vacas ata este lugar, onde atrevesou o río e deixounas nun prado que non ardeu: o borde do prado conectou un pastor eléctrico.

O curioso é que ao aparcar eu o coche pasaban as vacas guiadas polo can Border colie. Tres delas víronme a mín cunha bolsa blanca onde levaba as viandas e unha botella de auga. Eu subía pra coller unha mesa e preparar a comida. As vacas púxeronse a subir conmigo tres delas...eu non sabía que facer e ademais non entendía á xogada... Menos mal que deixei a bolsa por riba dunha mesa e asustei as vacas xa que insistían en vir conmigo.

Explicación:  seica tomaron a bolsa como pienso que eu lles iba dar e por eso viñan conmigo. O can coli levaunas xunto as outras.

 

 

Xa vedes que os mastíns estuveron con nosoutros por si caía algo. Na fotografía estou eu con Raúl.

O día moi bonito pero un lugar moi triste.

Esperemos que nuns anos este lugar volva a ser ó que era, un pequeno parque natural, cun río fora de serie.

 

---o---

 

Jane Godall (1934-2025) todo un exemplo de vida como activista, naturalista e científica. Onde estés amiga a miña admiración e grazas por todo ó que fiseches...

Espero que os vaticinios que Jane Godall tan ben describe no seu libro "Libro de la esperanza"  sexan certos e dentro de pouco demos un xiro total a nosa actuación neste mundo coa natureza.

Ela recorreu o mundo, nos seus derradeiros anos e pode que acerte...

Fundou o Instituto Jane Godall en 1977, coa misión de achegar coñecemento para inspirar e  empoderar as persoas  para facer do mundo un lugar mellor para os  animais e os humanos, nun medio ambente saudable para todos; tamén fundou no ano 2006 o programa educativo para xóvenes roots&shoots (raices e brotes) cos mismos propósitos anteriores, recorrendo medio mundo e formando a moitos deles na idea común  de facer do mundo un lugar mellor para todos.

Poño e cito a esta muller xa que morreu fai poco, D.E.P., e sempre sentín admiración pola súa obra, o seu traballo e a súa forma de ser.

Ela dice, e está convencida,  que dentro de pouco esto cambiará en base a catro cousas, que resumo moito:

1.- Os xóvenes e o seu cambio de mentalidade.

2.- A innovación tecnolóxica ao servicio do Medio Ambiente. Ou sexa facer caso os que saben que son os científicos da rama...

3.- A conciencia individual. Calquera vé ó que está a pasar e que esto hai que cambialo. No libro pon exemplos de grandes empresarios que estaban obrando mal e que se dan conta e rectifican totalmente.

4.- A resiliencia da Natureza.

 

Por coller unha de moitas ideas poño unha das súas frases:

 

"...Estamos olvidando que somos parte del mundo natural. Aún hay una ventana de tiempo..."

 

Si estas catro opinións actuan xuntas e se aplican ao noso caso dos incendios no futuro cambiará todo e non haberá estas queimas que acaban con todo...

 

Tamén porei unha frase que xa usei fai 28 anos na miña primeira  páxina web, no apartado de frases para reflexionar:

 

Jane Goodall

"...Os recursos do planeta esgótanse. Si realmente impórtanos o  futuro do noso planeta, deixemos de confiar en que os demais resolvan tódolos problemas, correspóndenos a nos salvar o mundo para o mañá: depende de ti e de min..."

( Jane Goodall: libro "Gracias a la vida")

1998.

 

---o---

 

salir.jpg (922 bytes) Sair a ourense natural.            

 

salir.jpg (922 bytes) Saír a vida nos ríos galegos.

 

      salir.jpg (922 bytes) Sair a web de Exaprin Ribadavia.

 

salir.jpg (922 bytes) Sair A tempo atmosférico.