O desove do espiñento
O espiñento ten un desove moi particular e que merece a pena decir.
O texto está sacado do libro "A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia" de Victor M. López e José M.Fernández.
As fotografías do libro "Animales de charcas y estanques" de Werner Nachtigall.
Realmente impresionante.
ESPIÑENTO. Desove
O espiñento é moi pequeniño, sobre 9 cms.
Cando están en celo teñen unha forma de actuar do máis característico, xa que defende o nido moítisimo pero sin chegar a morte, fan toda una serie de cousas para asustarse, danzas, sacar as espiñas, de todo. Por certo neste momento pónselle a barriga vermella, son incríbles.
O macho ponse como aparece no dibuxo, vermello por baixo e cós ollos de cor azul, son incríbles, toda unha xoia de ser observada. Unha marabilla da natureza.
Nesta fotografía vese perfectamente como se pon o macho.
Fotografía do macho con traxe nupcial.
O espiñoso, logo, fai o niño e defendeo a morte. Unha vez que un niño xa é unha pequena cámara, o macho despois dun gran traballo o expón ó reclamo ás femias e espera mostrando o seu rechamante colorido movéndose polo seu territorio.
Nota: estos dibuxos son de Manuel Merino Sanchez , sacado do libro "Los peces"
Na fotografía está o macho construíndo o nido.
As femias nadan ó redor do macho onde espera o niño xa construído. A femia que está disposta a poñer os ovos queda co macho e non foxe como fixo o resto.
![]()
Nota: estos dibuxos son de Manuel Merino Sanchez , sacado do libro "Los peces"
Outro dibuxo acuarela do feito.
Entón comenza unha cerimonia entre a parella. O macho de forma vertical comenza a dar golpiños na base da cola a femia. Isto estimúlaa para depositar no niño os óvulos que van de cen a catrocentos.
Na fotografía vese como o macho estimula a femia do xeito antes dito.
Eiquí está a femia pondo os ovos e o macho estimulando a tarefa.
Ver outro dibuxo do tema.
Cando remata a tarefa deixa paso ó macho para que ós fecunde.
Nesta fotografía, xa postos os ovos, é o macho o que está fecundando os ovos.
O macho comenza aquí un verdadeiro exemplo paternal, o primeiro que fai é expulsar a femia que a considera neste momento, despois do desove, unha intrusa. É o macho o que continua co coidado dos ovos.
O macho fai a tarefa completa, incluso na fotografía abanica os ovos coa súa cola botando dese xeito auga fresca.
Despois dun mes nacen as crías (entre 60 a 120) que o pai con tanta dedicación coidou.
Nestes momentos fórmase un grupo de pequenos espiñentos que siguen fielmente o pai polas augas doces dos regatos, pero si algún deles escapa ou se extravía, o adulto perseguirao e agocharao na boca, para despois escupilo dentro do grupo cos seus irmáns. Pasado o tempo os pequenos espiñentos independízanse e o adulto perde a súa librea nupcial.
(Nota importante: o trozo anterior está copiado o pé da letra do libro A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia de Victor M. López e José M.Fernández, doulle as gracias).
As fotografías son de Werner Nachtigall e veñen no libro "Animales de Charcas y estanques".
Os dibuxos están sacados de internet e descoñezo os autores.
Dende esta páxina www dar as gracias os tres.