Equus caballus.
Cabalo galego de monte.
(Cabalo de Pura Raza Galega).

A Xunta recentemente chámalle,
oficialmente, "Cabalo de Pura Raza Galega", por suposto ó
que
cumple determinadas normas.
A verdade é que na miña relación de seres
vivos que habitan a beira dos ríos galegos, esquecinme do Cabalo Galego de
Monte,
unha magoa que hoxe lle poño remedio.
En Ourense non é onde máis abundan,
pero si que se ven pola zona do Carballiño e Maside preto do río Viñao
e dende logo pola zona de Avión, xa pegando coa zona de Pontevedra, onde
hai unha festa de rapa das bestas. Tamén pola zona do Xurés, a Serra de San
Mamede e outras.
Na fotografía, da que son autor, vense dous
cabalos na Serra de San Mamede. O fondo o pobo de Rebordechao. Un lugar
sensacional, da provincia de Ourense.
Ver algunhas
características.
Saír

CABALO GALEGO.

Cabalo de pura raza galega. Fotografía de
Ainé.
Foto sacada da
www de
Celtiberia.net.

Cabalo de pura raza galega. Fotografía sacada da web
Cabalo galego

Cabalo de pura raza galega. Fotografía sacada da web
Cabalo galego
Ir a características

 |
Nome
científico:

Equus
caballus. (Linnaeus 1758)
Clasificación:
Reino : animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orden:
Perissodactyla.
Familia: equidae
Xénero: Equus
Especie: E.
caballus.
Nome: Cabalo
de Pura Raza Galega.
Outras denominacións
incorrectas: cabalo do país, pony galego, faca
galega, faca galizana.
Área de orixen:
Galiza.
Aptitudes:
equitación de ocio e deportiva.
Feiras onde o podemos ver:
probas do Campionato Galego de Concursos Morfolóxicos
do Cabalo de Pura Raza Galega. Silleda (Feira
Internacional Semana Verde de Galicia). Equina, Salón do
Cabalo de Galicia. Feira do Apóstolo e Feira da
Ascensión en Santiago de Compostela. Feira da Pascua en
Padrón. Feira de San Lucas en Mondoñedo. Feira de San Martiño en Teo. Diferentes curros
e rapas das bestas en
toda Galiza.
Asociación:
Asociación Pura Raza Cabalo Galego. |
Ir a
características

|
 |
Nome
galego:

Fotografía sacada da
páxina web sobre o Cabalo galego de pura raza. Páxina
oficial.
Cabalo galego de monte.
Cabalo de Pura Raza Galega.
Tamén os nomes de : cabalo do
país, faca galega, faca galizana. (Que son incorrectos)
Chámanse Garañóns os
cabalos que son os sementais ou xefes da manada..

Fotografía sacada da
páxina web sobre o Cabalo galego de pura raza. Páxina
oficial.
Nome: Cabalo
de Pura Raza Galega.
Outras denominacións
incorrectas: cabalo do país, pony galego, faca
galega, faca galizana.
Área de orixen:
Galiza.
Aptitudes:
equitación de ocio e deportiva.
Feiras onde o podemos ver:
probas do Campionato Galego de Concursos Morfolóxicos
do Cabalo de Pura Raza Galega. Silleda (Feira
Internacional Semana Verde de Galicia). Equina, Salón do
Cabalo de Galicia. Feira do Apóstolo e Feira da
Ascensión en Santiago de Compostela. Feira da Pascua en
Padrón. Feira de San Lucas en Mondoñedo. Feira de San Martiño en Teo. Diferentes curros
e rapas das bestas en
toda Galiza.
Asociación:
Asociación Pura Raza Cabalo Galego. |
Un pouco de historia:

O cabalo de pura raza galega,
posiblemente sexa unha das razas máis antigas da Península Ibérica.
É ademais, a única raza equina autóctona de Galicia.
Durante milleiros de anos foi utilizado como sustento alimenticio do
home, posteriormente foi usado durante séculos como cabalo de
guerra, e durante os tempos de paz, axudou nas labores agrícolas,
pasando a formar parte do acervo natural, cultural, social,
medioambiental e histórico da nosa terra.
Posiblemente descenda dos cabalos salvaxes
prehistóricos traídos polos celtas, chegando ós nosos días máis ou
menos mestiza.
"Os testemuños máis antigos que se
conservan da presenza de poboacións de équidos en Galicia
atópanse en representacións rupestes na área de Sabucedo, a
diadema de Ribadeo, onde aparecen cabalos montados xunto a
crías e guerreiros, e os petróglifos de Viladesuso, con
representacións de carros tirados por cabalos e Campolameiro,
na Sierra do Grove, datados do período da Idade de Bronce do
2500 a. C. ao 2000 a. C.
Hai unha teoría sobre a orixe do cabalo galego de pura raza
que sostén que foron os pobos celtas chegados ao norte
da península Ibérica cara ao século VII a. C. e século VIN
a. C. quen introduciron un espécime domesticado de pónei, de
cabeza pequena e orellas curtas, grupa forte, e pelo basto
de cor escura. A eles refírense autores clásicos ou da época
medieval da Reconquista, onde a cría cabalar asociouse
fortemente á actividade colonizadora dos mosteiros
establecidos durante o século X e século XI.."
A diverxencia co tronco inicial tamén se debeu ás
diferentes condicións ambientais e presión humana á que se puideron
ver sometidos ó longo dos séculos. Polo que podemos decir, que se
ben hoxe en día hai distintas poboacións equinas procedentes dese
tronco común, o Celta (derivados da adaptación ás circunstancias que
lles tocou vivir), tamén é correcto afirmar que todos eles conservan
peculiaridades que as asimilan, e que nos permite dicir que se
engloban dentro da raza coñecida como Cabalo de Pura Raza Galega.

Os cabalos do tipo da Serra da
Grova son animais que se conservan nun maior estado de pureza, sen
cruzamentos con outras razas foráneas.
O cabalo de pura raza galega, tamén coñecido como cabalo do país,
está na actualidade en perigo de extinción. Como medida para
protexelos, a Consellería de Política Agroalimentaria e
Desenvolvemento Rural estableceu o Libro Xenealóxico do Cabalo
Galego de Monte (1998), para levar un control mediante o rexistro
destes animais.
Ir a
características

|
 |
Nome
castelán:

Caballo
Tamén estos nomes: caballo
galaico, caballo gallego de monte, faca gallega, pony gallego.
(son incorrectos).
Nome: Cabalo
de Pura Raza Galega.
Outras denominacións
incorrectas: cabalo do país, pony galego, faca
galega, faca galizana.
Área de orixen:
Galiza.
Aptitudes:
equitación de ocio e deportiva.
Feiras onde o podemos ver:
probas do Campionato Galego de Concursos Morfolóxicos
do Cabalo de Pura Raza Galega. Silleda (Feira
Internacional Semana Verde de Galicia). Equina, Salón do
Cabalo de Galicia. Feira do Apóstolo e Feira da
Ascensión en Santiago de Compostela. Feira da Pascua en
Padrón. Feira de San Lucas en Mondoñedo. Feira de San Martiño en Teo. Diferentes curros
e rapas das bestas en
toda Galiza.
Asociación:
Asociación Pura Raza Cabalo Galego. |
Ir a
características

|
 |
Cabalo de pura raza galega.

Para una información detallada acudir a este link:
Pura raza cabalo galego.
As fotografías que uso e moita información atópase no link
anterior, que é o link oficial do Cabalo de Pura Raza Galega.

Para ver as características deste cabalo pulsar:
Cabalo de Pura
Raza Galega , onde se ve con detalle a
ficha anterior e as súas características.
Ir a
características

|
 |
Dimensións:

O Cabalo galego é un Equus caballus do cal este é
unha raza característica nosa.
Nesta www decir únicamente que o cabalo galego é un animal cunha
alzada de 1,20 m. a 1,40 m e un peso moi variable
entre 165kg. a 300kg.

As femias son de formas máis lixeiras e
esbeltas. As cores van dende castaño ata negro.

Teñen unha vida
media sobre 35-40 anos. En cautividade sobre 30
anos.
A madurez
alcánzase os 3 anos, que deixan de ser potros ou
potrancas (en castelán). Os cinco son considerados
adultos.
Son animales excepcionalmente recios, vigorosos, resistentes á fatiga e de gran fortaleza física,
frugais na súa alimentación, adaptados ó monte baixo e ó sotobosque de Galicia.
Ir a
características

|
 |
Distribución en Galicia.

No mapa atópanse as
zonas onde abundan os cabalos galegos de monte.
Observar
que en Ourense é onde menos hai.
Na actualidade, calcúlase que existe unha poboación dunhas 30.000 eguas de
monte (de raza autóctona) en Galicia, das que unhas 5.000 conservan prácticamente intactas as características propias da súa orixe.
Copio literalmente dun
informe da Consellería:
"O cabalo galego de monte é un verdadeiro fósil viviente dentro da nosa fauna,
xa que as súas raíces históricas nos sitúan na idade de Bronce.
Tradicionalmente a faca galega foi utilizada polos agricultores como montura,
sendo unha das poucas razas españolas capaz de sustituír ás mulas no traballo de arriería. Pola súa rudeza e rusticidade empregouse tamén para
arrastra-las vagonetas nas minas. As súas maiores posibilidades actuais están
nos picadeiros, xa que a súa fácil doma fan a esta raza idónea para a iniciación
dos nenos na equitación."
Ir a
características

|
 |
Habitats:

"O hábitat natural do cabalo galego de monte o constitúen fundamentalmente os
espacios montañosos de Galicia, cun sistema de explotación totalmente extensivo durante todo o ano. Alí sobreviven en condicións nutricionais e
climatolóxicas onde non subsistirían razas especializadas. De feito, nos
cada vez máis abundantes rebaños cruzados, rexístranse cada vez máis pérdidas de
animais novos. Estas características de rusticidade do cabalo galego de monte
permítenlle o aproveitamento de pastos e mato en zonas donde ningunha outra
raza podería competir. Ademáis, ó actuar como verdadeiros desbrozadores
naturais do monte, inflúen positivamente na prevención de incendios, o que
engade un factor clave de interese para unha protección especial en Galicia."

Ir a
características

|
 |
Reproducción:

Na primaveira
entran en loita os cabalos machos polo dominio da
manada. O título de macho dominante vai traer como
premio o poder copular coas femias da súa manada.
Unha vez que se
produce a copulación a femia ten 11 meses de
xestación que normalmente remata na primaveira
seguinte.
A xestación
dura 11 meses e a femia da a luz a unha soia cría (o
nacemento de dous ou tres e moi raro).

Os potros nacen
na primaveira, normalmente de noite e tamén en
grupo. Esto fanno desta maneira para reducir o
riesgo de ser descubertos polos seus inimigos, como
por exemplo o lobo.
Os potros o
pouco tempo de nacer xa poden moverse a carón da nai.
Alcanza a
madurez sexual ós tres anos.
Ir a características

|
 |
Alimentación:

O cabalo galego pode comer de
todo no monte galego dende pastos de todo tipo ata mato.
É importante destacar que o
cabalo galego é capaz de sobrevivir en lugares onde as condicións
climáticas son moi duras.
Ademáis, ó actuar como verdadeiros desbrozadores
naturais do monte, inflúen positivamente na prevención de incendios.
Ir a
características

|
Vese nos meses de:
 |
Vese
nos meses de

Mellor no verán en calquera destas zonas
señaladas no mapa.
Por suposto nas rapas das bestas vense cabalos
a esgalla. Ver ese apartado.

Pola miña banda teño visto e fotografíado
cabalos por suposto na serra de San Mamede onde fixen a fotografía
anterior; pola zona de Irixo e na Baixa Limia, pola zona de Entrimo,
Bande e Lobios.
Ir a
características

|
 |
As rapas das bestas

Nas fotografías anteriores vense "A rapa das Bestas", os famosos
"Curros de Galicia" que son festas populares onde
se xuntan os cabalos salvaxes para marcalos. A rapa é o corte das
crinas dos cabalos, pero para cortas estas crines primeiro hai que facer
as baixadas, que sin dúbida é o momento máis excitante da rapa, logo a
entrada no recinto e a rapa ou loita , onde os apeitadores e aloitadores
teñen a última palabra. Unha auténtica pasada onde é básico un bon
almorzo para coller forza e quitar medos para esta gran festa.

Un espectáculo incrible e único...
Ver estas festas nos
seguintes links:
As
"Festas das rapas das bestas" son abondosas en
Galicia.
Outros links da "Rapa
das Bestas".
En Ourense son famosas:
A festa do cabalo en Cartelle, a
finais de maio.
As rapa das bestas en :
Laceiras en Carballeda de Avia é a máis estable. Teñense feito en Parada
de Labiote en Irixo e tamén en Avión.
A
festa do cabalo de Maside tamén é famosísima, probablemente sexa a
máis antigua de Galicia. Todas elas celebranse no verán.
Ir a
características

|
 |
As festas das rapas en
Galicia

Fotografía de Xoan Carlos Cid.
Festa das
rapas das bestas en Galicia:
Unha das máis famosas, fora da
provincia de Ourense, é a de Sabucedo, que se celebra a principios
do verán.
Ver fotografías.
Web da rapa de Sabucedo.
Fotos panorámicas da Rapa de Sabucedo.

Hai moitos lugares en
Galicia onde se celebran as famosas "Rapas", tamén algún libros con
moito detalle (como por exemplo "Curros y Rapas" de la Voz de
Galicia; e links sobre o tema.
Ver todas as rapas de
Galicia:
LOCALIZACIÓN
DAS PRINCIPAIS RAPAS |
A Coruña |
A Capelada (Cedeira) |
29 xuño |
As Cañizadas (Pobra do Caramiñal) |
12 o 19 xulio |
Lugo |
Candaoso (Viveiro) |
1er domingo de xulio |
Campo do Oso (Mondoñedo) |
Ultimo domingo de xuño |
0 Valadouro (Santo Tomé) |
1er domingo de agosto |
Pontevedra |
Mougás (Oia) |
8 xuño |
Morgadáns (Gondomar) |
15 xuño |
San Cibrao (Gondomar) |
22 xuño |
Sabucedo (A Estrada) |
6 xulio |
Monte Castelo (Cotobade) |
3 agosto |
Paradarta (A Cañiza) |
31 agosto |
0 Galiñiro (Gondomar) |
Agosto |
Ver as datas destas rapas.

Fotografía do Cabalo Galego sacada
polo autor da www no Pazo de Feiras e Exposición de Lugo.
Festa de San Froilán. 08/10/2006.
Ir a
características

|
 |
Asociación pura raza cabalo galego:


Os interesados que
sepan que existe unha asociación en Galicia que reivindica o
cabalo galego. Trátase de:
ASOCIACION PURA RAZA
CABALO GALEGO, que sin ánimo de lucro loita pola
recuperación do Cabalo de Pura Raza galego. |
A dirección e os datos figuran na fotografía de
arriba.
Ir a
características

|
Curiosidades do cabalo galego:
 |
Curiosidades.

Fotografía de Antonio Vázquez.
Entre as curiosidades do cabalo
galego está a súa organización ante ataques como por exemplo dos
lobos.
Os cabalos andan en manadas de
varias femias e varios machos dependendo da época do ano. Ante o
ataque dos lobos forman o que se chama o corro onde os cabalos
sitúanse en circulo coas cabezas hacia o centro e pondo no medio as
crias, desta forma poden defenderse dos lobos dando couces e de
todo...
Esta actitude é común a tódolos
cabalos galegos e do norte de España.
Tamén é curioso que na
primaveira entran en loita os cabalos machos polo dominio da manada.
O título de macho dominante vai traer como premio o poder copular
coas femias da súa manada.
Moitas veces rematan malferidos.
Ir a
características

|
 |
Protección:

Para rematar, espero que o progreso non poña moitas
trabas a vida dos cabalos galegos de monte, como pasa cós salmóns, as
troitas, o urogallo, o oso, e un longo etc.
Dende esta páxina reivindico unha natureza
galega como debe ser, non a desfeita que é hoxe, en abril do 2001, onde
soio se miran os cartos e onde empresas hidroeléctricas e empresas
eólicas fan o que lles peta cós nosos ríos e os nosos montes.
Ir a
características
 |
 |
Links básicos sobre o
cabalo galego:

Pura raza cabalo galego.
"Festas das rapas das bestas" son abondosas en
Galicia.
"Rapa
das Bestas".
Web da rapa de Sabucedo.
Ver as datas destas rapas.
Ir a
características

|
OUTRA PEQUENA FICHA.

Ficha sacada da Voz deGalicia do
24/03/2013 cando trae un artigo sobre os potro enxebre, de
pura raza galega, de Amancio Álvarez Ortega.
Ir a
características

Sálvora se convierte en reserva de la amenazada raza caballar gallega.
Pola súa
importancia copio integramente o traballo de A.
Gerpe que aparece na Voz o 31/10/2014
Mal lle vai o
cabalo galego e algo hai que facer.
Este parece un
proxecto serio e axeitado.


Ir a
características

|