"...Pola mañanciña, á
primeira luzada do sol, xa estaba en pé co espírito animado e con enormes
desexos de facer novos descubrimentos. Viríalle moi ben un poco de auga e
encamiñouse á beira do regato
para beber e refrescarse. A vida bulía nel;
mosquitos e moscas revoaban sobre a auga mentres os zapateiros se deixaban
esvarar con preguiza pola superficie; ras grandes e pequenas estaban á
espreita por se pillaban algún para almorzar e cobras de auga turbaban a
tona do río cos seus movementos.
Xenoveva
observaba todo con sorpresa..."
...............
"...Fidel interrompeuse e, tras un
anaco en silencio, continuou falando con certa melancolía:
-O certo é que quedamos moi poucas
parellas de pitas montesas. Quizais por iso deixaron de cazarnos. ¡Non
era sen tempo!
-Comentáronme o mesmo dos cervos e dos xabarís -Xenoveva non era quen de
comprendelo-. ¿Por que fixeron iso? ¡Que sentido ten?
-¡Ai! -suspirou a pita montesa-.¿Que lle vas
facer? Non ten moita explicación nin sentido ningún. ¡Os humanos son tan
estúpidos...!Nin siquera se pode dicir que sexan malos, non; só
estúpidos. Nunca ven máis aló do seu propio nariz. Aínda que parece que
van aprendendo. O malo de todo é que para moitos xa é demasiado
tarde..."
---0---
Narración protagonizada por unha
galiña chamada Xenoveva.
O máis importante é que a galiña vai
aprender a voar soa, a vivir en libertade e a desenvolverse por si mesma
nun entorno que non sempre é amable.
Unha narración da escritora e compañeira
UXÍA
CASAL.
Traballo feito polo Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio Ambiente como concurso de presentación de traballos relativos os ríos, dentro do "Programa de
Voluntariado en Ríos"
En total este é o
número de referencias publicadas, entendendo que leva o nome, o
autor, unha breve descripción, o ano de publicación e unhas
observacións.

Dín con este traballo de casualidade. O curioso é que me citan
como bibliografía, dentro do apartado de libros; realmente o
meu traballo sobre o
"Dicionario
fluvial ilustrado dos ríos galegos", que xa leva
770+2 palabras, é unha web. Dende aquí felicitalos polo
traballo, orixinal e ben plantexado, e por suposto por citarme.