VISITA VIRTUAL Á MINICENTRAL DO RÍO BÚBAL EN VILAQUINTE (LUGO e OURENSE) |
|
Xa estamos na minicentral, na zona do azud na presa. Realmente un auténtico desastre. Na fotografía, un antiguo muíño na zona, que por certo tamén producía electricidade. O pobo chámase Viñás e está en Vilaquinte, baixando xusto pola estrada do cimenterio. |
|
Observar o desterro que fixeron para meter a tubería de grandes dimensións. Todo o desterro foi o río que está impresentable. Un auténtico desastre ecolóxico. O impacto, seguramente aprobado pola Xunta de Galicia, é demencial. Para chorar. De loucos como están deixando a zona. me imaxino que logo tratarán de maquillar a zona...como fan sempre. |
|
Imaxen da zona. Cemento por todos lados. Botes de pintura. Porquería. Todo está nós terrapléns. Todo está no río. Logo quizás escondan e quiten algunas cousas, outras lamentablemente irán río abaixo. Pero aquí están estas imáxenes escalofriantes, tercermundistas e impropias dunha empresa que presume de ecoloxísta. Fenosa é así... Río Búbal. Minicentral de Vilaquinte. Carballedo. Lugo. Unha historia para non dormir os que amamos os nosos ríos. |
|
Outra imaxen do desastre. Así en casi catro kilómetros. |
|
Outra imaxen. Todo foi a parar ó río nun tramo de tres ou catro kms. Un río troiteiro maravilloso, hoxe, totalmente esnafrado. |
|
Seguir observando o desastre. O impacto desta minicentral é fora de toda dúbida e nun país onde se mirara un poco pola natureza non se permitiría. Un caos legal. |