Zamborca.
Unha Zamborca (tamén chamada
sabela e saboga) é un peixe que habita certos ríos de
Galicia, como o río Miño e o río Ulla. Cada día van a menos
seguramente pola contaminación destes ríos...
Fai anos as zamborcas era un peixe moi
abondoso.
Deste xeito cubro no dicionario a letra
Z que estaba orfa de palabras relativas os ríos; por certo,
si sabes dalgunha mándame un
email.
Ver a súa ficha nesta páxina web.
 |
Era un peixe que subía
polo Miño e o río Ulla, entre outros. Hoxe xa non sube polos encoros.
A zamborca é un peixe que
vive no mar e sube os ríos a desovar, o que se chama a nivel
científico un peixe anádromo.
Podía pesar ata 3 kg.
pero o normal é que tuvera uns 40 cms. con un peso dun kg.
|
A Zamborca é moi parecida o sábel, pero é
mais pequena entre outras cousas.
Non confundir o sable e a
zamborca:
Diferencias sable-zamborca
(sabela).
 |
A Alosa alosa, o
sable, é normalmente máis grande, as escamas
máis visibles, a cola é distinta, a liña lateral
inexistente e dende o medio para atrás parece unha
quilla. Presenta normalmente unha soia mancha negra
postopercular, que nesta fotografía se ve perfectamente.
Ten tamén branquispinas moi numerosas entre 85 a 130 e
máis longas que os filamentos branquiais.
|
 |
A Alosa fallax, a
sabela ou zamborca, é máis pequena pero máis
robusta. O aspecto é distinto. Ten unha mancha negra na
parte lateral superior do corpo, pero logo
presenta de 5 a 10 machas que disminuen de tamaño o
longo do corpo. Ten tamén branquispinas pero son curtas
e o seu número varia de 30 60, ou sexa que ten a mitade.
|
Para profundizar no coñecemento deste peixe ver esta
link desta misma páxina.
Saír.

|