Xacia,
según o dicionario de Xerais, é un ser
mitolóxico de figura humana, que habita nos pozos máis
profundos dos ríos.
Según Anxo
Moure no libro "A xacia Luviñas" dice que "...as
xacias
son mulleres peixe de auga doce e gústalles que os ríos
estean limpos..."
Os xacios son
evidentemente homes peixe de auga doce e tamén lles gusta
que os ríos estén limpos.

-buahhhhh!
Dibuxo da Xacia Luviñas. Dibuxo
de Cristina Ouro. Páxina 9 do libriño
citado.
Unha xacia triste, xa que "...alguén ensuciara o
río, alguén queimara o bosque..." conta Anxo Moure no seu
conto marabilloso...


Os encoros en Galicia rematan con moitos destos
pozos e polo tanto con familias enteiras destos seres mitolóxicos
que poden ser xacias ou xacios. Son as señoras dos ríos según
Afonso
Eiré, no libro "Belesar, o orgullo de España", onde fala da súa
desaparición, no encoro de Belesar:
...¡Pobre de que se enamoraba delas!. ¡Pobres
delas si se namoraban dun mortal!: os seus fillos acabarían afogados,
irremisiblemente, no río, por non ser de ningún mundo...
No libro
"Seres galegos das augas". Mitoloxía
comparada, Xoan Xosé Teijeiro Rey trata o tema das xacias e xacios.
Así, este texto está sacado dese libro:
Ramón Castro López , autor dun libro saído do
prelo en 1929, que fala acerca da historia de Vilar de Ortelle
(Pantón), dinos que algúns vellos acreditan ter testimuños da
existencia de homes peixe no porto de Xermande, aló no río
Miño. Mais non da mais datos deles agás seren entes anfibios
semellantes os xacios,
que de feito moran as augas do río.

As mulleres xacias a miudo son moi fermosas,
posuindo tamén tesouros nos pozos que habitan. No se refiren
casos sem embargo, de xentes que os tivesen atopado...
Hai moitos casos de parellas de humáns con
xacias e xacios pero todas remataron mal... De momento...

Pola miña banda non se me ten dado que
coincida cunha xacia ou xacio en ningún dos ríos que teño visitado, que non
son poucos, pero non descarto que calquera día teña un
encontro con calquera delas ou deles...O mozo da esquerda non atopa
soio unha, son nada menos que sete...

Non lles teño medo, por suposto, e sei que
en calquera dos encontros, si hubera lugar, recibirei unha caricia
na cara en agradecemento a miña labor en prol dos ríos de Galicia. Estou seguro...
Esto queda explicado moi ben por Anxo Moure
no libriño que poño a continuación.

Recomendo este pequeno libro titulado
"A xacia Luviñas" , de
Anxo Moure.
Anxo Moure un home que leva loitando polos ríos toda a vida en
Galicia...
Anxo Moure dice que " ...Este é un contiño
que nos aloumiña e que tamén nos serve para dar cariciñas..."
é resulta que é certo.
Marabilloso libro cheo de tenrura e
marabilloso no texto e nos dibuxos de Cristina Ouro.
Voume quedar cos consellos básicos:
"...os ríos tendes que escoitar cantar, as
árbores tedes que abrazar, e moitas cariciñas tendes que dar..."
Un libro cheo de encanto e agarimo.
¡Enhoraboa Anxo unha vez máis!.
Está publicado por Sotelo Blanco Edicións,
S.L. 2013.


Contraportada do libro "A xacia Luviñas" de Anxo Moure, con
ilustracións de Cristina Ouro.
Precioso...
Nota: nesta páxina web xa fago unha referencia a
Anxo Moure no apartado de
"Os
ríos son loitas"
