Santiago Lemos de Ourense, un
seguidor da miña páxina e quen aparece na fotografía, dime que hoxe ten
35 anos, pero que cando tiña quince, que corresponde a fotografía,
foi pescada esa gran troita que casi pesaba 6 kg. A troita é do río Miño
por Nogueira en Chantada.
A troita foi pescada por unhos
curmans do seu pai.
Dime que o seu pai conta que o seu
abó pescou no río Miño, "cando era río", unha troita de 18 kg.
Darlle as gracias a Santiago que
tamén me mandou outras fotografías.

Troita bastante boa conseguida polo
meu amigo Quico, Francisco Bouzas (D.E.P.), que foi Presidente da Asociación de Pescadores de
Ribadavia, cando eu estaba traballando precisamente nesa vila e collín a
gran aficción que teño a pesca actualmente...
Non sei os kgs. que botou, pero polo
tamaño e o aspecto andaría polos seis kgs.
Troitas deste tamaño había moitas
no río Avia e por suposto no río Miño.
Non era doado collelas, pero
especialistas había. Daquelas pescábase moito con peixe vivo. Hoxe está
prohibido...
A fotografía é da súa filla Mª José
e está sacada do seu blog.
Onde estés amigo unha aperta.
Tamén a seguinte...

Troita sensacional, observar que
está moi delgada pero que pasa do metro de lonxitude. Foi conseguida
polo meu amigo e compañeiro de traballo Braulio, Braulio Soto (D.E.P.); que fai pouco nos
deixou.
Non sei os kgs. que botou, pero polo
tamaño e o aspecto andaría polos cinco kgs.
Troitas deste tamaño había moitas
no río Avia e por suposto no río Miño.
A fotografía está sacada do blog
"Cajón de los recuerdos". Na foto aparecen Javier Miguez e Braulio Soto,
Xavier ten a cesta chea de troitas.
Tamén a seguinte é do río Avia en
Ourense...
Braulio falleceu recentemente.
Onde estés amigo unha aperta.

Esta penso que pode ser a famosa troita
dos 8,5 kgs. collida no río Avia preto de Bieite, ou ben a de 11 kg. e
1,04 m. collida en Leiro.
Si é a de Bieite botou 90 cms de longa,
mentras que si é a de Leiro seica tiña 1,04 m.
O problema da fotografía é que se
ve que se trata dunha montaxe típica, polo tanto é imposible trazar
referencias.
Non vexo como o pescador colle a
troita, eu penso que troita e pescador son fotografías distintas.
Esta seguro que foi A Vella da
presa de Bieite.

Este exemplar de troita foi pescado
seguramente no río Miño en Castrelo, tratase dun exemplar que supera o
metro de lonxitude e que seguramente andaría polos 8 kg.
Troitas deste calibre colléronse en
tempos no río Miño.
Na fotografía vese a Lebón, José
Luis García Lebón, o pai de Álvaro, un amigo para mín nos meus tempos de Ribadavia anos
1968-1977.
Lebón faleceu recentemente.
Onde estés amigo unha aperta.
Seguro que foi unha das moitas "Vellas"
que houbo no río Miño, no que inda quedan algunhas...

Esta troita (moi parecida a
anterior de Lebón), que apenas se distingue (a calidade da fotografía
é minima, 21 kb.) bate tódolos recors das troitas anteriores xa que
ten unha peculiaridade, foi pescada nun pequeno regato de Lalín en maio
do 2010. A troita pesou 7,5 kg. e medía 94 cms. Unha troita
moi grande
máxime si se coñece, como é o meu caso, a tosta onde foi
pescada, nun regato o río Seixas que é un afluente pola esquerda do río
Deza. Observar a proporción da troita,
totalmente estilizada cunha cabeza moi grande e unha proporción
aproximada
5:1.
A troita resulta incrible que
pudese vivir nesa tosta de non máis de dous metros de profundidade e non
moi longa.
Seguro que foi A Vella do río
Seixas.