Poño esta palabra xa que a escoitei nunha canción
cantada polo grupo Malvela de Mos-Porrillo e chamoume moito a atención.
A canción leva por título Trubisqueira.
Está claro que a palabra trubisqueira,
no contexto da canción do grupo Malvela, fai
referencia a herba trubisco, como insulto. "...Chamáchesme trubisqueira,
herba que o gando non come..." . Inmediatamente contestan que "...máis
vale ser trubisqueira que muller de ruín home..."
O trubisco (tamén se chama
trobisco) é un arbusto, que inda hoxe se
utiliza como veleno activísimo. As follas machacadas son velenosas
para as troitas e peixes. Con este arbusto fixéronse auténticas
salvaxadas nos regatos de montaña na provincia de Ourense.
O trobisco, matapolos en castelán, é
unha planta tóxica en tódolos aspectos. O seu froito é carnoso, primeiro verde
pero finalmente ten cor bermella.
Ver a fotografía , máis abaixo...
Tamén se utilizaba para sanar as orellas unha vez que se facía o
burato para os pendentes.
Tamén como insecticida, para matar piollos, formigas, e chinches.
Algúns paisáns utilizan o trubisco ou trobisco como potente veleno para matar
peixes nas pozas dos ríos galegos. Así é citado en diversos libros,
entre eles "Un verán en Galicia" 1911 da Inglesa C. Gasquoine
Hartley. 1911 editado por Galaxia. Tamén o cita Juan José Moralejo no seu
libro "Guía para pillar as troitas. Miñas señoras". Editorial Galaxia
1981, entre outros...
En realidade trátase dun : Arbusto de talos erectos. de corteza parda e altura non
superior os 2 m.
Follas simples, alternas, lanceoladas
e sempre verdes e enteiras
Fruto de tipo drupa, verde inicialmente e bermello o
final.
Os froitos son velenosos.
É unha herba que o gando non come, non lle senta ben.
Ten de positivo o que se utilice como medicamento para varias
doencias, como queda dito.
En galego chámase con moitos nomes:
chorobisco, churbisco, matapulgas, torbisca, trobisco, truvisco, turbisco.
A canción, que fai referencia a trubisqueira, como insulto a unha
muller pódese oir en Youtube:
Chamáchesme trubisqueira, ai si , si,
cháchesme trubisqueira, ai si, si, ai no, no
herba que o gando non come, ai si, si
máis vale ser trubisqueira ai si, si, ai no no ,
que muller de ruín home, ai si, si.
A canción ten a seguinte letra:
Chamáchesme trubisqueira, ai si , si,
cháchesme trubisqueira, ai si, si, ai no, no
herba que o gando non come, ai si, si
máis vale ser trubisqueira ai si, si, ai no no ,
que muller de ruín home, ai si, si.
Xa me dicho teu pai
que te saque a bailar
e no medio do baile
que deixe quedar (bis)
ai si ,si, ai non, non
xa me dicho teu pai
que te saque a bailar.
O río cando vai cheo ai, si, si
o río cando vai cheo ai, si, si, ai non, non
leva carballos e follas ai si, si
tamén podía levar, asi si, si, ai non, non
as linguas marmuradoras, ai si, si
Xa me dicho teu pai
que te saque a bailar
e no medio do baile
que deixe quedar (bis)
ai si ,si, ai non, non
xa me dicho teu pai
que te saque a bailar.
Salqueiro verde no río, ai si, si
salgueiro verde no río, ai si, si, ai non, non
cuberto de flores brancas, ai si, si,
como queres que te queira, ai si, si, ai non, non
sendo ti galán de tantas, ai si, si
Xa me dicho teu pai
que te saque a bailar
e no medio do baile
que deixe quedar (bis)
ai si ,si, ai non, non
xa me dicho teu pai
que te saque a bailar.
Vou da-la despedida, ai si, si
Vou da-la despedida, ai si, si, ai non, non
por riba dun pau de xesta, ai si, si
aquí está a boa xente, ai si, si, ai non, non
aquí está a xente na festa, ai si, si.
Xa me dicho teu pai
que te saque a bailar
e no medio do baile
que deixe quedar (bis)
ai si ,si, ai non, non
xa me dicho teu pai
que te saque a bailar. (BIS)
Chamáchesme trubisqueira, ai si , si,
--o--
O grupo Malvela de Mos-Porriño, tamén se chama "Raianas" Música 2011 está formado
por 12 mulleres que se fixeron famosas con aquel Piripimpin, da serie de
Televisión do Padre Casares. As mulleres están comprendidas entre 32 e
86 anos. que siguen unha tradición galega de cantareiras e pandereteiras
que alegraban e inda alegran as festas en moitos pueblos sobre todo da
Raia mollada. Acompáñanse de catro músicos, moi ben escollidos, pensai que son "Raianas"
polo tanto sona na música: acordeón, gaita galega, guitarra portuguesa e
pandeiretas e tambores; eso tamén con cancións da Raia, a raia é para elas esa liña e temén para
nós esa liña imaxinaria que nestes lugares dividen ao río Miño.
Cancións como "Voda na raia", Don Melitón e outras
moitas que son auténticas delicias.