FLUVIOTOLEMIA, é un erotismo
fluvial que sufren ou padecen, con moitísimo gusto, moitos galegos
afeccionados a pesca da troita, reo e salmón e por suposto que tamén son
amantes da nosa natureza, en especial os ríos.
Eu sufro fluviotolemia e penso que
ó demostro, de forma trivial, con esta páxina web.
É polo tanto un amor especial os
nosos ríos, e dende este punto de vista, unha palabra esencial e
especial neste dicionario dedicado aos ríos.
A fluviotolemia
é unha palabra acuñada polo mestre de pesca, escritor e profesor
Universitario Juan José Moralejo Álvarez (1941-2012).
Nun dos capítulos do seu libro "As
troitas, Miñas Señoras" fai unha referencia a esta
palabra, dicindo claramente que lle gustaría que fora, xunto a
outras, unha divina palabra.
Eu penso que xa é unha divina palabra, polo menos para mín... Pois está
claro que é unha palabra que merece, igual que outras moitas,
figurar neste dicionario fluvial.
Dice Juan José Moralejo no libro
citado:
"Bos pescantíns, hainos; bos
escritores, tamén. Pero para atopardes home tan troitófilo, tan
troitómano e tan namorado dos ríos coma min tendes que buscar
moito, e non sei se con pouco ou ningún éxito".
Pois ben, amigo Juan José, eu son un deles xa
que cumplo tódolas condicións. Por riba, a miña
fluviotolemia está dabondo demostrada simplemente vendo esta
páxina "A vida nos ríos galegos", da que como sabes son
autor.
Unha aperta moi grande para tí e
para todos os que padecemos esa enfermidade, que somos moitos.
Dicir que fai uns días, concretamente o día 25
de maio de 2012, morreu este amigo. Sinto moito esta morte, xa que
xente coma el quedan moi poucos en Galicia e así lles vai os ríos
galegos. Quero ser optimista no futuro e de feito esta páxina web non
existiría si non ó fose.
Onde estés, amigo Juan José Moralejo, os meus
mellores desexos de que haxa un bon río e disfrutes pescando nel. Aquí
en Galicia seguiremos uns cantos loitando, a nosa maneira, por ter uns
ríos bos e saneados. Hoxe eso é imposible...
A Juan José Moralejo dedícolle este video e o meu mellor
recordo.
Esta palabra, que ata agora non
figura nos dicionarios, tamén lla dedico aos meus amigos: Manolo
Portela, Gerardo Álvarez, Pedro Moreno, Braulio Soto, Manel, Quico,
Félix Valeiras, Alberto Prego, Hilario, Julio Taboada, Raúl Jácome e moitos
máis que penso é o que sinten polos ríos galegos...Onde estedes amigos
unha gran aperta...
Por suposto tamén a todos os
pescadores do Club Pesca de Monforte, onde teño tamén moita xente amiga
e que sei que aman os ríos.