A
Tectónica é (en xeoloxía) a que estudia
as deformacións da coia terrestre e os movementos das forzas que as
producen.
Neste dicionario fluvial estou interesado pola
aquela parte da tectónica relacionada cos ríos.

A tectónica
vese moito nos ríos e por onde discurren e é a que estudia entre outras
cousas as fracturas da terra, que poden marcar a paisaxe dun forma incrible.
Pensar no Ribeiro en Ourense, e como condicionan algunhas fracturas do
terreno ao leito do río Miño.

Pensai tamén nas terrazas que que se producen en
moitos ríos, como o río Miño que presenta o pasar por Ourense, nada menos
que catro terrazas.

Neste río hai varias terrazas na súa
parte esquerda.

Nesta pantalla de Google Earth vese
Ourense e o río Miño e están marcadas tendo só en conta a altitude despois
de sumar a que hai no río Miño, por suposto de forma aproximada, así dibuxo a primeira terraza entre 4 a 10 m
sobre o río, por suposto repito aproximadamente, e a segunda terraza entre 30-33 metros, a
esquerda do río Miño e a dereita.
A primeira terraza clara está na zona
de Las Lagoas a esquerda do río Miño e enfrente a zona da carretera a Oira.
Sería entre 4 a 10 metros sobre o río. A segunda xa son 30 - 33 metros que
ven sendo pola Avda. de Buenos Aires. Na ponte a dereita do río Miño
sería pola Estación do tren.
Cando era rapaz sempre me llamou moito
a atención a cantidade de cantos rodados que aparecían en todos os lugares
en que se facian casas; de feito a xente usábaos moito nas fincas e tamén na
construción da casa.
Pois ben a Tectónica é a ciencia que da
explicacións a estes fenómenos da natureza.