A
Litoloxía é a ciencia que estudia as rochas en todos os seus aspectos.

Mapa litolóxico dos tipos de
roca de Galicia,; que nos permite deducir,por exemplo do río Miño
que predominan as rochas graníticas e as metamórficas que son
pizarras e cuarcitas
Neste pequeno dicionario fluvial
interesa a litoloxía para estudiar ou saber de determinados procesos que
teñen lugar nos ríos galegos e que marcan absolutamente a paisaxe dos
mismos.
Así por
exemplo sabemos que o río Miño entre Os Peares e Frieira
comparte rochas metamórficas (tipo lousas, como micaxistos de dúas micas e
xistos micáceos) e granitos ou granitoides. As dúas rochas repartidas o
longo deste tramo.

Por debaixo da presa de
Castrelo o río ten este tramo en que vai encaixado, xa o fondo en
Francelos está a cola do encoro de Frieira. A fotografía é de José A.
López, libro "Ourense Natural"
A litoloxía vainos enseñar que as
rochas graníticas nos ríos van a presentar que o canle do río faise máis
profundo e máis estreito. Esto pasa por exemplo entre Ourense e Untes, entre
a represa de Castrelo e Ribadavia ou nas Frieiras. Na fotografía de arriba
pode verse este encaixamento.

Nesta fotografía vese o río Miño en Laias, de
feito o edificio de enfrente é o Balneario. Aquí o río era ancho e o val
alargábase, hoxe tamén é así pero pode pensarse que se debe o encoro de
Castrelo. Pero non.
Mentras que si as rochas son de tipo
metamórfico a amplitude do val agrandase en magníficas perspectivas, podemos
pensar en Arrabaldo, Laias, Razamonde, Francelos, etc.; dentro do río Miño.

Nesta fotografía vese o río Miño en Francelos.
Aquí o río ensancha enormemente, cando esta fotografía e a que sigue a
primeira.
A litoloxía é a ciencia que estudia
estos fenómenos, entre outros moitos.
Por certo esta e outras ideas están
sacadas do sensacional libro Os ríos galegos de Francisco J. Río
Barja e Francisco Rguez. Lestegás.