Unha fosa tectónica é
unha zona de afundimento, separada na súas partes laterais
ergueitas e atravesadas por fracturas. Hai distintos tipos.

Aquí vese o proceso de actuación
das forzas tectónicas de A (forzas laterais), B (provocan o
afundimento no centro), en C (sigue o proceso) que remata en
D.
No dibuxo están
representadas as forzas que actuan na súa formación.

Río Miño dende antes de Ourense ata
Ribadavia, presenta unha fosa tectónica clarísima. Pode
intuirse na fotografía do Google Earth xa que na parte
dereita están as montañas por onde van os ríos indicados e
na parte esquerda onde pon Río Miño son tamén montañas. Ou
sexa como está o dibuxo en D.
O río Miño dende
antes de Ourense ata Ribadavia está nunha fosa tectónica,
concretamente o fondo da foxa está testimoniado pola
presencia de augas termais: Burgas de Ourense,
Laias,Barbantes...
Estos datos están
recollidos do libro "Os ríos de Galicia" de Fco. J. Río
Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
