Unha
Terraza fluvial é unha forma de acumulación orixinada pola actividade dun
río e que se localiza nun val. Esto é o que dice o Dicionario xeral da
Lingua galega.

Neste dibuxo
vese perfectamente un río e varias terrazas xa formadas, tamén pode intuirse
como se formaron esas terrazas, o meandro do río axuda a formar outra
terraza. Hai moitas formas, a máis elemental é cando o río, pola forza que
trae, deposita cantos rodados nunha das beiras do río, por exemplo no
meandro, logo ao baixar a corrente esa zona é unha acumulación de
material que se chama terraza, polo medio puderon pasar millóns de anos...
As terrazas fluviais teñen o seu orixen
na gran variedade climática do cuaternario (fai entre 2,59 millóns de anos e
10.000 a.C.). A súa formación é bastante
complexa e hai varios tipos.

Neste río hai varias terrazas na súa
parte esquerda.
O que sigue está sacado do libro Os
ríos galegos, de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez Lestegás, referenciado na bibliografía. Páxina 273, Río Miño entre os
Peares e Frieira.
No río Miño, por exemplo ao pasar por
Ourense creou catro terrazas visibles para ó que percorra os arredores
da cidade , según Pérez Alberti, 4-10 m a primeira, 20-26 m. a segunda , de 30 a 33m.
a terceira e 40-46 m. a cuarta. Son da edade pleistocena , menos a primeira que se considera
da holocena. A cidade esta construida sobre a segunda e a terceira terraza.
Cando era rapaz sempre me llamou moito
a atención a cantidade de cantos rodados que aparecían en todos os lugares
en que se facian casas; de feito a xente usábaos moito nas fincas e tamén na
construción da casa.

Nesta fotografía pode verse a primeira terraza
entre 4 e 10 m. sobre o río. Collería o barrio das Lagoas e ata o Parque de San Lázaro na marxe
esquerda e o Barrio da Ponte na marxen dereita.

Nesta pantalla de Google Earth vese
Ourense e o río Miño e están marcadas tendo só en conta a altitude despois
de sumar a que hai no río Miño, por suposto de forma aproximada, así dibuxo a primeira terraza entre 4 a 10 m
sobre o río, por suposto repito aproximadamente, e a segunda terraza entre 30-33 metros, a
esquerda do río Miño e a dereita.
A primeira terraza clara está na zona
de Las Lagoas a esquerda do río Miño e enfrente a zona da carretera a Oira.
Sería entre 4 a 10 metros sobre o río. A segunda xa son 30 - 33 metros que
ven sendo pola Avda. de Buenos Aires. Na ponte a dereita do río Miño
sería pola Estación do tren.