As
augas termais, auga
termal,
termas son augas quentes que
brotan por causas naturais.
Denomínase auga termal á que emana á superficie
cunha temperatura 5°C máis alta que a temperatura da auga do suelo nas
que se atopa ou das augas da superficie; por suposto hai outras
definicións... Estas augas proceden de capas subterráneas da Terra que
se atopan a maior temperatura; son ricas en diferentes compoñentes
minerais, que arrastrou as augas pluviais, e permiten a súa utilización
en tratamentos terapéuticos como: baños, inhalacións, irrigacións…

As augas termais están moitas
veces vencelladas os ríos toda vez que se parte de infiltracións das
augas superficiais, un río, un regato, etc.
As augas termais dan lugar o
termalismo que son medios
médicos, hixiénicos e hospitalarios, tamén hoteleiros o servicio da
utilización terapéutica das augas termais. O termalismo ten a súa
manifestación máis evidente nos balnearios
que reunen todos os medios anteriores.

Neste mapa están marcados sobre o río Miño
os distintos balnearios de augas termais.
Ver este
traballo meu sobre as augas termais do río Miño.
Hai moitos exemplos de augas
termais nos ríos galegos así como do seu aproveitamento, porei
simplemente o caso de Ourense cidade pero en Galicia tendes exemplos
dabondo de ríos e augas termais e balnearios en todas as provincias. No
meu traballo tendes as que hai no río Miño.

O río Miño en Ourense ten un
circuito termal único e que merece a pena ver. Nun espacio de poucos kms.
presenta catro casos de augas termais. Por certo o circuito pode
visitarse nas zonas libres ou en pequenos centros termais privados. Unha
marabilla.

A chavasqueira, que é libre. Un pouco máis
adiante tamén está o tinteiro, que é libre.

O muíño das Veigas que tamén é libre.

Pozas de Canedo en Outariz, tamén libre.