Solastalxia.
|
|
A
solastalxia, así se
escribiría si existise esta palabra no galego (en castelán solastalgia),
pode definirse como a angustia derivada dos cambios operados na paisaxe
querida -paisaxes por exemplo que vimos de máis novos- e verse
impedidos ou impotentes para impedilo. Ou sexa describe a angustia causada
polo deterioro ambiental.
A súa etimoloxía ben de
solacius, solacium que significa, entre outras cousas,
angustia e algia que significa
dolor.
É unha palabra que foi inventada
polo filósofo australiano Glenn Albrecht, no 2005, e que se pode identificar
coa melancolía ou a nostalxia pola perda na paisaxe e as catástrofes ecolóxicas de todo tipo.
Pero ademais leva implícito un dolor especial, unha tristeza e unha
indefensión, por unha desfeita que non ten marcha atrás.
A palabra solastalxia
apareceu en escritos de Glenn Albrecht (activista, xeólogo e filósofo
autraliano 1953- ) facendo referencia a tristeza que as xentes que
vivian no valle de Hunter de Nueva Gales do sur en Australia (Upper
Unter Valley), mostraron ao ver o impacto sufrido polas minas de
carbón a ceo aberto que se instalaron preto das súas casas, e tamén
polas sequías frecuentes que tiñan.
Persoalmente levo sentindo
solastalxia, nas miñas visitas a natureza, dende fai máis de corenta anos, hoxe estamos en xaneiro de 2024.
Vexo, entre outras cousas, os ríos en Galicia que están cada
día peor e sinto unha mágoa incrible, unha mezcla de dolor, melancolía,
nostalxia, indefensión que se pode resumir na palabra
solastalxia.

Nestas fotografías, que
poño a continuación, vese en primeiro lugar, o cambio do encoro de Castrelo antes de facer a presa, ano 1950,
e despois coa presa (hoxe). Eu sinto solastalxia ao ver estas desfeitas.
Coñecía a primeira fotografía e hoxe vexo a segunda.
Agradezco a Enrique Rodríguez Padrón, bon
amigo de Ribadavia e alumno en tempos do que escribe, esta comparativa sensacional e única das
fotografías. Aclarar que a primera fotografía é de Foto Chao de
Ribadavia e a segunda é de Enrique Rodríguez Padrón.

Voume quedar con esta imaxen, 1966, cos
alumnos do Instituto Técnico de Enseñanza Media de Ribadavia; dous anos despois foron meus alumnos, plantando pinos,
no instituto
tiña a modalidade agricola-gandeira, era instituto laboral, coa imaxen de frente de Castrelo de Miño e o río Miño.
Imaxen propiedade do Instituto citado. Unha imaxen histórica sin
dúbida. Observar como era o río Miño nesa zoa.
Así escribe Xesús Fraga, no libro "Río Miño. Un viaje entre
solsticios", ver bibliografía na miña web sobre o río Miño, cando fai referencia á construción do Encoro de Castrelo no
río Miño, anos 1963-69, e como cambiou a paisaxe totalmente, e arraxou
un dos lugares máis bonitos e produtivos do Ribeiro.
"...A solastalxia
pode definirse como a angustia derivada dos cambios operados nunha
paisaxe querida -o da infancia é o mellor exemplo- e impotencia por non
poder impedilo. Se a paisaxe -igual que o río- é depositaria e custodia
da memoria do que viu, arrasala é arrasar esa memoria, a de todo ser
vivo que algunha vez a habitou ou mirou. Mutilala ou destruíla implica
tamén ferir unha relación ancestral, a que se acompasa naturalmente a
evolución paralela entre paisaxe, animal e humano: asomarnos de novo a
ela non nos devolve o recordo, senón un espello ennegrecido polo azougue
que non nos corresponde co acougo do recoñecemento, senón co desazo da
ausencia...".
Neste sensacional libro sobre o río Miño
atopei esta palabra para este dicionario. Dou as grazas a Xesús Fraga, pola palabra e
polo libro, un gran traballo.
Vexamos outras
fotografías que me producen solastalxia:

Sensacional fotografía, non sei
o autor, do río Miño por
Francelos (Ribadavia) , esta imaxen é á que eu teño deste lugar onde fixen as miñas
primeiras prácticas de pesca da troita, no ano 1968, cos meus mestres Manuel
Portela Oliveira (o mellor pesco que vín na miña vida, inda sigue a
pescar hoxe no ano 2024) e Gerardo Álvarez Vidal (D.E,P. outro
compañeiro do Item de Ribadavia) , compañeiros tamén de traballo. Descoñezo ao autor da fotografía. O
mellor lugar de anguías de todo o río Miño; tamén troita, salmón, sábel e
lamprea. Hoxe soio hai carpas e moita auga. É a cola do encoro de Frieira, o
último encoro do río Miño.

Hoxe esa zona está anegada polo
encoro de Frieira. A fotografía é do que escribe Secundino Lorenzo.
Ó ver esa masa de auga e distintas
orelas sinto solastalxia, non podo evitalo.
Porei algúns exemplos polos
que me levo
preocupado dende fai máis de corenta anos. As desfeitas causadas en Galicia,
son moitas dende 1960 os ríos foron masacrados con
minicentrais e encoros, con vertidos de todo tipo e un longo etc.
O home e os cartos sempre detrás.
Hoxe leo en internet que
descubriron esta palabra e xa se fala do causante: o cambio climático
dicen algúns... Hai que ter vergoña na maioría dos casos. Sin entrar na materia eu
afirmo nesta web que detrás de todas estas desfeitas, cambio climático
incluído, estamos nós, os seres humáns...
Outro caso de solastalxia:

Este é o río Navea, ó que eu
chamaba "meu río". Sin lugar a dúbidas, polos anos setenta do século
pasado, un dos mellores ríos de montaña de Galicia. Espectacular e cheo
de troitas, ano si e outros tamén nacían troitas nese río. Hoxe no ano 2024 é un río que inda non se recuperou dunha morte
con cinza que matou practicamente todas as súas troitas no ano 2012.
Cinza de xente que queimou as montañas de Queixa, choveu aqueles días e
a cinza matou todo. Cousa parecida remata de ocurrir no Courel co río
Lor. Ardeu pola zona de Santalla no río Louzara, afluente do Lor, e a
cinza matou todo río abaixo, esperemos que se recupere...

Río Navea (Ourense) en Chandrexa de
Queixa, cheo de cinza,
cinza que recorreu máis de 20 km de río matando todo, esta fotografía é
da cola do encoro de Chandrexa, onde chegou a cinza, ano 2012; morreron todas as troitas e
peixes; algúns bárbaros, auténticos asasinos da natureza, queimaron os montes
do nacemento do río e arrasaron todo; ao chover a cinza foi ao río e foi un desastre que tardará anos en volver a ser
como era; este ano 2024 en xuño fun comprobar si había troitas e vimos, cos
meus compañeiros Julio Taboada "Páxaro" e Raúl Jácome Docampo "Raúl",
que non hai troitas, o resultado cero, seica volveu arder no ano
2023.... Ese
día que vín esta desfeita, chorei, sentín solastalxia. Era o meu rio de sempre. O Río Navea
en Chandrexa de Queixa, o mellor río que paseei e pesquei na miña vida, un río cunha
paisaxe única...
Outras fotografías e os meus choros
están neste video que
merece a pena ver. Nese video demostro ó que estou a escribir.
Un exemplo de
solastalxia clarísimo.
Poño
outro exemplo claro:

Sensacional fotografía de Xurxo
Lobato, o río é o Limia, o gran río Lethes dos romanos, un río fora de serie polos anos cincuenta, logo
secaron a Lagoa (para mín a Doñana galega, ollo Doñana de fai corenta
anos que hoxe está media desfeita) que aportaba auga o río, un atentado ecolóxico incrible e dende fai
uns anos. moitos xa, desaparece no verán ou ven se eutrofiza, como se
pode ver na fotografía seguinte.

Río Limia eutrofizado, encoro das Conchas (Ourense) xa leva pasando no verán dende fai quince anos, aquí tamén hai morte e
auténticos problemas de todo tipo. A
eutrofización está a poñerse de moda en Galicia e non me estraña, non se invirte en depuración das augas, na zona hai granxas e lugares que
contaminan de varios xeitos, non se invirtiu adecuadamente en depuración
e ao final, ano si e ano tamén, pasan estos desastres ecolóxicos.
Un exemplo de
solastalxia clarísimo.
Detrás o responsable está claro.
Neste caso non é tampouco o cambio climático; son os cartos...
Outro exemplo, poño como está hoxe a
Fervenza do Barbantiño e como estaba non fai moito, só trinta anos atrás.
Simplemente poño algunhas
fotografías:

Esta fervenza é para mín unha das máis
espectaculares de Galicia, ademais tiña e tén un entorno único de muíños
en serie,
mismo á beira, pouco cuidados, por non decir outra cousa, e un bosque de
Ribeira tamén que era único, hoxe un pouco maltratado. Na fotografía un
día calquera de aqueles anos.
Por certo esta fervenza está no río
Barbantiño, un afluente, pola dereita, do río Miño.

Fervenza do río Barbantiño co río un
pouco crecido, ano 1997, e antes da desfeita que lle fixo unha
minicentral que fixeron a pouco menos dun km. río arriba e que a
deixaron moitos días sin auga e logo co chamado caudal ecolóxico, que
foi
un engaña bobos.

Fervenza do Barbantiño traballando a minicentral
aquel día. Fotografía Secundino
Lorenzo o día 11-11-1998. Dúas fotografías históricas...para chorar... A
primeira a 500 m. da Fervenza e a segunda a Fervenza cun fío de auga.
É curioso e triste que ese día, cun grupo de amigos,
entre eles os meus amigos Pepita Babarro e Celso Rei visitamos esa fervenza. Era o
día de San Martiño, o día dos magostos en Ourense, e dende fai moitos anos temos un magosto na súa
casa, que está na zona, en Barbantes. Ao chegar ó río vimos esta desfeita. Esta
minicentral fixo barbaridades no río, foi moi contestada e costoulle o
posto de traballo a algunha xente que falaba de que estropearía o río e un bosque
de ribeira único. E así pasou, o amigo tuvo que cambiar de posto traballo,
era un especialista de Medio Ambiente, por
dicir verdades e o bosque quedou desfeito. Hoxe, xaneiro de 2025 é unha
mágoa...O tempo deulla a razón...
Ese día sentín
solastalxia,
pero non soio eu, o grupo que iba conmigo. A verdade para chorar.
Hoxe normalmente ten un pouco máis de auga e sigue a
merecer a pena a súa visita.
As troitas xa non suben por ese río e as anguías xa fai
anos, dende 1967 que quedan no muro da presa de Frieira, onde Fenosa, hoxe Naturgy, fixo un
encoro sin escadas de paso da fauna; bueno, fixo unha subida de anguías
que non subiu nin a primeira en cinco anos e logo un ascensor de salmón,
que era "ex-cátedra", eso decían, que tampouco subiu nunca un salmón; hoxe ten outro
sistema a man que bueno... outro timo máis... Outra desfeita. quedamos na zona sin
anguías, sin salmóns, sin sables e coas troitas que subían dende o Miño.
Neste lugar da fotografía o que escribe e outros vimos no mes de xaneiro,
desobar á troitas que pasaban do kg. Hoxe co encoro de Castrelo non hai
esas troitas, foron desaparecendo...De feito o encoro de Castrelo está
cheo de carpas e pouco máis...Outra mágoa.

Foto da fervenza con auga de
inverno actualmente. Esta fotografía é do ano 2002, despois de
protestar, e moito, aumentaron un pouco o caudal ecolóxico.
E sigo poñendo exemplos
propios, a provincia de Ourense tiña non fai moito uns ríos
marabillosos e uns lugares para visitar, pero o tempo e as malas
políticas están a desfacer moitos lugares:
Ver o caso de Aceredo no río
Limia onde nos anos noventa do século pasado estragouse unha das
mellores zonas paisaxistas e por suposto un río de altísima calidade
en pesca da troita e do barbo entre outros peixes. Foi o meu lugar
de pesca entre os anos 1970 e 1990.

Esto era o
río Limia en Aceredo, dende a Herdadiña, ver foto máis abaixo, onde están as turbinas do
encoro das Conchas ata a desembocadura do río Olelas esto era unha
marabilla. Descoñezo ao autor da fotografía.

Outra fotografía do mismo
lugar. A foto é de Javier Morais.

Desembocadura do río de
Olelas no río Limia, aqui fixo Portugal o encoro. Un lugar
marabilloso e único, hoxe todo cuberto de auga de feito o encoro
no río de Olelas, río Castro Leboreiro, chega a cola a
onde desemboca o río Tivo xa no pueblo de Olelas, por certo
outro río fora de serie.
A presa ten de alto 110 m.

A cola do
actual encoro chega ata a Herdadiña, que aparece na fotografía, esa
troita que vedes pesou 1,6 kg. e foi pescada a pluma por mín nesa zona. Non
é de estrañar que sinta solastalxia; o río nese lugar era
fantástico.
Non son
único sentindo eso, lémbrome do meu amigo Xosé Benito Reza que viña
co seu pai dende Celanova a pescar este río; un día xa fai anos
escribiu este artigo onde relata a súa tristeza e máis cousas, ou
sexa a súa solastaxia. O artigo leva por
título "A
última troita", é do ano 2019. Por certo de Reza, que ten moi
boa pluma entre outras moitas cualidades, teño tamén outro escrito que si
tendes tempo podedes ler, é do ano 2001 "Os
ríos da vida na memoria", nese escrito veredes que rezuma
solastalxia en cada liña...
Hoxe este lugar está desta
forma:

O encoro de Lindoso rematou con
todo, neste caso as casas de Lindoso. Aquí trasladaron o pueblo a
cima da montaña, en fin, sei que inda hoxe a xente de Aceredo inda
está a chorar e sentir solastalxia. O pueblo era marabilloso e tiña
moita vida...na cima está ben para ver as estrelas...

Este é o novo pueblo de Aceredo
no alto.
Outro
caso no que sinto auténtica solastalxia.
A zona quedou moi tocada, ademais o encoro de Lindoso e totalmente
de Portugal na súa explotación, polo menos a súa explotación. Galicia non ganou nada. É
triste ver una foto onde están os
políticos
galegos que gobernaban daquela vendendo a obra...Unha obra que estragou unha de zonas sensacionais
de Galicia...
Este encoro, si profundizades
na súa historia era unha deuda que tiña Franco con Salazar dende que
Salazar cedera un encoro en extremadura e a cambio Franco cedeu este
a Portugal. Un segredo de Franco. Os alcaldes da zona inda hoxe non viron nin un can por
esta desfeita.
Ver este link, onde se fala deste caso...
O río que era troiteiro
quedou esnafrado, hoxe ten carpas, que sustituen as troitas e
os barbos que tiña en cantidade...
Outro caso de chorar é Veigas de
Camba en Vilariño de Conso (Ourense):

Outro río sensacional, o río Camba
que recolle as augas do Invernadeiro, o río Ribeira Grande e Ribeira
Pequena. O pueblo que se ve é Veigas de Camba que quedou totalmente
anegado polo encoro de As Portas. O Camba é un afluente do Bibei. A
zona é Vilariño de Conso (Ourense).
A fotografía sensacional non é
miña. Xa me gustaría...decoñezo ao autor.

Hoxe o pueblo desapareceu
totalmente. Os veciños de Veigas de Camba non volveron a ver o seu
pueblo. Non recuperaron nin a igrexa.
O encoro é xunto a o encoro de
Belesar dos maiores de Galicia. En internet tendes a historia con
videos deste pueblo.
Outro caso de
solastalxia.
Eu conozo a zona actualmente pero
nunca pesquei este río nese lugar, si pesquei despois da presa, dende o encoro para abaixo
ata Viana, pesquei algúns tramos.
E remato os exemplos con un pueblo
que desapareceu no ano 1958 e do que actualmente ano 2025 son fillo
adoptivo. Fago a súa páxina web e sei a súa historia completa, como
si nacera alí.

Un pueblo que tiña, cando desapareceu, 103 veciños, máis de
600 persoas que no ano 1958 perderon todo; foron moi mal pagados, eu
diría que roubados, só un dos 103 veciños gañou o xuizo plantexado a
empresa Moncabril, que fixo o encoro, e para eso en Madrid, había
perdido en Ourense e Coruña, o resto
salvo uns poucos que se arranxaron co que lles ofreceu a empresa,
unha miseria, o que máis cobrou no ano 1963 non compraban un piso de
80 m2 en Ourense na zona de San Francisco. Seino de boa
tinta... Hoxe andan polo mundo: moitos acabaron no Barco, en
Viana, no Bolo, en Ourense capital, en Vigo e outros lugares de España; e outros moitos
emigraron a Argentina, Francia, Suiza e outros paises.

Neste lugar fixeron a presa. Vese a Ponte de
Alberguería que unía Alberguería cos pueblos da marxen esquerda do
río Xares río arriba e o Bolo. O muíño dos Prada e o río
Xares. A esquerda esa montaña chámase Preboubo e hoxe está todo
cuberto de auga , só cando o encoro está a tope é unha pequena
ínsula, como podedes ver nas fotografías de abaixo.
Trátase do pueblo de Alberguería
no concello de A Veiga, e foron anegados polo río Xares Era o pueblo
máis importante de A Veiga (Ourense) e hoxe está a 300 metros da
presa e a una profundidade de 30 m.

A punto de quedar asolagados, ano 1958. Só
conservaron a Igrexa e para eso levárona a 50 km. Un sin sentido.
Está na Vega de Cascallana, preto de Ponferrada.
A súa historía téndela
neste link
que fago dende o ano 2000 e onde tendes todo o que pasou explicado,
tamén as súas casas e todo tipo de historias. Síntome orgulloso de
facer a súa páxina web onde se conta todo.
Tódolos anos vou o 15 de
agosto, era a festa do pueblo, invitado a súa festa que se fai no lugar onde viviron uns anos os
enxeñeiros que fixeron a presa de Prada. Non teñen nin lugar para ter unha misa,
un campo para comer e unhas lembranzas. Foi unha auténtica inxustiza e un roubo. Xoio
pagaron as casas e o terreo desta, solo o asolagado e para eso mal e tarde. E todas as fincas que non anegou o encoro, que foron a maioría, alí están sin dono e sin pagar
nada.
O concello de A Veiga debera
facer algo máis por ese pueblo, polo menos unha pequena capela en
calquera das fincas e un lugar para lembrar a súa historia. Visiten Vilariño das
Furnas en Portugal, mismo na fronteira de Galicia con Portugal por
Lovios e vexan como se fan as cousas...
Hoxe é un pueblo "vivo",
gracias as súas xentes, as súas lembranzas e a súa unión despois de
tantos anos...Ver o link,
onde hai centos de fotografías, videos, películas e libros dedicados
a Alberguería. Web da miña propiedade. Ese é o meu tributo a un
pueblo polo que sinto solastalxía,
simplemente ao ver como era en 1950 e como está hoxe...Por certo non
teño nada que ver con aquela Alberguería, si coa de hoxe da que son
fillo adoptivo, con moitísimo orgullo...

Nesta panorámica tendes o pueblo de Prada, o
encoro, no medio unha insua, a de Preboubo, e a poucos metros e a 30 m. de
profundidade o pueblo de Alberguería. O encoro ten de lonxitude uns
10 km está a Veiga, a esquerda da fotografía. A presa está a dereita pero tapada pola montaña onde está Prada que é o pueblo que
se vé.
Orientación da fotografía este-oeste.

Nesta fotografía sacada dende
o outro lado vese a insua de Preboubo e marcado en bermello está
o pueblo. A presa está a esquerda.
Orientación da fotografía
Oeste-este.
Non é doado situarse, vou
poñer unha fotografía sacada polos americanos, é do famoso voó
americano de 1956:

Vese que xa casi estaba
feita a presa por debaixo da ponte de Alberguería. Vese Preboubo
que é unha montaña e o río Xares pola parte esquerda e bordenado
a montaña de Preboubo. Quizáis axude o lector si poño o mapa
militar de Alberguería do ano 1941 e ver a cotas de altitude:

Alberguería estaba a 817 m.
Preboubo tiña unha cota de 847 e o encoro que se fixo estaba a
845 m.
Para axudar puxen a presa
aproximada, pensai que o mapa é de 1941 e non estaba feita a
presa. A presa comenzaron a construila en 1955.
Tamén se ve que Alberguería
era un verxel rodeada de tres ríos, só vedes dous, pero eran
tres, o Xares e os regatos de Prado da Fonte e Varxa; era
todo chan. Un pueblo onde se daba todo, castañas, patatas, maiz,
viño, todo tipo de horta. Tiña ata luz electrica dende 1950, cousa que non tiña nin
o concello, escola, igrexa moi boa por certo, garda civil, fabrica de gaseosas,
bar, ata feira unha vez ao mes e moitas máis cousas...unha
marabilla.
Por certo sobraba auga 22
fontes: 6 no pueblo e 16 fora do pueblo.
No río había moita troita e
peixes. Contan os paisanos que as anguías chegaba ata Mondón, un
balneario de augas ferruginoxas a 4 km. río abaixo de Alberguería. Tiñan ata viño no Franxón e dicen
os paisanos que o mellor licor café da zona.
O Concello de A Veiga tiña
30 parroquias, hoxe 29 xa que desapareceu Alberguería.
Quizás esto axude máis:

Esta simulación miña axude máis, a situar Alberguería (de A Veiga-Ourense). Nela
vese Prada arriba a dereita. O que vedes a esquerda é unha
canteira que hai actualmente na zona.
Na web tendes estes datos e
máis.
Por certo conseguín a
fotografía de 180 casas, contando alguns palleiros e bodegas. Había 220
casas.
Casas a maioría de calidade. Tamén o plano con todas as casas e
o seu nome.
Sinto con eles a
solastalxia da que estamos a
falar, toda vez que ao facer a páxina, como premio, non como pago,
fixéronme fillo adoptivo do pueblo, outros din "veciño de corazón"
e estou con eles en todo. Un fillo nunca cobra os pais, chégame co
cariño que me dan as xentes que inda viven e os que desexo larga
vida...
Podería poñer moitos máis
exemplos nos que sinto solatalxia pero penso que son suficientes
exemplos para entender os meus sentimentos e claramente o que indica
a palabra. Seguro que nos próximos dicionarios de galego estará xa
reflexada.
Eso é a solastalxia.
Para rematar:
Ver esta palabra, escarallar un río, neste dicionario.
Con máis casos.
Saír.
|