Rechouchíos

 

Vou xustificar por qué poño esta sensacional palabra galega no meu dicionario fluvial.

Para elo defino, a palabra,  según o gran "Gran dicionario Xerais da lingua galega":

Rechouchío é o canto continuado dos paxaros. Por extensión  o rechouchío tamén é un son ou ruído continuo e agudo.

Nas miñas xornadas de pesca da troita, casí 70 anos nos ríos galegos,  os mellores momentos da pesca sempre foron a mañanciña e no solpor. Nesos momentos as troitas perden o sentido, pola noitiña, no solpor,  non  toman tantas precaucións e pola mañanciña teñen moita fame...Por eso na explicación do solpor, outra das palabras do dicionario fluvial,  fago uso de fotografías e textos explicando, a miña maneira,  ese significado. Pero, amigos, no solpor tamén hai os rechouchíos e moitas máis cousas incribles que xustifican plenamente o uso desta palabra.

Fai uns anos descubrín un libro  de poesías dedicadas ao Pai Miño, "Miño, río pai e amigo" de Xosé Otero Canto, unha marabilla de libro:

 

Un poeta que canta ao río Miño dunha forma única e marabillosa.

Xosé Otero C. aparte dun poeta marabilloso,  sei que foi pescador de troitas e sigue sendo inda que non vaia, que non o sei, ao río, soio con esas particularidades  pódese facer un poema como ó que vou a poñer a continuación. O seu dominio e coñecemento do río soio se pode dar sendo pescador observador e por suposto dominando a linguaxe. Por certo unha vez máis demóstrase a riqueza do galego, con palabras para definilo todo. Unha mágoa o pau que se lle está dando hoxe. Non hai perdón...

Xosé Otero tuvo unha infancia chea de vida a carón do río Miño, a carón da Ponte de Outeiro (Castro de Rei, A Valuria (Lugo)) . Fixo o ingreso e estudiou os primeiros anos en Meira...ó seu coñecemento do río, do Pai Miño non deixa lugar a dúbidas...mamouno...e eso vese, pálpase nese libro sensacional...

Aproveito para dicir que o libro é "un poemario lírico e intimista,  onde fai unha testemuña sincera e descarnada das mágoas e dores que o seu corazón experimenta ao contemplar como a súa terra esmorece paseniñamente camiño da súa total destrucción" a frase é de Camilo Gómez Torres e esta copiada da contraportada do libro. É certo que fála da súa obra "Salaios da chaira", pero moitos dos poemas do libro que estou referenciando son esas queixas.

O libro é unha xoia que descubrín no ano 2016;  foi publicado no 2010. No ano 2024 coñecín,  vía móvil,  a este home que ten moitísimas publicacións e foi   profesor  no I.E.S. "Lucus Augusti", Catedrático de Lingua Castelá e Literatura; hoxe está xubilado. Ten por riba de dazaseis libros publicados e varios premios.

Na miña páxina web dedicada ao río Miño tendes varias poesías que podedes consultar; por suposto tamén podedes consultar na bibliografía o libro e as súas referencias. Merece a pena.

 Fago tamén referencia a outra xoia como é o "Romanceiro do Pedregal de Irimia", que tuvo a amabilidade de enviarme dedicado non fai moito...outra xoia. Deste romanceiro podedes ver a súa reseña na miña web do río Miño, neste link.

 

Deste libro, "Miño, río pai e amigo"  poño a súa poesía  "Rechouchíos do solpor" , onde queda perfectamente  definida a palabra e ademais todo ó que podedes atopar  nese momento en calquera dos ríos galegos, é un momento único que podedes gozar  en calquera día.  Vale calquera día da primavera ou do verán, por suposto que non chova...

 

RECHOUCHÍOS DO SOLPOR

Dibuxo do solpor de Macía.

 

Aínda non baixaron as comportas do día

nos ladrairos do carro da noite

e a luz tamízase nun coador de estrelas

entre as árbores afungueiradas

nos momentos espreitados do río,

dende o punto álxido da natureza coutada,

cos rechouchíos do solpor

nun anaco das horas.

 

Rebulidos no embruxo do atardecer!

 

Férense os cantos mesturados dos paxaros

nun xúbilo harmónico de sons e verdores.

Ícaros da Galicia escondida nas sombras,

que chían na orquesta dos días

para darlle as grazas ó río, pai e amigo:

asubían os chirlos nos ameneiros,

cacarexan os merlos no fondo dos salgueiros,

temperan os violíns dos xílgaros cos papos ó vento,

voan raso dirixindo coa batuta do rabo as lavandeiras,

estronda a pita brava a rebullón no bombo da camposa,

coas espadas das espadanas move en ondas ó río,

gorxean os contrabaixos dos corvos nos apuntados freixos...

 

A natura axítase na ledicia do serán

gabando decote os galegos fillos do río e das augas.

Choutan as troitas e gurgullan os peixes

no intre teimoso do día,

no que todo é balbordo, pulo, arela,

relouco, rebuldo, arrouto,xolda...

na congostra do río.

 

Tanxen as campás con laios de morte

e entra a saudade do silencio,

manseliña.

--o--

Xosé Otero Canto

¡¡Noraboa por este texto!!.

 

---o---

 

Remato poñendo un video que pode complementar perfectamente esta palabra, video que dedico en especial a  Xosé Otero Canto e por suposto a todos os que visiten esta páxina.

 

 

 

"O video anterior está sacado no río Pereira ou Barxa en Ourense, nace moi preto da Gudiña. En Portugal, por onde tamén pasa,  chámanlle Rabaçal (afluente do río Túa e ese ao Douro). Un río que pesquei moitas veces. Gústame moito os ríos da zona de Vinhais, en Portugal,  están moi coidados e teñen moita troita...Eran días de maio de 2012.

Os sons da auga, os paxaros e as rás fan unha mezcla única. Observar tamén a vexetación do río: salgueiros, amieiros, freixos en abundancia. No río algúns buños ou carex...O video foi sacado para enriquecer a a miña páxina "A vida nos ríos galegos". Video onde podedes escoitar os rechouchíos dos ríos e ó mismo tempo entender e disfrutar do traballo do meu amigo Xosé Otero Canto, un poeta fora de serie.

Evidentemente estos rechouchíos non están grabados no solpor, onde os sons inda serían moitos máis e máis fortes, pero podedes darvos unha idea do que estamos a falar.

Prometo facer a grabación dos rechouchíos do solpor un día calquera.

        

salir.jpg (922 bytes)Saír