Nese rincón do río Navea collín
precisamente as troitas anteriores, un río de alta montaña,
sobre 930 m.s.n.m. e que en tempos estaba limpo, como se ve na
fotografía.
Pues ben, con estas
condicións, que sexa unha troita e de alta montaña, o collela
deixa un cheiro especial, ese cheiro é o
recendo ou arrecendo
da troita, é o cheiro que deixa a mucosa
da troita, e non se olvida na vida.
No dicionario xerais
da lngua
dice que arrecendo é un cheiro agradable.
Pois eso.
Non son único sentindo eso, lémbrome do meu amigo
Xosé Benito Reza que nun artigo marabilloso publicado no ano 2001,
"Os
ríos da vida na memoria", fala
dese arrecendo :
"...O pasado
domingo día 17 abríu a pesca ou, como se di tamén: levantouse a
veda. Que diferente agora de cando eramos novos!. Daquela
tiñamos marcada a data con letras douradas no calendario.
Despois dunha longa espera de medio ano só con pensalo xa
suabas; durmías intranquilo; soñabas con cachóns, presas, canles
e remuíños: e ata parecía que as mans te cheiraban co forte
arrecendo
da mucosa das troitas salvaxes. Iso era antes...claro."