Río Miño. Dibuxo de Anxo Lamas.

 

Son augas Procelosas cando o río leva augas tempestuosas ou axitadas.

Río Miño nos Peares, na Ponte de Feijoó.

Ese día levaba augas procelosas ou axitadas, tamén con moito caudal.

Fotografía propia.

Tamén cando o río vai revolto por unha choiva ou outras causas.

 

 

Xosé Otero Canto no seu libro de poesías dedicadas ao río Miño,  "Miño, río pai e amigo", e na poesía Baixei axiña buscar ó Río, escribe:

 

Río amigo.

Que sono inmortal levas  contigo!

Que silencio na ribeira eterno

se move nas túas augas procelosas!

 

Que verdades abrangues nas augas claras!

Río amigo.

Río Manso.

Río Infindo.

        

salir.jpg (922 bytes)Saír