As
plumas de río (tamén chamadas
plumes,
penachos fluviais
ou plumas estuarinas)
son masas de auga doce que se desprazan cara ao mar desde a desembocadura
dun río, estendéndose sobre a superficie da auga salgada debido á súa menor
densidade.
Basicamente
están reguladas polo caudal dos ríos e dirixidas polo ventos (Esta
afirmación forma parte dunha tesis do investigador Diego Fernán Novoa da
Universidade de Vigo; ver o final un resumen desta tesis)

Desconozco ao autor da
fotografía nin o lugar. Claramente é unha Pluma de río nunha desembocadura
ao mar.
Características principais:
-
Forman unha
capa superficial de auga doce
mesturada con sedimentos, nutrientes e materia orgánica.
-
A diferenza de densidade coa auga
mariña fai que a pluma se espalle horizontalmente antes de afundirse ou
mesturarse.
-
Poden ter distintas
cores, a miúdo máis
turbia ou marrón debido á carga de sedimentos que transporta o río.
-
O seu tamaño e comportamento dependen
do caudal do río, mareas, vento
e correntes mariñas.
Importancia ecolóxica:
-
Transportan
nutrientes (nitratos,
fosfatos...) que poden favorecer zonas de alta produtividade biolóxica.
-
Serven como
hábitat e zona de alimentación
para peixes, aves e microorganismos.
-
Inflúen na
circulación costeira e
no depósito de sedimentos nas rías e praias.
Exemplos:
En resumo, as plumas de
río son a extensión da auga fluvial cara ao océano que forma unha especie de
"penacho" visible e con gran impacto ecolóxico e hidrográfico.
Ampliación: o texto
anterior está sacada da IA-GPT, a verdade é que me gustou o texto.
Vouno
ampliar cun traballo da Universidade e Vigo sobre as "plumas de río e con
outra fotografía.
Descubrin esta palabra
que incorporo o meu dicionario fluvial a partires do XII simposio dedicado o
río Minho en novembro de 2025, xa que grazas a esas plumas de río presentáronse algunhas investigacións sobre o róbalo
ou robaliza, no baixo Miño,
por certo moi interesantes. Si estades interesados podedes ver este
link da miña páxina web sobre o Pai Miño. Este traballo sensacional
presenta un resumen incrible e desconocido ata o momento, poño o resultado
final:
"...Este
resultado levanta a hipótese de que esta população poderá também exibir
comportamento migratório parcial, como observado noutros locais ao longo da
sua distribuição. Foi documentado o uso prolongado de habitats de água doce,
tendo alguns indivíduos apresentado tempos de permanência superiores a um
ano, algo que deve ser considerado na gestão das pescarias...".
En
definitiva que os róbalo, robalizas. ou lubina en castdelán pode vivir ata
un ano nos ríos.
--o--

A fotografía, sacada
dese traballo, é do golfo de Vizcaia.
O artigo da Universidade de Vigo leva por título: As plumas
fluviais da península ibérica están reguladas polo caudal dos ríos e
dirixidas polos ventos | Universidade de Vigo.
Está firmado polo investigador desta Universidade Diego Fernández Novoa.
No seu traballo analiza os principais factores que afectan a estas
formacións
Podedes velo neste link, que tamén trae a súa fotografía.
Pola súa importancia fago un copia e pega, por si algún día dasparece o
artigo e tamén por que o vexo un artigo que explica claramente e a nivel
científico esta palabra.
Esta é a copia:
..."
Unha pluma fluvial é unha rexión oceánica afectada pola
descarga dun río, río que provoca que teña diferentes propiedades (salinidade,
temperatura, composición e cor) respecto á auga oceánica que a rodea. Na súa
tese de doutoramento, o físico Diego Fernández estudou as plumas formadas
polos principais ríos da península ibérica, incluíndo o Miño, Douro, Teixo,
Guadiana, Guadalquivir e Ebro. Entre as conclusións obtidas está que estas
formacións están reguladas polo caudal dos ríos e dirixidas polos ventos.
A tese, que levou por título Characterization
of the main iberian peninsula and french atlantic turbid plumes using Modis
satellite data, foi presentada na Facultade de Ciencias do campus de
Ourense baixo a dirección de María Teresa de Castro. O estudo é froito do
traballo que Fernández Nóvoa realiza como investigador do Grupo EPhysLab (Environmental
Physics Laboratory) da Universidade de Vigo. O desenvolvemento desta tese de
doutoramento, sinala o investigador, supón “un avance na comprensión do
comportamento e dinámica das principais plumas ibéricas, con especial
atención ao efecto causado polos principais forzamentos que as afectan, que
son a descarga fluvial, os ventos e a marea”.
Un papel relevante
Sobre a relevancia de levar a cabo este estudo, o
investigador sinala como as plumas fluviais “desempeñan un papel clave na
economía das comunidades locais ás que afectan, o cal unido aos efectos
inducidos polo cambio climático e ao incremento da poboación nas rexións
costeiras, fai que a comprensión e predición da dinámica das plumas, así
como o coñecemento da súa resposta baixo certas condicións, sexa fundamental
en termos científicos e socioeconómicos”. As plumas fluviais, detállase no
seu estudo, “supoñen a maior fonte de transferencia de materiais terrestres
ao océano, desenvolvendo un papel fundamental na ecoloxía e morfodinámica
das zonas costeiras afectadas xa que son capaces de modular e influenciar as
súas características xeolóxicas e bioxeoquímicas”.
Para avanzar no coñecemento neste eido, a tese baseouse na
análise de datos proporcionados polo sensor Moderate Resolution Imaging
Spectroradiometer (Modis), a bordo dos satélites Aqua e Terra da Nasa, “que
ofrece unha alta resolución espacial (ata 250 metros) e temporal (datos
diarios), o que permite identificar con precisión a variabilidade das
plumas”, segundo indica o investigador. Unha vez analizadas e comparadas
entre si as principais plumas da península ibérica, o estudo ampliouse para
estudar tamén as plumas máis importantes formadas na vertente atlántica da
costa francesa, concretamente as plumas formadas polos ríos Loira e Gironda,
que proporcionan máis do 75% da descarga total no golfo de Biscaia.
O impacto de diferentes factores
Entre as conclusións recollidas na investigación destaca que
“o caudal dos ríos é o principal factor que afecta ás plumas estudadas, xa
que a medida que este aumenta os ríos son capaces de arrastrar máis
material, formando plumas máis extensas”. Con todo, sinala Diego Fernández,
tamén teñen unha importancia destacada as características sedimentarias de
cada conca. En termos xerais, indica o investigador, a pluma turbia media
máis extensa da península ibérica fórmaa o río Ebro, alcanzando 1300
quilómetros cadrados, mentres que a menos extensa é a formada polo río
Guadiana, con 100 quilómetros cadrados. O resto de plumas fluviais
analizadas varían segundo este estudo entre os 200 quilómetros cadrados do
Miño e os 1000 do Guadalquivir. “As plumas analizadas axústanse de forma
inmediata, a escala diaria, ás variacións de caudal, excepto nos ríos
precedidos por grandes estuarios, onde o tempo de residencia da auga nos
mesmos fai que o desenvolvemento das plumas tarde entre dous (Teixo) e tres
días (Guadalquivir) en responder a variacións de caudal”, apunta o
investigador da Universidade de Vigo.
O vento, explica Diego Fernández, “é o forzamento secundario,
capaz de modular a dinámica e desenvolvemento das plumas”. En liñas xerais,
detalla, o vento que sopra cara á costa e o que provoca condicións de downwelling “tende
a acumular e reter o material descargado polo río preto de costa, limitando
a dilución en augas oceánicas e provocando maiores extensións e turbidez das
plumas, potenciando as diferenzas coa auga oceánica”. No caso do vento
soprando cara o océano e o favorable ao upwelling,
engade, “tende a diluír o material no océano provocando unha diminución da
intensidade das plumas formadas”. Ademais, puntualiza o investigador, as
condicións rexionais poden afectar a este patrón xeral. “Por exemplo, no
caso do río Texio a súa desembocadura está protexida dos ventos e a ondada
por unha baía semipechada, polo que os seus efectos están amortecidos”,
detalla.
A marea é tamén identificada nesta tese de doutoramento como
“un forzamento secundario aínda que menos importante que o vento, e que só
afecta ás plumas da vertente atlántica debido ao réxime micro-mareal do
Mediterráneo”. As plumas, detalla Diego Fernández, alcanzan unha maior
extensión cando a marea é baixa, xa que as condicións de marea alta
restrinxen a saída de material cara o océano. “O ciclo quincenal de mareas
vivas e mortas só ten influencia na pluma formada polo río Teixo, debido á
forma e tamaño do estuario. As mareas vivas facilitan a saída de material do
estuario favorecendo a formación e desenvolvemento da pluma”, comenta o
físico.
Ríos Loira e Gironda
Polo que respecta á pluma fluvial formada polos ríos Loira e
Gironda na costa francesa, a tese indica que “ten un efecto moi importante
sobre a temperatura, debido ás diferenzas nas propiedades termohalinas que
provoca con respecto á auga oceánica adxacente”. Este efecto, detállase, é
especialmente destacable no inverno, cando as plumas son maiores. “Mentres a
auga oceánica tivo unha tendencia a quentarse cun rango de ata 0,5 ºC por
década nos meses de inverno, a presenza destas plumas é capaz de amortecer
ese quecemento e mesmo revertelo, xa que a temperatura tendeu a reducirse
-0,15 ºC por década durante os últimos 30 anos na zona da pluma fluvial,
arrefriado que se incrementou na última década chegando a rangos de -0,5 ºC”,
comenta Diego Fernández. Isto é debido, explica o investigador, “a que estas
plumas son capaces de manter a auga altamente estratificada no inverno
debido ás diferenzas de densidade causadas pola auga doce dos ríos”..."
Nota miña: si o autor ve calquera problema por esta copia, non tería
inconvinte en retirala e sustituila por un resume. Este é o meu
email.