Pescos por riba do convento de
Herbón. Febreiro do 1999. Fotografía sacada do libro
"A pesca tradicional nos ríos de Galiza" de Lois Ladra.
Na fotografía vense tre poios e as
bocas correspondentes onde se instala a cangalla
coa rede.
Evidentemente para elo necesítase de embarcacións axeitadas.

Nesta fotografía vese o pesco e a
barca, tamén sacada do libro citado, vese o pesco das Vellas
en Herbón. Xaneiro 2005. A fonte da fotografía é o libro
citado de Lois Ladra.

Nos pescos capturábase
principalmente lampreas como a do dibuxo, o
peixe dos sete buracos, pero tamén se podía
coller salmón e algunha troita.
O Cestón presenta unha boca cuadrada que vai encaixada nos poios e a
rede queda estirada desde a rella.
Para desarmar as redes utilízase o
bicheiro que é un pau longo que leva na punta
un gancho de ferro que engancha dos arcos das redes. Ver dibuxo.
O normal é que nos pescos se teña un caseto
para gardar as redes e a barca que se utiliza normalmente.
Como datos curiosos destes pescos dicir que
a concesión para pescar lampreas no Ulla data do século IX. Hoxe os
pescos mellor conservados son Areas, Vellas, O Canal, O Plateado, a
Trapa e Coqueiro.
A normativa fala que se pode pescar
de 8 da tarde a 8 da mañán descansando os sábados e os domingos.
Os mellores meses xa sabemos que son
febreiro e marzo. Seica as mellores noites danse no plenilunio. A
auga lodada axuda a subir máis.
Moita desta información está sacada deste
libro:

Editorial Sotelo Blanco estudos e investigacións.
Ano 2008
Autor Lois Ladra.
Sensacional libro ¡Enhoraboa!
Saír.