Falando de pontes, un arco
oxival é unha figura formada por dous arcos de circunsferencia que se
cortan en ángulo agudo, de xeito que as dúas concavidades aparecen
contrapostas. Tamén se chama arco apuntado.

No dibuxo vense os dous arcos de circunferencia e o
centro delas A e B e tamén o ángulo agudo que forman os dous arcos.
É propio do gótico.
Hai pontes que teñen os arcos oxivais como a ponte
de Rábade, no río Miño, que aparece na fotografía.

Os arcos desta ponte de Rábade son oxivais. Fotografía
de Sergio López M.

Outra imaxen deste tipo de arco,
tamén é a primeira a Ponte de Rábade a outra que é a ponte do
ferrocarril é de medio punto o arco. Descoñezo ao autor da
fotografía.

O arco de medio punto
é simplemente unha semicircunferencia con centro no
punto medio, por eso se chama de medio punto. Ver o dibuxo.
As doelas
son cada unha das pedras que convenientemente
labradas en forma de cuña, forman o arco.
Según que o centro esté por riba do
arrinque ou por
baixo os arcos son de medio punto rebaixado ou de medio punto peraltado.
O rebaixado é máis amplo.

Este é o arco de medio punto rebaixado, ver que é máis amplo. O
centro da circunferencia está máis abaixo

Este é o arco de medio punto peraltado, ver que é máis cerrado. O
centro da circunferencia está máis arriba
Por exemplo na fotografía anterior a ponte que está
detras ten arco de medio punto.
.jpg)
Estos arcos da ponte do ferrocarril de Rábade son de
medio punto rebaixado. Fotografía de Xermán Cruces.

Nesta postal, da que descoñezo ao autor, da
ponte romana-medieval de Ourense, o primeiro arco da esquerda é de medio
punto e o resto son oxivais
Falando de arcos, en xeral dende o punto de vista
arquitéctonico, resulta moi interesante un video que atopei en internet, que
me chamou moito a atención polo ben explicado que están os tipos de
arcos. Este é o link.