Navia
era,
ó parecer,
a deusa dos ríos e
dos mananciais na
mitoloxía galaica e lusitana.
Maioritariamente a interpretación que se fai deste nome é a que lle otorga
un carácter acuatico, así Leite de Vasconcelos relaciona o nome cos
santuarios acuáticos e co significado de "curso de auga". Hai moitos
hidrónimos modernos como Navia, Nalón e outros como o río Navea,
afluente do río Sil en Ourense. Tamén se fala, Blanca García, da vinculación
de Navia cos ríos a partir da concepción céltica da auga como elemento
característico do acceso ao máis alá.
En
Portugal o río Neiva, preto de Braga, tamén ten moito que ver con esta
deusa.
En
Galicia e Portugal era adorada polos brácaros, un pobo prerromano que
habitaba no territorio situado entre os ríos Támega e o Cávado.
Engadir
que hai dous ríos en Galicia que son moi importantes para mín e esos ríos
teñen moito que ver coa deusa Navia, estos ríos son o Navea e o Navia:

Río Navea,
en Chandrexa de Queixa. Afluente do río Sil. Un dos mellores ríos
troiteiros de Montaña de Galicia. Hoxe xa non é ó que era en tempos, os
incendios (2012 e 2023) fixeron que este río casi non teña vida.
Este río eu chámolle "meu río".
Estuven namorado deste río por moitas razóns: a paisaxe é impresionante,
a vida que tiña o río dentro e fora do canle era única. Eu penso que
nestas augas podería vivir perfectamente a deusa Navia...

Río Navia.
Un río que me deu moitas satisfacións no seu día.
Hoxe non é o que era. Pásalle o mesmo que
ao río Navea, perdeu moita vida piscícola probablemente pola contaminación e
por unha mala repoboación, non fai moito fómolo pescar e atopamos moito
piscardo no río.
Para rematar: dalas
gracias ao meu amigo e
compañeiro de traballo. en tempos, Roberto Fernández López, por falarme
da deusa Navia e polo tanto, darme a oportunidade de facerlle esta
pequena ficha para o meu dicionario fluvial. Efectivamente neste
dicionario fluvial faltaba a deusa de todas as palabras relacionadas coa
auga dos nosos ríos. Non sería un dicionario importante ao faltar a deusa
Navia. Agora xa ten un beirón especial no río e neste dicionario.
¡¡Grazas Roberto!!.
Outro dibuxo da deusa Navia:

A deusa Navia.
Seica este dibuxo, foi feito
por IA, intelixencia artificial.