Morraceira |
 |
A morraceira é unha terra de aluvión, especialmente as illas formadas nos
esteiros dos ríos son morraceiras.
Son famosas as morraceiras do
esteiro do río Miño, como a morraceira do Grilo frente a Seixas.
As morraceiras fórmanse cós
aluvións dos ríos, moitas veces en días, meses e anos. Unha morraceira
pode aparecer nun día determinado e logo desaparecer, outas consolídanse.

Nesta fotografía tomada do
Google Earth vense perfectamente as morraceiras do río Miño,
concretamente a Morraceira do Grilo que se ve, dependendo da
época do ano, un trozo de areira e outro con vexetación.
Estas morraceiras as veces
forman illas como pasa no estuario do Miño.
O Miño leva moito arrastre.
|
|

Morraceiras no baixo Miño,
fotografía de Eladio Cortizo.
|
|

Nesta fotografía vese o
estuario do río Miño, sacada dende o monte Tegra. Vense
morraceiras xa consolidadas, como a Boega, o fondo, e a do Grilo.
As consolidadas chámanse Illas.
|
|

Nesta fotografía que firman Roberto Tolín
e Antonio Vázquez, e na que se ve o esteiro do río Eo, poden
apreciarse perfectamentamente as morraceiras, sobre todo unha
delas que parece un casquete esférico.
As morraceiras son producto dos aluvións
dos ríos e poden cambiar moito o longo dos anos...
|
Saír.
|