Mergullo

Mergullo é a acción ou efecto de mergullar, e mergullar e meter ou meterse debaixo da auga ou de calquera outro líquido. Somerxer é equivalente.

Un exemplo claro do que é un mergullo é o que fai o cormorán o mergullarse para coller un peixe. Eso, desgraciadamente vémolo todos os díoas con centos de cormoráns que están a pescar nos nosos ríos. Debe faltar o alimento nas rías.

Tamén se utiliza a palabra asolago para decir que está a nadar debaixo da auga.

Cormorán a punto de mergullarse no río.

Os cormoráns son especialistas no mergullo. Na fotografía un deles está a secar as ás.

 

Nestes videos aparecen mergullándose cormoráns e lobos mariños. Un espectáculo...

En China aproveitan estas habilidades do cormorán para pescar. Un tanto cruel xa que ó cormorán átanlle o pescozo antes de mergullarse para logo quitarlle a pesca.

Tamén se utiliza a palabra  sulago, ver neste nesto de Xoaquín Lorenzo Fernández "Xocas" o sentido que ten esta palabra que equivale a mergullo:

Dice Xoaquín Lorenzo Fernández "Xocas", sobre a "pesca a man"  ou "Pillalas a man" e falando de pescar troitas:

 

"Cecais o máis corrente no noso campo, para as troitas e outros peixes semellantes, seña o de "pillalas á man". Os rapaces e mozos, cando se están a bañar no río, métense de sulago e, coas mans para diante, van rexistrando por baixo dos penedos onde coidan que pode haber troitas; cando atopan unha, apértana coa man, meténdolle os dedos polas gargas e san da auga para botalas fora á terra. Atópanse algúns distes pescantíns de tal habelencia que non é raro velos xurdir da iauga cunha troita entre os dentes e outra en cada man."

Pola miña banda vín pescar así as troitas moitas veces no pueblo de Randín en Ourense, tanto no río Salas como no río Vilariño, todo un espectáculo. Había auténticos mestres pescando destas formas. Estou a falar entre os anos 1952 e 1962. Eu era un rapaciño. Daquela estos ríos estaban cheas de troitas.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.